Instinto dance

jueves, 30 de junio de 2011

DJ Sava feat Andreea D & J. Yolo - Money maker

House comercial contundente da man de Dj Sava. Segue quitando chicha dos vocales pouco elaborados, pero que chegan a ser resultóns. En canto á melodía, exprime potencia cos baixos e engade un toque de instrumento de aire, desta vez, un saxo (no seu anterior éxito "I Like The Trumpet" usaba o reclamo dunha trompeta).
Hai que engadir que sabe aprobeitar os momentos de éxtasis da canción cun par de subidas interesantes.
Aquí vos queda o videoclip:

miércoles, 29 de junio de 2011

Dj Evil feat Jolly Axe - Be mine tonight (Dagma 2011 E65 style remix)

Dagma volve a sorprendernos co seu novo remix. Segue apostando polo seu estilo, tributo do grupo Eiffel 65 que tanto triunfou a finales dos noventa e principios do 2000.
Dagma acompaña un vocal moi logrado cunha melodía esquisita, que fai as delicias dos oídos dos seguidores do italo. Toda unha perla.
Aquí vos queda:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o soundcloud de Dagma ou dende aquí:
http://soundcloud.com/dagma/dj-evil-feat-jolly-axe-be

martes, 28 de junio de 2011

Emrah İş ft. Aimi - I love Istanbul (Kato Jiménez & Luis Vázquez mix)

Seguro que che ten pasado eso de escoitar unha canción é recordala sempre por que ten algo especial, un sonido, unha melodía, etc. Con este tema pasarache o mesmo, xa que acompaña un silvido moi curioso que vai facer que a teñas dando voltas na cabeza todo o día.
Dende Atope Music chéganos este remix de Kato Jiménez e Luis Vázquez moi á súa altura, xa que como sempre acompaña a poñelo na pista de baile para subir os ánimos do persoal. Sen duda unha gran aposta.
Podedes botarlle unha ollada aquí:

lunes, 27 de junio de 2011

Dj Son1c feat. Isis - Galicia está de festa

Dj Son1c está a puntiño de traernos a súa nova producción. Tras os seus éxitos anteriores ca letra en galego, como "A festa non vai parar" e "Sen ti", este xoven coruñés volve á carga co novo tema "Galicia está de festa".
Desta volta o tema non será dance, senon que se estreará no formato house que tan de moda últimamente. Unha pena que non siga apostando polo formato que traía ata agora, pero xa se sabe, poderoso caballero don dinero... Esperemos que algún dj faga un remix deste estilo, pero esto xa non é seguro.
A canción promete, xa que ten unha letra moi pícara cunha melodía resultona.
De momento aínda non está dispoñible, pero parece ser que nun par de semanas contaremos co seu novo single.
Podes escoitar un adianto do tema extraído do programa "Italian style" de Dj Charlie:

domingo, 26 de junio de 2011

Juan Magan - Ella no sigue modas

Volve o mago das produccións. Como non podía ser doutra maneira, falo de Juan Magán. Desta vez sorpréndenos cunha canción que vai sonar moito este verán, titulada "Ella no sigue modas".
A canción está cantada por Don Omar, así que unindo a dous artistas de peso coma estes dous non podía sair nada malo. Desta maneira, traennos un vocal moi pegadizo cunha melodía facilona, que se che queda grabada na cabeza.
De momento está en fase de finalización, pero pronto sairá ó mercado.
Podes escoitalo que pode ser o tema final aquí:

sábado, 25 de junio de 2011

DJ Maxwell Vs. Paps'n'Skar - Lovin' you

Corría o ano 2002 cando este dueto chamado artísticamente como Paps'n'Skar editaban o seu segundo sinxelo, chamado "Lovin' you", disco que lles deu a súa fama fóra das terras italianas.
Ahora Dj Maxwell reedita este tema, incluíndoo no album "Trust no one - Part 2", dándolle uns pequenos retoques melódicos que lle dan outra personalidade distinta.
Personalmente, encantame o remix da canción, xa que Dj Maxwell transmite unha enerxía enorme apoiado da letra, que hai que decilo, non se romperon moito a cabeza creándoa, pero ese pouco é suficiente para brindarnos o que nos quere transmitir.
Aquí volo deixo:

viernes, 24 de junio de 2011

89ers - Go Go Go Go (Ti-Mo remix)

A volta de 89ers, tras o seu anterior tema "It's Okay & Alright", foi productiva. Presentanse co seu novo traballo "Go Go Go Go". Como en anteriores traballos, conta cun vocal moi elaborado, que engancha dende o primeira momento que o escoitas.
Destaca o remix de Ti-Mo, que como sempre, todo o que toca o convirte en ouro. Este rapaz ten unha fórmula que nunca lle falla. Unha melodía moi pegadiza, que xunto ó vocal orixinal fan desta peza todo un temazo.
Escoitadea aquí:

jueves, 23 de junio de 2011

Benny Benassi Feat. Gary Go - Cinema

Esta novidade do disco que acaba de publicar Benny Benassi, titulado "Electroman", destaca pola simpleza de melodía, que cuns pequenos toques de sintetizador crea unha melodía penetrante e diferente ó que nos ten acostumados últimamente. Engadir o toque desenfadado que lle da o vocal masculino por parte de Gary Go, que a fai tan enérxica.
Bótádelle un ollo aquí:

miércoles, 22 de junio de 2011

Domasi & Malwina - He dances

Un tema que combina un ritmo pegadizo, moi melódico cunha gran coz femenina. Domasi soupo chegar a unha mezcla apropiada creando este tema, italo do bo, que é algo máis ca unha canción, máis ben un cúmulo de sentimentos que fan brillante a este tema.
Podedes escoitalo aquí:

martes, 21 de junio de 2011

Alexandra Stan - Mr saxobeat (Gabry Ponte remix)

Tras o éxito que está tendo esta rapaza cos seus temas, chega a hora de facer remezlcas co seu tema "Mr saxobeat". Desta maneira, vai sair á venda un álbum cos remixes de varios djs italianos, entre os que nos atopamos nomes coma os de Gabry Ponte, Paolo Noise, Ali6 e Wender. Uns mellores ca outros, pero o que máis destaca ó meu parecer é o de Gabry Ponte, que usando parte da estructura do tema e uns pequenos arranxos melódicos crea un tema que engancha dende a primeira vez que o escoitas.
Aquí vos queda:

lunes, 20 de junio de 2011

Hoxygen vs. Dj Fole - Insanity (Feat. Sarah & Liz e Kusso mix)

Novidade italodance da man da unión destes dous cracks. Italo en esencia pura, cun vocal formado polo dueto entre Sarah e Liz cunha melodía moi no estilo de Hoxygen.
Aquí podedes escoitar a previa:

domingo, 19 de junio de 2011

William Naraine - If I could fall

Da man de Ultra Records cheganos este temiña house moi comercial e moi fresco cun vocal masculino moi apropiado para esas noites calurosas de verán.
Podedes botarlle un ollo aquí:


Por certo, se che gustaron os sitios nos que está rodado o video, infórmoche que se fixo en Hungría, concretamente na zona vella de Budapest.

sábado, 18 de junio de 2011

Erick Morillo & Eddie Thoneick feat. Shawnee Taylor - Stronger

Cando se xuntan nun estudio uns bos productores con grandes ideas e unha voz potente non pode sair nada malo. Esto pasa con este tema, donde por unha banda temos a dous grandes productores como son Erick Morillo e a Eddie Thoneick e por outra banda a voz prodixiosa de Shawnee Taylor, que lle dan a este tema unha cautivadora atracción. Sen duda, un dos temas do ano.
Sen máis, deixovos disfrutar deste tema:

viernes, 17 de junio de 2011

Deadmau5 feat. Rob Swire - Ghosts'n'suff

Non é un tema novo, xa que ten case dous anos, pero para os que non coñezan a este productor, seguro que lles sonará moi ben. Comentovos para os que non o coñezades, que actualmente é o cuarto mellor dj do mundo segundo a revista Dj Mag e foi nombrado como Productor do ano 2007 por dúas das celebridades do mundo da música electrónica como son Armin van Buuren e Tiësto
O tema en cuestión é house progresivo e, ademáis de incluir unha melodía hipnótica, esta versión inclúe a voz de Rob Swire (o tema orixinal non a incluía), que lle da un toque menos minimalista ó tema.
O tema en cuestión é o seguinte:

Por certo, póñovos de deberes escoitar esta parte dun set feito para a gala "Big Weekend" da radio BBC, donde fai gala do seu estilo musical e da súa apariencia na mesa de mezclas, donde sempre o fai con esa peculiar careta, ainda que modificada para cada ocasión. Ademáis, pódese ver cláramente como está pinchando "a pelo", é dicir, sen ningunha clase de preescoita mediante auriculares. Todo un fenómeno:

jueves, 16 de junio de 2011

DjPiJaLiS & Sheby - One night was enough

Novidades deste xoven productor catalán. Tras formar parte de moitas produccións nas que colaborou como remezclador (e de forma notable), desta volta tocalle a vez de demostrar todo o que aprendeu neste novo proxecto que se lle abre.
Polo que parece, conta ca versión orixinal e cos remixes de Domasi, Lizana e Hoxygen, remezcladores de nivel para esta producción de nivel.
En canto a versión orixinal, deixa un bo sabor de boca, xa que conta co estilo inconfundible do catalán, cunha melodía italo moi traballada e un vocal de Sheby moi ben buscado.
Sen dúbida, unhas das mellores produccións do ano.
Podes escoitar a versión orixinal:

miércoles, 15 de junio de 2011

Steff Da Campo - Keltic (Rutger van Gelder remix)

Bueno, bueno. Que temazo vos traio hoxe!
Temiña de Steff Da Campo remezclado polo dj do país dos tulipáns Rutger van Gelder.
Hai tempo que foi o San Patricio, pero este tema ten moito que ver con el, xa que, se mezclou a partes iguales ritmos irlandéses, house e un par de subidas para dar lugar a esta perla musical.
Podedes escoitalo aquí:

martes, 14 de junio de 2011

ItaloBrothers - Cryin' in the rain

Últimamente os estudios Zoo están sacando grandes temas, como o que que posteei días atrás de "Basslovers United - Forever Is Over".
Desta volta tráennos o novo dos alemáns Italobrothers. Teño que darlles un pequeno tirón de orellas, xa que están empezando a cambiar o seu estilo, dese hands up que tan bos recordos nos deu, como o "Stamp on the ground" ou o "Love is on fire" entre outros. De todas maneiras, a compañía filial de Zoo, a Punch, editará a versión hands up, para os que somos máis sibaritas do seu estilo.
Da canción, engadir que nos trae un estilo fresco, cun vocal que axuda bastante, xa que a voz de Matthias Metten sempre é un seguro de vida.
O videoclip oficial é o seguinte:

E a versión hands up pódela escoitar aquí

lunes, 13 de junio de 2011

Novos temas de Ma.Bra.

Noticias dende Ma.Bra. Studios, desta vez duas novas cancións á espera de seren editadas.

O primeiro dos temas titúlase "Ma.Bra vs. DJ Lhasa - Now tell me" e é un tema italodance, por esta razón usa os seudónimo de Dj Lhasa á vez do de Ma.Bra. Recorda a ese estilo de temas que editaba alá polo ano 2005 ou 2006, como o "Cursed destiny", "Dancefloor",...
Aplaudo esta decisión, xa que nas últimas publicacións non recolleu nada dese estilo que tanto e tan ben dominaba.
De momento solo hai unha previa do que será este tema:


O segundo dos temas titúlase "Ma.Bra. - Nase" e conta cun estilo hands up, como o do que nos ten acostumados nos últimos temas. Non me gusta moito a idea de repetir tanto o "Put your hands together" ó principio do tema, pero máis tarde destaca a súa melodía, para o meu gusto moi ben escollida, e que axuda ó tema a ser algo máis que un estribillo.
A previa da canción é a seguinte:


Creo que, como de costume, por parte de Ma.Bra., esperará e editará dúas cancións máis, para engadilas nun cd con catro temas, pero esto sólo son suposicións miñas.

domingo, 12 de junio de 2011

Lady Gaga vs. Amii Stewart - Born this way vs. Knock on wood (Djs from Mars bootleg remix)

Este tema ten un par de semanas, pero fáscíname de tal maneira que non podo pasar sen recomendarvolo.

Este novo mash-up dos Djs from Mars, combina un dos últimos temas de Lady Gaga como é o "Born this way" co tema da cantante Amii Stewart, que a fixo famosa alá polo ano 1979, titulado "Knock on wood".

Sen máis, deixovos o videoclip do mash-up:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://hulkshare.com/kfnnho4ipjau

sábado, 11 de junio de 2011

XTM feat. Annia - Fly on the wings of love (2011 remix)

A entrada de hoxe vai para un tema que se fixo moi conocido en España gracias a unha discoteca catalana, a discoteca Chasis.

Corría o ano 2000 cando un dueto de música chamado os Olsen Brothers se presentaron ó concurso de Eurovisión por parte de Dinamarca cantando a canción "Fly on the winds of love". A canción gustou e Dinamarca levou ese ano o festival da canción europea.

Máis ou menos un ano máis tarde, esta discoteca catalana remezclaría a canción "Fly on the winds of love" dandolle un toque máis bacalao, estilo que triunfaba naqueles momentos na costa mediterránea. O tema seguía conservando o vocal, pero esta vez cantado por unha voz femenina, e claro está, cun pitch máis acelerado.

Este ano, coa colaboración da canante Eva Martí, sale á venda un novo remix deste tema, desta vez remezclado en versión house. Aquí vola deixo:

viernes, 10 de junio de 2011

Alexandra Stan - Get back (ASAP)

Esta rapaza non nos deixa de sorprender, tras encandilarnos co seu tema anterior "Mr. saxobeat", volta á carga con este novo tema de house comercial, cun estilo marcado como o do primeiro tema co que se deu a coñecer.
A canción, todo sea dito, ten todo para entrar nos top de ventas, polo que a oiremos amiudo en radios e nos bares de copas.
Sen máis, deixovos ca canción e o videoclip orixinal:

jueves, 9 de junio de 2011

Basslovers United - Forever is over

Novidades dende os estudios Zoo e Punch. Desta vez tráennos o novo dos alemáns Basslovers United cun vocal moi traballado, dividido en dúas entregas, unha, cos temas electro, pola parte de Zoo, e outra cos temas hands up, pola bande Punch.
O que máis me chamou a atención foi o disco de hands up, no que me decanto por un dos remixes, o  dun vello conocido, como é Giorno. O tema en cuestión remixado co videoclip é este:

Como non, vemos a Giorno co seu estilo habitual, remarcando os graves, ainda que sen chegar ós usados noutras ocasións, que aproximan máis ó estilo hardstyle.

miércoles, 8 de junio de 2011

Gabry Ponte, Djs From Mars vs. Bellani & Spada - Que pasa

Primeira entrada do blog (uhm, atópome nervioso :-) ).

Como non podía ser doutra maneira, empezo cun dos productores que me marcou na música dance, así que os que me coñezan non lles collerá desprevidos. Non pode ser outro que Gabry Ponte.
Non quero deixar pasar esta entrada sen declarar que non me parece igual de creativo no xénero que está a cultivar hoxe en día, electro, coma o que facía en tempos anteriores, italo.

Sen máis, deixome de liar e falo do tema que vos presento hoxe, unha producción de Gabry en colaboración con Djs from Mars e Bellani & Spada titulado "Que pasa", que podedes escoitar e ver o video oficial aquí:

Entrando a falar do tema, pois que podo decir del estando estes grandes productores polo medio? Sen duda pareceme un tema fresco e cuns remixes moi currados por parte de cada un. Un gran disco por parte dos tres.

--
Isaac
Empezo este novo proxecto, no que intentarei poñer ó dia ós seguidores da música dance en xeral, pero non sólo eso, senon que tamén traerei temas que merecen ser escoitados doutras épocas e todo o que se me pase pola cabeza referido ó mundo dance.
Neste espazo, terán cabida tódo o tema dance, de maneira que haberá entradas italo, electro, house, etc.
Deste xeito, declaro inaugurado este espazo, no que espero que esteades agusto e no que acepto colaboracións de calquera persona de temas relacionados ca temática do blog.
Sen máis pasade, estades no voso blog.

--
Isaac