Instinto dance

viernes, 30 de septiembre de 2011

Coldplay - Every teardrop is a waterfall (Swedish House Mafia remix)

Os Swedish House Mafia siguen facendo das súas de novo. Desta tráennos un novo remix na súa liña, con unha melodía moi agradable, que se amolda moi ben ó vocal da banda británica Coldplay.
Esperemos que os novos temas que teñen no forno sigan esta liña.
Podes escoitalo aquí:

jueves, 29 de septiembre de 2011

Dj Odie - Dance for life vol. 3 (Sesion electro-house)

Esta semana grabei unha sesión electrohouse feita por min.


O tracklist é o seguinte:
1. Alexandra Stan feat. Raffaella Carrà - A far l'amore con Mr Saxobeat (Lucio Deejay extended mash up)
2. Elvis Presley vs. Junkie XL - A little less conversation (VideoDJ RaLpH)
3. Avicii Vs. David Guetta - Where them levels at (Djs from Mars mashup)
4. William Naraine - If I could fall (Vincenzo Callea remix)
5. Chuckie feat. Gregor Salto - What happens in Vegas (Club mix)
6. Afrojack, Dimitri Vegas & Like Mike, Nervo - The way we see the world (Tomorrowland anthem Afrojack's vocal edit)
7. Tiësto & Hardwell - Zero 76 (Original mix)
8. David Guetta - The world is mine (Dj Rynno & Dj Bonne remix 2011)
9. Sidney Samson vs. Tara McDonald - Dynamite (Nicky Romero remix)
10. Yinon Yahel feat. Emmi - Tonight (The Perez Brothers remix)
11. Deniz Koyu - Lose control (Johan Wedel remix)
12. Fedde Le Grand - So much love (Original club mix)
13. Coldplay - Every teardrop is a waterfall (Swedish House Mafia remix)
14. Simon From Deep Divas feat. Goody - Disco dancer (Simon original mix)

Podedes escoitala e descargala aquí:
Ou descargala dende aquí: http://www4.zippyshare.com/v/51695885/file.html

Aviso, hai algunha cabalgada e erros, pero bueno, eche o que hai!

Espero que vos guste :-)

miércoles, 28 de septiembre de 2011

Maroon 5 feat Christina Aguilera - Moves like Jagger (Cosmic Dawn remix)

Maroon 5 está triunfando no panorama pop coa axuda da cantante Christina Aguilera con este tema.
O tema fai unha oda ó grande cantante da banda londinense The Rolling Stones. Como no podía ser doutra maneira, refírome a Mick Jagger, que sempre tivo unha maneira peculiar de moverse nos escenarios, polo cal ven o nome do tema.
O remix de hoxe ven da man de Cosmic Dawn, que engade uns acordes house para darlle un toque distinto do orixinal moi atractivos.
Podes escoitar o remix aquí:

martes, 27 de septiembre de 2011

Kelly Charles - You're no good for me (Mike Candys bootleg remix)

Moi bo mash up da man de Mike Candys. Presenta uns subidóns en certas partes do tema bestiales.
Sinceramente, teño escoitado moitos remixes do tema "You're No Good For Me", pero este lévase a palma como mellor.
Podedes escoitalo aquí:

lunes, 26 de septiembre de 2011

R.I.O. feat. U-Jean - Turn this club around (Crystal Lake remix)

Realmente interesante o remix do "Turn this club around" por parte de Crystal Lake modificando a versión electro da orixinal por esta en versión hands up.
A diferencia da versión orixinal, esta resultoume moito máis atractiva ó oido, xa que creo que á primeira fáltalle algo, o ritmo que impón non acaba de convencerme. Ademáis, ten o típico ritmo de tantas outras cancións comerciales do tipo que estamos a escoitar últimamente.
Podes velo videoclip oficial aquí:

domingo, 25 de septiembre de 2011

Dim Chris feat. Amanda Wilson - You found me

Encántame o vocal deste tema. Esta rapaza ten unha voz sensacional e o tema gana moitos puntos gracias a ela.
En canto á melodía, podíase exprimir máis e quitar algo moito mellor, xa que en parte perde pola simpleza en certos cachos do tema.
Podedes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 24 de septiembre de 2011

Lady Gaga vs. Swedish House Mafia - Save the edge of glory (Djs from Mars bootleg remix)

Novo remix das mans dos Djs from Mars. Desta vez sorpréndennos cun mash up no que xuntan os temas de Lady Gaga "The edge of glory" e o de Swedish House Mafia "Save the world".
Unha gran mestura donde usaron dous grandes temas que soaron e soarán pola sua calidade musical.
Podes ver o videoclip oficial aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www18.zippyshare.com/v/49439338/file.html

viernes, 23 de septiembre de 2011

Dj Rynno & Sylvia - Feel in love

Este temiña aterra dende Rumanía para darse a coñecer.
Gustame o son da melodía rompedora, cuns baixos marcados e potentes. En canto ó vocal, nada fora do normal. A rapaza non o fai nada mal.
Podedes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 22 de septiembre de 2011

3 días de tour con Avicii: Ibiza vs. Cannes vs. Amsterdam

Magnífico video donde podemos ver un pouco da vida deste novo xenio da música house, que a súa idade pode presumir de grandes creacións ó seu nome.
Na reportaxe podemolo ver en Ibiza, Cannes e Amsterdam, como poño no título rodeado doutros grandes productores, como por exemplo Tiësto. Tamén anda por ahí David Guetta (nótese o ton burlesco)
Ademáis, podemos escoitar 3 das súas últimas creacións, como son "Avicii - Nothing Without Adele (Avicii Rolling Bootleg)", "Coldplay - Every Teardrop Is A Waterfall (Avicii 'Tour' Mix)" e "Avicii - Fade Into Darkness (Original Mix)", todas totalmete recomendables.
Sen máis, deixovos coa reportaxe:

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Max Bragantini aka. Max B - Samba reggae (Max Bragantini mix)

Remix para un tema que ten un par de meses no mercado. Uns toques de electro da man de Max Bragantini teñen a culpa deste temazo. Transmite unha enerxía tremenda cando o escoitas, debido a que a melodía é brutal.
Podes escoitalo aquí:

martes, 20 de septiembre de 2011

Da' Zoo - La la la (Hot girls)

De novo voltan á carga o grupo portorriqueño Da' Zoo. De novo cun son moi adictivo e comercial, que fará as delicias dos clubs. Moi bailable e con facilidade para ser cantado moitas veces.
Se podedes botádelle un ollo ó videoclip oficial, que deixo aquí abaixo, xa que é moi bo.
Aquí vos queda o videoclip oficial da versión spanglish:

lunes, 19 de septiembre de 2011

Inna - Amazing 2011 (Buzz Junkies club mix)

Encántame os acordes que engadiu Buzz Junkies ó tema de Inna. Se o orixinal era moi adictivo, este non se queda atrás. Un toque maestro que fai que a súa escoita sexa deliciosa.
Podes aprecialo aquí:

domingo, 18 de septiembre de 2011

4PLAY feat. JIMMYZ & Diana Aniad - What's Up? (Djs from Mars remix)

Que bo rollo transmiten os Djs from Mars. Non me canso de alabalos, xa que tema que tocan, tema que se convirte en temazo.
Desta vez participan no disco de remixes de 4PLAY feat JIMMYZ & Diana Aniad, donde hay grandes remixers, pero sen dúbida o mellor dende o meu punto de vista é o destes dous "delincuentes".
Son electro fresco e innovador cuns subidóns que poñen a pel de galiña.
Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 17 de septiembre de 2011

LMFAO feat. Lauren Bennett & GoonRock - Party rock anthem (DjPiJaLiS remix)

DjPiJaLiS tras o seu remix do tema de Dj Barbas titulado "Legend", volve a súa senda de remixes en descarga gratuita. Desta vez faino co remix dunha das cancións máis famosas deste ano como é o Party rock anthem. Non me digas que non o escoitaches, porque soou en todos os sitios!
Deste remix cabe destacar que cambiou algo o seu estilo, utilizando algúns elementos máis característicos do son hands up, pero polo que parece seguen tirándolle as súas raices do italodance. Esperemos que non cambie pronto...

Podes escoitar a previa aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www.divshare.com/download/15796052-56c

viernes, 16 de septiembre de 2011

Green Day - Boulevard of broken dreams (Deejay-jany remix)

Os toques italo que presenta este tema condenárono a ser víctima desta nova entrada. Dende eslovaquia chéganos o novo remix de Deejay-jany nunha mestura entre lento violento e italodance, moi no estilo do xenio Gigi D'Agostino.
Podes escoitar a previa aquí:

jueves, 15 de septiembre de 2011

Juan Magan & Salgado - Chica Latina (Victor Magan remix)

Novo remix que queda en familia, xa que o irmán de Juan, Victor Magan, traenos este novo remix house do tema "Chica Latina".
Encandiloume a melodía que lle puxo Victor. O vocal é un pouco do que nos leva traendo nestes últimos meses Juan Magan, comercial en estado puro, pero que no fondo gusta.
Podes escoitalo aquí:

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Grax - Come back to me

Antes de nada, estades ante a entrada número 100 deste blog. Non tiña pensado chegar tan lexos! Espero que este número siga medrando día a día e poder seguir traéndovos recomendacións e novidades.

Tras este paréntese, seguimos ca entrada de hoxe:
A discográfica Italo Rumble Digital vólvenos a sorprender (e moi grátamente) co novo disco que editan o día 21 deste mes de setembro.
O album contou cun concurso donde, ademáis da versión orixinal, a de Dj Zulan e a de Marq Aurel vs. Glitch & Repeat, se engadiron os dous gañadores, Nicola D'Alena, co seu remix electro, e un galego, alcumado Britostylerz, que aporta unha moi boa versión italodance.
A parte da versión de Dj Zulan, que me parece sublime, recordando a algunha producción dos L.E.S. Project, foi a de Britostylerz a que máis me gustou.
Deixovos aquí o remix de Dj Zulan:

E este que vos deixo ahora é o de Britostyler:

martes, 13 de septiembre de 2011

Christopher S feat. Max Urban - Star

Un pouquiño de house comercial da man de Christopher S. Ten un sonido moi habitual que tanto está triunfando últimamente nas pistas de baile. Recórdame en certos momentos a algún tema de David Guetta.
Sen máis, aquí vos queda o videoclip oficial:

lunes, 12 de septiembre de 2011

Ferry Corsten - Check it out

Poucos temas de Ferry Corsten teño escoitado, xa que non me gustaba demasiado, pero desta vez o resultado foi ben distinto.Este tema ten algo especial, a melodía que nos trae é espectacular. Dende o primeiro segundo me encheu o ollo. O vocal non está mal, ainda que é algo escaso e debería tirar un pouco máis del no tema.
Aquí vos queda o videoclip oficial:

domingo, 11 de septiembre de 2011

Criminal Vibes feat. N.U.M. - Save me

Este tema ten unha personalidade propia que me encanta. A melodía é fresca e innovadora e o vocal da rapaza gustame moito.
Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 10 de septiembre de 2011

Afrojack & Steve Aoki vs. Tiësto - Work hard, no beef (First State bashup)

Sen dúbida a última colaboración de Afrojack con Steve Aoki titulada "No beef" pareceume moi boa. House progresivo en estado puro e que non pretende ser de todo comercial. Unha boa aposta. Ademáis, se tedes ocasión de ver o videoclip veredes o divertido que é ;-)
Ahora ben, se a xuntamos nun mash up co tema de Tiësto feat. Kay "Work Hard, Play Hard" de aquí sale un temazo como a copa dun pino.
Para mostra un botón:

viernes, 9 de septiembre de 2011

Cascada - Night nurse (Djs from Mars remix)

Cascada vólvenos sorprender co seu novo estilo, cunhas pingas de dance, creando un tema que logra captar os oídos de calquera.
Nesta producción, ademáis, colabora outra das voces douradas de Zooland, como é R.I.O., facendo os coros en varias partes do tema, como poderás comprobar.
O remix, acorde ós Djs from Mars, como sempre, sorprendendonos con novos acordes.
Podes escoitalo aquí:

jueves, 8 de septiembre de 2011

Stephan F. - Move it move it (Dance Rocker remix)

Dance Rocker volve a traernos un dos seus grandes remixes. Desta vez o remix é para o tema de Stephan F. titulado "Move it move it". Formará parte do novo ep que saiu a venda o día 2 de setembro. Xunto a el tamén podemos atopar co tema electro orixinal e remix house-minimal de Dark Boy.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Mike Candys & Evelyn feat. Patrick Miller - One night in Ibiza

House comercial en estado puro. Unha melodía facil cun vocal moi adictivo, preparado para que entre na túa cabeza e o repitas sen parar unha e outra vez.
Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 6 de septiembre de 2011

Catwork remix engineers feat. Antonia - Morena

Este tema presenta unha melodía moi atractiva, xa que o son electro que ten é moderno e novedoso. En canto ó vocal, pois non me convence demasiado. Xoga cun estribillo pequeno e que se repite moito. Quizáis unha estrofa engadida poderíao facer máis agradable.
Podedes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 5 de septiembre de 2011

Alex Gaudino feat. Kelly Rowland - What a feeling (Nicky Romero remix)

Pedazo voz ten Kelly Rowland! A verdade, os últimos temas nos que puxo voz foron éxitos, como por exemplo este, donde colabora con Alex Gaudino.
Hoxe presentovos un remix do tema que saleu hai un par de meses, feito por Nicky Romero e que lle da unha vitalidade espectacular ó tema orixinal.
Podedes botarlle un ollo aquí:

domingo, 4 de septiembre de 2011

Froidz - Finally (Dee & Crane remix)

Unha melodía moi coidada e unha voz que quita o hipo fan posible este tema.
O tema é producido por un dos grandes do mundo house e electro, como é Picco, polo que das súas mans non podía salir nada malo.
Aquí vos queda a previa do tema:

sábado, 3 de septiembre de 2011

Fedde Le Grand - So much love

Comercial a máis non poder. Así se pode calificar o último tema de Fedde Le Grand titulado "So much love". Non vou falar nada malo del, xa que me parece que o tema ten moitas cousas boas. Por exemplo, a melodía, aínda que comercial, é novedosa e está moi ben producida. En canto ó vocal, presenta un vocal moi adictivo e que fai que o repitas mentras saltas ó son da música.
Arriscada a aposta de Fedde, apostando por algo tan comercial, pero polo que parece vai dar que falar e escoitar.
Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 2 de septiembre de 2011

Dj Seleco feat. Torny - I love you (Dagma remix 2011)

Dende Italia chéganos o novo remix de parte de Dagma. Desta vez usando o seu estilo que ten fontes do eurodance remezcla a producción de Dj Seleco titulada "I love you". Sen dúbida un grande remix ó que non lle falta de nada para triunfar na pista de baile.
Un consello que lle daría a Dagma é que varía algo o estilo das súas produccións, xa que leva usando ese estilo dende hai un par de anos e o de que "se algo funciona non o cambies" no mundo da música non vale, hai que buscar sempre abraiar á persoa que escoita o tema.
Podedes escoitar o tema aqúi:

jueves, 1 de septiembre de 2011

David Guetta vs. Avicii - Where them levels at (DJs From Mars mashup)

Pedazo mash up se curraron estes dous "elementos". Mezclaron o "Where them girls at" de David Guetta co "Levels" do maestro maestro Avicii maxistralmente como é habitual neles.
Podes escoitalo aquí: