Instinto dance

jueves, 31 de mayo de 2012

R.I.O. feat. Nicco - Party shaker

Interesantes novidades dende os estudios da Zooland Records.

R.I.O. únese á voz de Nicco para dar á luz un tema que seguro que se escoitará moito. Comercial polos catro costados e que conta cos míticos acordes de R.I.O., que lle dan ese toque tan atractivo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 30 de mayo de 2012

Robin Skouteris - Looking for sunshine

Pedazo de mash up que nos trae Robin Skouteris!

Parte da melodía do "Sunshine" de Avicii (Esto xa empeza ben :-)) e polo camiño vai engadindo vocales de tema tan bos coma o "Somebody that I used to know" de Gotye xunto con Kimbra, o "Turn me on" de David Guetta e Nicki Minaj ou o "Where have you been" de Rihanna.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace: 
http://www63.zippyshare.com/v/14771394/file.html

martes, 29 de mayo de 2012

The Offspring - Pretty fly (For a white guy) (Djs from Mars spring anthem booty remix)

O que non se lles ocorra a estes dous...

De novo unha nova mestura rara pero que soa moi pero que moi ben. Desta volta mesturando o "Pretty fly" dos The Offspring cunha base mexicana para dar lugar a un mash up que non soa de todo mal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 28 de mayo de 2012

Wolfgang Gartner - Redline

Como sempre, Wolfgang Gartner non defrauda na súa nova producción

House, pero desta vez sen tirar polo apartado progresivo. Unha melodía hipnótica e que é incrible.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 27 de mayo de 2012

Frontliner feat. Ellie - Lose the style (Danceboy bootleg mix)

Encántame como pasa de algo relaxado a pura chicha en menos de nada Danceboy.

Temazo gracias ó remix de Danceboy. Recoñezo que non me acaba de gustar tanto como a orixinal, que ten uns acordes encertas partes do tema bestiales, pero acércaselle moito.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 26 de mayo de 2012

Glorya - Love to love you (Stephan F Remix Edit)

Resulta incrible crer que con un par de acordes tan simples se pode quitar algo realmente bo. Aquí temos un bo exemplo

Unha melodía light e un vocal do que realmente se pode tirar para dar un bo resultado é o resumo deste novo tema que trar Glorya. Tras escoitar a versión orixinal, quédome con este remix creado por Stephan F (u máis coñecido no mundo italo por Dance Rocker)

Podes escoitalo aquí:

viernes, 25 de mayo de 2012

Azuro feat. Elly - Je ne sais pas (R.I.O. edit)

Un gran productor como é R.I.O. traenos o remix do novo tema no que escoitamos enfrontados os vocales de Azuro e Elly.

Moi na liña de R.I.O., no que aposta por unha melodía entre o dance e o electro cuns toques moi comerciales. En canto ó vocal atopámonos con algo moi bailable. A mestura de voces dalle un toque bestial.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 24 de mayo de 2012

Lowcash feat. Gemma B - Like a star (Cc K. remix)

Hands up do bo.

Vaia melodía que acaba de darlle Cc K. a este "Like a star". Do melloriño que levo escoitado en hands up dende nos últimos meses. Acompaña a esta melodía un vocal feminino coidado e de gan calidade.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 23 de mayo de 2012

Steve Smooth with Tamra Keenan - Stalker (Jquintel & Jeziel Quintela remix)

Vaia pedazo de tema que acaban de mesturar Jquintel e Jeziel Quintela.

Caña é decir pouco, xa que esto sube os ánimos de calquera! Unha meodía moi no estilo de Ralvero e un vocal feminino fan deste tema unha perla.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 22 de mayo de 2012

Manufactured Superstars & Jeziel Quintela feat. Christian Burns - Silver splits the blue

Tema un tanto relaxado, pero que respira calidade por todos os seus poros.

Unha melodía simple, pero que da co seu cometido, que é levar da man a este vocal, que non lle senta nada mal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 21 de mayo de 2012

Three 'N One - Reflect (Niels van Gogh vs. Sunloverz remix)

Unha melodía que rompe esquemas dende o primeiro acorde.

Se o tema orixinal do "Reflect", que bailaba entre un trance e o eurodance, era bo, este remix que nos traen Niels van Gogh e Sunloverz non se queda atrás, modernizando esa melodía e adaptándoa ós sons máis actuales.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 20 de mayo de 2012

Oasis vs. Skrillex vs. AC/DC vs. Knife Party - Internet monsters back in wonderwall (Djs from Mars bootleg)

Os Djs from Mars como sempre volven a sorpendernos coas súas mesturas tan peculiares que fan.

Desta vez tomaron dous temas clásicos do rock de Oasis e AC/DC e mesturáronos con temas tan actuales do dubstep como os de Skrillex e Knife Party

Podes escoitalo aquí:

sábado, 19 de mayo de 2012

Blissenobiarella feat. Jeffrey Jey - I'm so alive (Ice&Glass remix)

Tema procedente do remix contest que Bliss Corporation propuxo. Resultou ser o remix máis popular entre todos.

Conta coa melodía dun dj moi famoso no panorama italodance como é Dagma (esperemos que non abandone o italo, por favor!!) e o vocal de Jeffrey Jey, coñecido por ser o vocalista do grupo Eiffel 65. O resultao é un tema brutal que resopla calidade polos catro costados.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 18 de mayo de 2012

David Jones & Alex Martello vs. Paula Lobos - Stand up

Realmente algo fresco e innovador é a aposta que nos traen David Jones & Alex Martello xunto co marabilloso vocal de Paula Lobos. Melodía un pouco light en certos momentos, pero con moita personalidade e cun poderío vocal que a fan unha mestura pata negra. 

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 17 de mayo de 2012

Thomas Newson - Delta

Toda unha xoia melódica o que vades a escoitar.

Un tema que cando o escoitei se me pareceu moito ó temazo "Cobra" de Hardwell. O "Delta" presenta un son que se parece moito ó son que nos brinda Hardwell. Pena que non incorpore un pequeno vocal, pero polo resto é moi boa.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 16 de mayo de 2012

Shogun - Amplify

Impresionante este "Amplify" que nos trae Shogun. Cada vez que o escoito póñenseme os pelos de punta.

Totalmente melódico, Shogun crea un tema trance que me encanta, donde dende o preimeiros segundo che transportará a outra dimensión. Merece a pena escoitalo.

Podes escoitalo aquí:

martes, 15 de mayo de 2012

Mastiksoul - Baila bonito (Gigi de Martino remix)

Remix dun dos temas incluidos no "Gabry Ponte pres. Dance and Love selection Vol.2" do ano 2010, donde atopábamos a versió orixinal. Gigi de Martino tomou este tema e pasao dun rexistro danca a outro house con toques latinos, perfecto para mover á xente da pista de baile, xa que a enerxía que contaxia é bestial.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 14 de mayo de 2012

Cedric Gervais - Molly

Levoo escoitando un par de dias e cada vez me gusta máis.

Unha melodía contundente e atrevida acompañada dun vocal tipo "Loquendo" fan deste tema un cóctel comercial que merece a pena escoitar.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 13 de mayo de 2012

Alex Gaudino - Chinatown

Tras éxitos como o "Watch out", o "Destination Calabria", o "What a feeling" ou o "I'm in love", este talentoso dj volta á carga.

Presentanos algo máis cañeiro ca nas súas anteriores produccións e sen tanta carga vocal, xa que desta volta aposta por un tema únicamente melódico, xogando co son mítico chinés e mesturándoo con electro.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 12 de mayo de 2012

Kh33n feat. David Edward - Watching you

Tras ver o videoclip tan orixinal deste video quedei enamorado desta canción.

Non é que posea un vocal moi traballado, máis ben repitese demasiado, pero o sintetizador da melodía é moi bo, dando como resultado un tema light, pero que resulta moi completo ó final da canción. Non me extrañaría nada que se convertera proximamente nun hit moi escoitado.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 11 de mayo de 2012

Rihanna - Where have you been (N-Vision remix)

Todo tema que leva a voz desta repaza acaba gustándome... e este non ía ser menos.

Atopámonos ante un dos últimos remixes de N-Vision, dandolle un toque hands up moi elaborado ó novo tema de Rihanna.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www9.zippyshare.com/v/2480531/file.html

jueves, 10 de mayo de 2012

Inna - Wow

De novo Inna coa colaboración dos seus productores Play & Win crean un tema 100% bailable e que deixa moi bo sabor de boca.

Cogando co pedazo de voz de Inna e unha melodía que baila entre o dance e o house comercial crean algo moi bo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 9 de mayo de 2012

Sunrise Inc - Mysterious girl

Tema que nos chega dende o este de Europa, desas terras donde o house amóldase a un estilo en auxe e que soa moi ben, Rumanía.

Música máis calmada do que estarás ahabituado a escoitar por este blog, pero que presenta uns matices dignos de facer que escoites este tema, que non son nada menos que un vocal adictivo e unha melodía de house rumano.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 8 de mayo de 2012

Madison - Save me (Ti-Mo remix)

Vaia pedazo de remix que nos trae de novo o gran Ti-Mo.

De novo algo moi comercial, donde acompaña un vocal femenino que me encanta. O tema presenta unhas baixadas donde está presente o vocal femenino e posteriormente unha subida que o fan bestial.

Podes escoitalo aquí:

Master Blaster - Let's get mad (Monday 2 Friday vs. MB)

De volta están dous vellos coñecidos para traernos o seu mítico son. Falo dos Master Blaster.

Un son inconfundible, cos seu toque único, en versión hands up xunto cun vocal desenfadado.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 7 de mayo de 2012

Double Vision - Knockin 2012 (Julian the angel remix)

Unha atmósfera tremenda que irradia enerxía pura é o que desprende este tema.

Un tema con moito ritmo cun son electro moi pegadizo e un vocal, que aínda que escaso, cumple co seu propósito.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 6 de mayo de 2012

Consuelo Costin - Feel so alive (Look @ F remix)

Este remix caeume nas mans hai un par de dias e non podo parar de escoitalo.

House contundente moi pegadizo cun vocal que lle da un aire distinguido fenomenal.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 5 de mayo de 2012

Aura Dione - Friends (Dj K96 bootleg)

Cambiando totalmente de pop a hands up o "Friends" de Aura Dione.

Algo moi bailable é o que nos trae Dj K96, fácil de escoitar e que provoca que o escoites unha e outra vez.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 4 de mayo de 2012

Geo Da Silva & Saftik - Hey mr. dj get up


Un tema realmente novidoso pola idea que tomou, xa que realiza un tema usando nomes de djs famosos de todo o mundo.

Ainda que non é un temazo, a novidade merece un espazo neste blog. Non está nada mal a melodía, moi comercial e que pega moito.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 3 de mayo de 2012

Loud N Proud - 3rd Symphony (Bootleg mix)

Un moi bo mash up en versión hands up que deu á luz Loud N Proud. Voa entre produccións coma o "Give me everything" de Pitbull feat. Ne-Yo, Afrojack & Nayer, o ""Wildes Ding" de Culcha Candela, o "Sexy and I know it" dos LMFAO e a "Bucovina" de Ian Oliver feat. Shantel

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 2 de mayo de 2012

Paulo Roberto - Notte di festa (R.A.G. dj remix)

R.A.G. dj traenos o seu novo remix, donde cambia o estilo do orixinal "Notte di festa" de dance a un magnífico son italodance co estilo que caracteriza a R.A.G., donde coida ó maximo a meodía.

Podes ver o videoclip oficial aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www4.zippyshare.com/v/7931293/file.html

martes, 1 de mayo de 2012

Ethernity - Amore

Que ben lle pega a este vocal o ritmo do house rumano! Ainda que non o pareza, este son house rumano provén de terras españolas.

Tras sorprendernos hai un par de meses coa súa frescura e bo facer no seu anterior éxito "Desires", Ethernity volve á carga con este novo tema, que segue a línea comercial do anterior.

Podes ver o videoclip oficial aquí: