Instinto dance

miércoles, 31 de octubre de 2012

Kesha - Die young (Bazz Catcherz bootleg)

Explosividade e potencia é o que no suxire Bazz Catcherz no seu novo remix.

Desta vez tócalle á estadounidense Kesha pasar polo estudio de remixes de Bazz Catcherz, para producir algo tan electrizante como este remix do seu "Die young".

Podes escoitalo e descargalo aquí:

martes, 30 de octubre de 2012

The Bloody Beetroots & Greta Svabo Bech - Chronicles of a fallen love

Perfecto para os teus oídos.

Realmente impresionante. Cada vez que escoito este tema deixame coa boca aberta. A base melódica dalle un aire bestial, que ó acompañalo da voz femenina tan anxelical fan deste tema unha delicia.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 29 de octubre de 2012

Julian Jordan & Martin Garrix - BFAM

Nunha palabra: espectacular.

Pouco a pouco un rapaz que non era un nome na música electrónica esta empezando a facerse un oco entre todos os productores. Como non estou a falar de Martin Garrix. Ahora xuntouse con Julian Jordan e xuntos acaban de crear un tema que me encanta, con moita chispa.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 28 de octubre de 2012

Kanye West & Jay-Z vs. Daft Punk vs. Deniz Koyu - Harder Niggas In Bong! (Djs From Mars bootleg)

Nunca me cansarei de decilo, pero estes dous rapaces son incribles.

Tras sacar á luz o seu novo recopilatorio "Call of booty" (xenial o título XD) de mash ups, o que máis me chamou a atención foi este que poño hoxe, xa que reune todos os ingredientes que o fan merecedor de escoitalo. Seguro.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 27 de octubre de 2012

Nicki Minaj - Starship (Gabry'n Style Rmx)

Por fin os amantes do italodance podemos escoitar a Nicki Minaj cun fondo italo.

Gabry'n Style brindanos o seu novo remix, como sempre cunha melodía entre o italo e o maranza que lle queda fenomenal a este tema.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 26 de octubre de 2012

Sharon Doorson - Fail in love

Vaia vozarrón que trae esta rapaza!

Un tema dance moi traballado que conta coa voz de Sharon Doorson, voz que recorda moito a artistas como Rihanna, que a acompaña moi ben unha melodía deliciosa.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 25 de octubre de 2012

Pink is Punk & Benny Benassi - Perfect Storm

Uhna das lendas da música electrónica volve acompañado por Pink is Punk.

Desta vez sorpréndenos cun tema cuns trazos dubstep, sen vocal, pero de gran calidade, deixandonos en certos momentos coa boca aberta.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 24 de octubre de 2012

Sunn - Shoulda (Crystal Lake remix)

Moi interesante o novo remix dos Crystal Lake. Un remix dun tema pop que é levado cara o lado do hands up.

Racha realmente co tema orixinal, moi pausado e máis íntimo, e finalmente acaba sendo algo con moita marcha e ritmo pegadizo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 23 de octubre de 2012

MIKA feat. Pharrell Williams - Celebrate (Robbie Rivera remix)

Tras 3 anos sen novidades musicales de Mika por fin podemos escoitar o seu novo álbum, con 13 cancións novas.

Entre as súas novas produccións, todas moi boas, decantome por unha incluida na "Deluxe edition", na que Robbie Rivera firma un mix relmente cálido e interesante do "Celebrate", un dos temas centrais do disco.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 22 de octubre de 2012

PSY vs. LMFAO - Sexy style (Mash up)

Seguro que se che digo "Gangnam style" te imaxinas o famoso baile do cabalo da sensación actual de internet PSY e seguro que se che digo "Sexy and I know it" te porás a pensar no famosos videoclip dos LMFAO.

Pois ben, este mash up que vos traio hoxe combina o mellor de cada un, xa que colle o tema orixinal de PSY e engádelle o vocal dos LMFAO para darlle un toque che deixará coa boca aberta.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 21 de octubre de 2012

Hard Rock Sofa, Matisse & Sadko, Swanky Tunes - Chemistry (Turn the flame higher)

Algún xa os apodan como os Russian House Mafia, en alusión ós Swedish House Mafia, ainda que teñen que demostralo. De momento no o fan nada mal, xa que o tema ó realmente brutal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 20 de octubre de 2012

Mandy Santos feat. Xuso Jones - Animal

Ainda que non destaca pola sua complexidade melódica, ten algo que a fai interesante nesa melodía, acompañada dun vocal ó estilo Britney Spears. En resumo, non esta nada mal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 19 de octubre de 2012

Martin Garrix & Jay Hardway - Registration code

Relmente sublime. O baixo deste tema é novidoso e racha con todo.

Tema de Martin Garrix en colaboración con Jay Hardway, dous rapaces que levan pouco tempo no mundo da producción, pero que tras ver os temas que son capaces de facer creo que lles espera un futuro prometedor.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de Martin Garrix ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/martingarrix/martin-garrix-jay-hardway-3/download

jueves, 18 de octubre de 2012

Hardwell vs. Carly Rae Jepsen - Call me spaceman (DJs From Mars mash up)

Todo un fenómeno mundial é Carly Rae.

Ahora os Djs from Mars toman man do seu tema e fusionano cun dos últimos temas de Hardwell, como é o seu "Spaceman" para facer un mash up moi bo.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 17 de octubre de 2012

Fedde Le Grand & Nicky Romero feat. Matthew Koma - Sparks (Turn off your mind)

ES-PEC-TA-CU-LAR. Se é que cando se xuntan dous productores da talla de Fedde Le Grand e Nicky Romero non pode sair nada malo!

Partindo dunha base melódica sacan gran xugo a todo o tema engadindolle un vocal que fai as delicias de calquera oido.

Podes escoitalo aquí:

martes, 16 de octubre de 2012

Roy Gates - Midnight sun 2.0 (Martin Garrix remix)

Gran melodía que presenta este tema. Dende o primeiro compás ata o último fixo que me namorara dela. Además, o vocal femenino é fantástico, ainda que chega a pouco debido á calidade que ten.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 15 de octubre de 2012

Bodybangers feat. Victoria Kern - Tonight

Tras o seu anterior éxito titulado "Gimme more", volven a lanzar un novo tema moi pegadizo.

Perfecto para dar caña cando estás un pouco de baixon, xa que transmite unha forza brutal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 14 de octubre de 2012

Chris Brow - Forever (R.A.G. Dj remix)

Leva pouco tempo no mundo da música, pero non apunta nada mal Chris.

Grande remix que nos amosa R.A.G., donde inclue o vocal orixinal mesturado coa marabillosa melodía que tanto nos gusta del.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 13 de octubre de 2012

Serebro - Gun

Volven estas tres guapísimas rapazas a sorprendernos.

Tras o "Mama Lover", que tanto e tanto está a soar, volven con este "Gun", donde retoman a forza vocal cunha melodía dance moi adictiva.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 12 de octubre de 2012

Prezira - Be the one

Dende hai tempo este rapaz adícase á producción musica. Dende a súa carreira destacou polo seu bo facer no italodance, ainda que creo que este é o seu mellor tema, xa que ten unha calidade impresionante.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 11 de octubre de 2012

Alien Cut & Dino Brown feat. Vivian B. - Love me boy

Alien Cut son dous djs que levan dentro da música dance pouco tempo, pero que tema tras tema o fan mellor.

Desta vez atópanse acompañados da voz da gran Vivian B., colaboradora noutras ocasións doutro gran dj como é Dj Maxwel.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 10 de octubre de 2012

Steve Aoki & Angger Dimas & Dimitri Vegas & Like Mike – Phat brahms

Realmente expectacular e non é menos vindo das mans destes 4 grandes productores.

Baseandose na mítica canción tomana de base en certas partes mentras que noutras experimentan sons entre o dubstep e o electro.

Podes escoitalo aquí:

martes, 9 de octubre de 2012

Scooter - 4 AM (Official Video HD)

Novo tema destes vellos coñecidos, moi similar ó "Million voices" de Otto Knows.

Resulta curioso como este grupo evolucionou nun par de anos dende o hardstyle ó hands up, logo ó dance e finalmente ó estilo que podemos escoitar hoxe, como é o house.

Podes escoitala aquí:

lunes, 8 de octubre de 2012

DJ Power - Korobeiniki (Tetris Experience)

Ós amantes dos videoxogos coma min seguro que ó escoitar a melodía deste tema se acordarán dun videoxogo soviético chamado Те́трис, ou traducido para o mundo internacional Tetris.

Cos seus 28 anos de vida Dj Power dalle un homenaxe versionando este clásico con estilo italodance.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 7 de octubre de 2012

LMFAO Vs Deniz Koyu - Sexy & I Tung It (DJs From Mars Bootleg Remix)

Xa hay tempo que podíamos escoitar un pequeno anaco deste mash up nos seus lives, pera ata ahora non o podíamos escoitar completamente.

Desta vez os Djs from Mars optaron por fusionar o vocal do "Sexy and I know it" dos LMFAO co "Tung!" de Deniz Koyu. Realmente fantástico.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 6 de octubre de 2012

Liviu Hodor feat. Mona - Je t'aime

O primeiro que me fixo recordad a melodía deste tema cando o empecei a recordar, foi ó de temas "Stereo love" de Edward Maya, xa que comparte certo parecido ó principio.

Vocal atractivo acompañado dunha melodía light en certos momentos que cambia de repente a algo máis movido.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 5 de octubre de 2012

Late Night Alumni - Shine

Íntimo e con ritmo é o novo tema que nos propon o grupo estadounidense Late Night Alumni.

Xoga cunha base trance e un vocal moi meloso que resulta moi agradable.

Podes ver videoclip oficial aquí:

jueves, 4 de octubre de 2012

Alexandra Stan - Cliche

Esta rapaza leva na sú sangue o éxito.

De novo nos sorprende cun tema fresco e pegadizo, cunha melodía facilona que fai que se che quede a cabeza.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 3 de octubre de 2012

Deadmau5 - Album title goes here

Non po pelotear a Deadmau5, pero é un dos mellores productores des últimos tempos. Temas de calidade e que respiran frescura.

Proba deso é o último disco que acaba de publicar "Album title goes here" (tela co título jeje), donde podemos atopar o "Professional griefers" e o "The veldt" do que xa faláramos, xunto con temas moi bos, como son o "Maths" ou o "Superliminal", ambos temas totalmente melódicos e cun contido hipnótico.

Outor dos temas que chamou a miña atención foi o "Fn pig", tema longo, pero moi interesante e dunha carga melódica impresionante.

Aquí vos queda este "Fn pig":

martes, 2 de octubre de 2012

Tom Mountain & Nicco - Run it back

Tras oider escoitar a súa voz xunto con R.I.O. no pasado "Party shaker", podemos volver a facelo neste "Run it back".

De novo unha letro moi pegadiza acompañada dunha melodía moi completa que en ocasións recorda a algún acorde do "Ecuador" de Sash.

Podes vero o videoclip oficial aquí:

lunes, 1 de octubre de 2012

Gabry Ponte feat. Darius & Finley - Tattaratta

Este rapaz cada vez me sorprende máis.

Claramente nen é a súa mellor producción. Parece que útimamente anda dando paos de cego atopando o seu estilo. Polo menos crea cousas distintas.

En si, un vocal xogando coa letra sinxela e un estribillo pegadizo, xunto coa melodía ó máis puro "Put your hands up for Detroit". De todas maneiras o "Mr. Pink" de Gambas & Álvaro parécese moitísimo ó tema de  Gabry. Copia da idea ou casualidade?

Podes ver o videoclip oficial aquí: