Instinto dance

lunes, 30 de abril de 2012

Megastylez - Take back the dancefloor

Volta de Megastylez pola porta grande. Dandonos un tema hands up con maiúsculas.

Vocal moi bo para acompañar a unha melodía moi doce que en certos momentos se volve increiblemente boa.

Podes escoitar un adianto aquí:

domingo, 29 de abril de 2012

Crystal Lake - Handzup motherfuckers


Zoo, a compañía de Dj Manian, lanza ó mercado o novo éxito dos Crystal Lake titulado "Handzup motherfuckers".

O título do tema dio todo, un himno gamberro para todos os que disfrutamos deste xénero musical.

Como sempre un vocal moi adictivo acompañado do son que nos ten acostumados estes dous cracks.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 28 de abril de 2012

Dj Satomi - Castle in the sky (Gabry'n Style remix)

Todo un clásico entre os clásicos este "Castle in the sky", himno versionado por Dj Satomi no ano 2004.

Desta vez Gabry'n Style dalle unha nova oportunidade e volve a exprimir este tema dandolle un aire un toque distinto mesturando algo de maranza e hard dance style.

Podes escoitala aquí:
 


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de Gabry'n Style ou dende o seguinte enlace:

viernes, 27 de abril de 2012

Discomakers - World party (Crystal Lake remix)

Na miña opinión un pouco máis frouxos do que nos teñen acostumados os Crystal Lake nos seus remixes. De todas maneiras, como sempre transmiten unhas boas vibracións cos seus remixes e este non ía ser menos.

Un vocal moi comercial que fai que movas o corpo e unha melodía hands up bastante boa.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 26 de abril de 2012

Jm Castillo feat. Inna - Love 2012

O toque que lle da a este tema de Inna Jm Castillo é bestial. Con este cambio de melodía a un son un pouco máis latino incita a bailalo dende o momento que lle das ó "play".

Podes escoitalo e descargalo dende aquí:

miércoles, 25 de abril de 2012

Dj Doddo vs. Dance Rocker - Il potere del suono

Dance Rocker colabora con Dj Doddo neste novo album de estudio donde nos amosan un italodance fresco e sen moitas complicacións, que realmente soa moi ben.

Entre os remixes cos que conta este novo traballo podemos atopar a vellos coñecidos no panorama italodance como Andrea Decibell, DJ-V ou a Bietto, que fai para min o mellor dos remixes do album.

Podes escoitar aquí a versión orixinal:

E aquí os remixes que compoñen o album:

martes, 24 de abril de 2012

Mashup-Germany – Some blue I used to know


Moi pero que moi bo o mash up que vades a escoitar hoxe. Producto da suma de temas tan interesantes como o "Blue" de Eiffel 65, o "Baker street" de Gerry Rafferty, o "Somebody that I used to know" de Gotye, o "A kind of magic" de Queen, o "Uprising" de Muse e o "Live my life" de FM feat. Justin Bieber conseguen facer unha obra mestra.

Podes escoitalo e descargalo dende aquí:


lunes, 23 de abril de 2012

Trent Cantrelle - Night like this

Un tema realmente interesante, que aposta por algo menos comercial do que estamos afeitos a escoitar. Trent Cantrelle xoga cun house relaxado e unha base melódica de calidade.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 22 de abril de 2012

Avicii - All you need is love

Non, non te enganes, xa que o título que ves non ten nada que ver ca canción "All you need is love" dos The Beatles :-)

Avicii volve a facer un tema moi bo, cambiando un chisco o estilo que nos tiña acostumados. Ademáis, conta cun gran vocal feminino que pon un broche de ouro ó conxunto.

De momento solo existe unha previa tomada no Ultra Music Festival que podes escoitar aquí:

sábado, 21 de abril de 2012

Dj Power - Dentro me c'è musica (Italo reverse)

Nove tema, dentro do que Dj Power traduce como nova etapa na súa actividade productora. Podemos apreciar un tema moito máis sentimental do que nos ten acostumados, máis relaxado. Non está nada mal, pero esperemos que en seguintes temas e remixes aposte polo que se lle da tan ben, como son os temas con máis "caña".

Podes escoitalo aquí:

viernes, 20 de abril de 2012

The Soundlovers - Flow (Dj Seleco & Dance Rocker remix)

Vaia dous! Cada vez que escoito un remix de Dj Seleco e Dance Rocker alédanme o día.

Desta vez poñen a carne no asador xogando co tema "Flow" dos The Soundlovers, tema que poidemos escoitar no 2002. Amósannos un hard dance style do que me declaro enamorado e que tan poucos temas exprimiron.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de Dj Seleco ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/djseleco/the-soundlovers-flow-dj-seleco-and-dance-rocker-remix/download

jueves, 19 de abril de 2012

Joy Di Maggio feat. Maya Days - I want more

Sorprendente novidade dende a discográfica Dance & love, donde nos amosan un grande tema electro pop.

Un son moi actual e novidoso espolvoreado dun vocal moi sexy da lugar a un tema moi a ter en conta.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 18 de abril de 2012

Jose AM & Dario Nuñez feat. Patricia Leidig & Love Daddy & Pablo Melgar - Honey (Ramon Gz remix)

Xa podemos disfrutar do último remix dun dos xenios do panorama hands up de Galicia e porque non decilo, de España. Un remix feito para concursar no contest do "Honey" de Jose AM & Dario Nuñez

Temos ante nos un hands up en estado puro moi adictivo que lle da unhas cantas voltas á versión orixinal, moi sosa e tranquila. En canto ó vocal, bueno, non é dos mellores, xa que se podía exprimir algo máis.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema , pódelo descargar, tanto en versión radio como club, de forma totalmente legal e gratuita dende a páxina oficial de Ramon Gz premendo no botón "Descarga" ou dende os seguintes enlaces:
- Jose AM & Dario Nuñez feat. Patricia Leidig & Love Daddy & Pablo Melgar - Honey (Ramon Gz radio edit)
- Jose AM & Dario Nuñez feat. Patricia Leidig & Love Daddy & Pablo Melgar - Honey (Ramon Gz club mix)

martes, 17 de abril de 2012

MashMike – 2012 (If the world would end at the edge of glory)

Encántame a combinación que utilizou para este mash up MashMike, entre o que atopamos a melodía do "2012 (If The World Would End)" de Mike Candys feat. Evelyn & Patrick Miller, o vocal do "Edge of glory" de Lady Gaga e uns toques dos temas "Push it" dos Salt‘N’Pepa e o "Mach mal lauter" de Lautsprecher

Podes escoitalo aquí:

lunes, 16 de abril de 2012

ItaloBrothers - Pandora 2012

Volven os ItaloBrothers e desta vez sen medias tintas. Se noutras ocasións probaron o lado dance, desta vez volven a apostar polo son que tan ben se lles da, o hands up.

Como sempre un son moi contundente que non deixa a nadie insatisfeito e o gran vocal como non podía ser doutra maneira de Matthias Metten.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 15 de abril de 2012

Keane - Silenced By The Night (Alesso remix)

Alesso volveuno a facer. De novo quita ó mercado un tema que reflexa o seu son tan coidado e con tanta calidade. De novo segue co seu son house que tanto está a gustar e que tan ben se lle da xunto cun vocal moi bo da man de Keane.

Podes escoitar unha preva aquí:

sábado, 14 de abril de 2012

Giga Dance & Rainy - Like an angel (Cc.K. remix)

Xa temos no mercado a colaboración entre Giga Dance e Rainy, máis comunmente coñecido como Raindropz. Un tema hands up puro con moi bo contido.

De entre os remixes que podemos atopar no disco, quédome co de Cc.K., para min o máis completo en canto a melodía.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 13 de abril de 2012

Alien Cut & Dino Brown feat. Vivian B - Call me up

Xa falamos noutras ocasións dos Alien Cut, dous djs que están a empezar no mundo da música electrónica e dos cales as suas produccións falan moi ben deles.

Desta vez sorpréndennos de novo cunha nova melodía moi alegre e cun vocal potente de Vivian B. Encántame sobre todo a partir do 1:20 :-D

Podes escoitalo aquí:

jueves, 12 de abril de 2012

Gabry Ponte feat. Pitbull & Sophia del Carmen - Beat on my drum (Gabry Ponte remix)

Sorprendente o que acaba de producir Gabry Ponte coa axuda de Roberto Molinaro, outro vello coñecido. Non me esperaba para nada o que trae.

Primeiro, para o meu gusto, antes de nada, CAGADA bestial ó venderse e incluir a Pitbull no tema. Mira que o tema é bo cando non mete a súa voz. En fin, no fondo o que importa é vender e facerse un nome...

Polo demáis, o tema está moi ben, engancha pola súa melodía, fresca e na que non se complica moito.

O CD incluirá ademáis duas versións máis, unha a versión orixinal, donde varía un pouco o tema máis cara o campo dance, e outro dos Djs from Mars, máis no estilo propio que lles caracteriza.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 11 de abril de 2012

Jerome - Stars

Parece que ó remix de Alesso do "Pressure" lle saleu un xemelgo ou algo polo estilo, xa que este tema ten moito que ver co remix de Alesso. Véxolle un pero moi grande, e é que non se pararon a incluir un vocal ó tema, xa que poderían quitar algo máis interesante desta maneira.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 10 de abril de 2012

Aboutblank & KLC - System addict

Vaia pedazo de melodía se sacou da manga este dj! Cada vez que soa poñome a saltar por toda a habitación coma un tolo :-D

Realmente boa a melodía, pero tamén hai que destacar esa voz da rapaza que canta, xa que con esa voz anxelical dalle un puntiño formal que fai que o tema teña un aire desenfadado.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 9 de abril de 2012

Mario Lopez - Topmodel (Crystal Lake remix)

Esa frescura dos temas de Crystal Lake é a que se reflicte neste tema no que apreciamos o remix da súa parte.

Ingredientes típicos da súa colleita, donde os beats marcedos e a melodía o fan realmente especial entre os que conta o CD de Mario Lopez, donde tamén podemos atopar outro remixer coñecido como é Topmodelz.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 8 de abril de 2012

Cascada - Summer of love

Xa podemos disfrutar do novo traballo da alemana Natalie Christine, máis coñecida polo seu seudónimo de Cascada.

Neste novo traballo vemos que segue apostando por un son electrónico comercial. Se nos seus anteriores traballos se acercaba máis cara o son de Lady Gaga, nesta nova entrega acércase moito máis cara o son do suizo Remady en produccións coma o "Give me a sign". Non soa mal, pero esperabame algo de frescura e que non seguira subíndose á ola do estilo de moda nese momento.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 7 de abril de 2012

Alesso vs. Ingrosso & Axwell - Nillionaire together (Bootleg)

Últimamente cada vez que escoito un set de Axwell sempre empeza pola mesmo tema, un bootleg de Alesso e da súa colaboración con Ingrosso.

Neste bootleg mestura o "Nillionaire" de Alesso, un tema púramente melódico e do que sólo podo falar marabillas del, e o "Together", feito entre a colaboración de Axwell e Sebastian Ingrosso, ainda que deste sólo colla a parte melódica. O resultado non hai máis que escoitalo aquí:

viernes, 6 de abril de 2012

Spencer & Hill feat. Ari - Surrender

Estes dous "elementos" chegan do mesmo xeito que sempre, con musicón de primeira calidade.

Gran melodía con algún efecto tipo Cazzette e de guinda un vocal delicioso para dar lugar a un tema 5 estrelas.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 5 de abril de 2012

Basto & Yves V. - CloudBreaker (Basto Remix)

Como de costume o son de Basto non deixa un mal sabor de boca, donde as súas notas fan que recoñezas os seus temas dende o principio.

Neste novo tema, xunta esforzos con Yves V. e cun vocal feminino para darnos este regalo para os oídos.

Eso si, dende aquí quero darlle un pequeno tirón de orellas a Basto, xa que como di o dito "Na variedade está o gusto", así que espero que modifique un pouco a súa melodía, xa que os seus últimos temas son moi parecidos en canto a melodía.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 4 de abril de 2012

Darryl Green feat. Shena - The tears in my eyes

Unha melodía poderosa acompañada dun vocal un pouco máis frouxo para o meu gusto.

Darryl Green mete as súas mans máxicas nesta melodía house xunto co vocal de Shena para dar lugar a un tema, que ainda que cun toque relaxado, crea unha atmósfera brillante.

Podes escoitalo aquí:

martes, 3 de abril de 2012

Dj Sanny J. feat. Ice Mc & Neon - Alegria

Sinceramente, non sei que fixo cambiar de opinión a un dos mellores productores que facían italodance. Estando na cresta da ola decideu dar un xiro de 180 grados ó seu estilo de producción e facer algo máis electro latino. En fin... a pasta é o que ten!

Desde que comezou non quitou grandes produccións, camiño no que segue de momento. Este novo hit que quitou, o "Alegria" creo que é o máis potable que quitou de momento. O que máis destaco del é o vocal do grande Ice Mc (coñecido por temas eurodance como o "Think about the way", "It's a rainy day" ou o "Russian roulette"), unha fichaxe mediática para este tema, o "Party with us" e o "Kill it tonight", que como sempre ca súa voz dalle un toque bestial ó tema.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 2 de abril de 2012

Dual Playaz - Alone again (Justin Corza meets Greg Blast remix)

Se o productor xa é un xenio non quero decir nada dos dous remixes que tedes oportunidade de escoitar, Justin Corza e Greg Blast. Dous productores que lles gusta facer produccións con caña. Neste remix non son menos e o son ponche as pilas rápidamente. Temazo!

Podes escoitalo aquí:

domingo, 1 de abril de 2012

Gotye vs. Robert Miles - Somebody that I used to know vs. children (Djs from Mars bootleg)

Se hay tempo atrás falaba da versión que Mike Candys xunto con Jack Holiday facían do archiconocido Children, hoxe tócalle ó turno da cersión dos Djs from Mars adulterada co vocal do "Somebody that I used to know" de Gotye.

Perectamente combinados os ingredientes para dar lugar a un cóctel a gusto de calquera oído.

Podes ver o videoclip oficial aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace: