Instinto dance

lunes, 30 de septiembre de 2013

Dada Life - Boing clash boom

Dende facía tempo podíamos escoitar este tema nos lives destes dous suecos, pero xa podemos desfrutar deste seu novo hit enteiro que acaba de sali á venda.

Como sempre un tema novidoso, cunha melodía entre house, dance ou hardstyle cun vocal que incita a escoitalo unha e outra vez.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 29 de septiembre de 2013

Deorro - Yee

Un tema moi novidoso en canto a idea, xa que xoga ca melodía cun son que resulta novidoso e moi chamativo, sen chegar a ser demasiado estridente.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 28 de septiembre de 2013

Ray Foxx feat. Rachel K Collier - Boom boom

Unha melodía que roza a tranqulidade e certos momentos pero que noutros sobe de nivel para dar máis potencia.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 27 de septiembre de 2013

Amii Stewart feat. Gabry Ponte - Sunshine girl

Igual de boas a primeiras non te das conta de quen é Amii Stewart, pero se che digo que no ano 1979 saltou á fama polo ser éxito "Knock on wood" seguro que che soa máis.

Desta vez Gabry Ponte sábese rodear desta estadounidense cun marabilloso vocal dándolle unha melodía comercial que soa moi ben.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 26 de septiembre de 2013

Aqua - My oh my 2k13 (BRiAN bootleg)

Sincelo pero con gancho.

Con un par de retoques e unha melodía máis preto do hands up que do dance que levaba a versión irixinal deste "My oh my" dos Aqua.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Alex C. feat. Lisa Rowe - Feed me diamonds

Cun rexistro sonoro entre o house e o electro chéganos o novo tema do alemán Alex C.

Un tema moi comercial cun vocal moi marcado cunha melodía que en certos momentos a noto un pouco cargada de máis.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 24 de septiembre de 2013

Promiseland & Junior Black - Noise

Vellos coñecidos no panorama italo, pouco a pouco Ranucci e Pelusi, máis coñecidos como Promiseland, están creando temas de máis calidade e máis gancho, como este "Noise", donde están acompañados por Junior Black.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 23 de septiembre de 2013

Mercer, D!RTY AUD!O & Reece Low - Drop

Un ritmo moi ácido e con gancho é a presentación do novo tema da colaboración entre Mercer, D!RTY AUD!O e Reece Low.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 22 de septiembre de 2013

John Dahlbäck feat. Urban Cone & Lucas Nord - We were gods

Unha mestura moi interesante entre dance e dubstep é o que nos traen estes xenios neste, o seu novo tema.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 21 de septiembre de 2013

Ostseestürmer - Out of my mind (Spikes & Slicks feat. Energ!zer Remix)

Remix do hit do "Out of my mihttp://www.youtube.com/watch?v=CB3yylTpmUQnd" dos Bingo Players que poidemos desfrutar este 2012 pasado en clave hands up e cun cambiado vocal, ó pasar do femenino ó masculino. Un cambio que non lle sentou nada mal.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 20 de septiembre de 2013

Kaskade & Project 46 - Last chance

Un vocal doce e delicado salpimentado cunha das melodías de Kaskade e a colaboración de Project 46. Tema presente no último EP de Kaskade.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 19 de septiembre de 2013

Krewella - Live for the night (Hook N Sling remix)

Un tema divertido e novidoso creado polo trio Krewella, que tema a tema se están facendo un oco no mercado dance a pasaos axigantados debido a calidade dos seus temas.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 18 de septiembre de 2013

DJ BoBo & Mike Candys - Take control

Dous productores suizos de moita sona, un pola súa longa carreira facendonos bailar e outro por ser un dous productores máis sonados dos últimos anos. Entre os dous logran un tema novidoso e actual que non sona nada mal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 17 de septiembre de 2013

Dj Doddo & Dj Heckstyler - Se tu stai con me

Unha producción chea de calidade e de bo saber facer. Cunha melodía moi adictiva e un vocal italiano como este pinta que pode ser un tema a ter en conta nos próximos meses.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 16 de septiembre de 2013

Otto Le Blanc & Alain - Loco (Lowcash remix)

Moi iteresante a proposta que nos fai Lowcash para este "Loco" mellorando o estilo dance da orixinal por un hands up moi atrevido e novidoso.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 15 de septiembre de 2013

Mischa Daniels feat. Sharon Doorson - Can't live without you

Un tema que goza da voz marabillosa de Sharon Doorson, pero que peca un pouco de melodía un tanto aburrida e plana baixo o meu punto de vista. Unha pena non traballar un pouco máis este aspecto, que podería facer desto un temazo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 14 de septiembre de 2013

Djs from Mars - Rock'n'roll

Despois de pasar un tempo sen saber de ningunha producción destes dous italianos podemos escoitar o seu novo sinxelo titulado "Rock'n'roll" e que sona máis potente e estridente que outros temas máis comerciales do dueto turinés.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 13 de septiembre de 2013

DANK feat. jACQ - Crystals

Encántame a melodía suave e coidada que trae este tema, que bañada co vocal femenino lle da un toque perfecto.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 12 de septiembre de 2013

Sick Individuals & Axwell feat. Taylr Renee - I am

Ainda que xa hai tempo que podemos desfrutar deste tema dende rips de lives de diversos djs, por fin podemos atopar a versión completa deste expléndido tema feito entre Sick Individuals e Axwell e o vocal de Taylr Renee.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Eric Prydz vs. Row Rocka - Everyday empire (Paris Blohm edit)

Paris Blohm deixanos un señor mash up xuntando o "Everyday" de Eric Prydz xunto co "Empire" de Row Rocka. Brutal.

Podes escoitalo aquí:

martes, 10 de septiembre de 2013

Bastille - Pompeii (DJ Seleco & Dance Rocker remix)

Como sempre, os remixes destes dous xenios do italo, DJ Seleco e Dance Rocker, é de 10. Tomando de base o "Pompeii" de Bastille, transforman o pop nun excelente italo.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 9 de septiembre de 2013

Breach - Jack (The Perez Brothers remix)

Se o tema orixinal deste "Jack" me parece aburrido e simple, este remix dos The Perez Brothers ten todo o contrario, xenialidade e dinamismo que contrarestan os fallos do orixinal.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 8 de septiembre de 2013

sábado, 7 de septiembre de 2013

Mole - Wild inside

Unha melodía realmente adictiva é a carta de presentación de este "Wild inside" que nos trae o gran Mole, tema que se engadira un vocal podería ser un rompepistas mundial sen dúbida.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 6 de septiembre de 2013

Carolina Marquez feat. Flo Rida & Dale Saunders - Sing la la la (Alien Cut remix)

Novo remix destes dous cracks, que nos volven a sorprender pola súas melodías neste tema da vocalista Carolina Márquez (os que nos gusta o italo seguro que nos acordamos de temas como o "Ritmo", "Mas musica" ou o "Discomani") xunto co tan de moda Flo Rida.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 5 de septiembre de 2013

Pink - Try (Deejay-jany remix)

Dende o primeiro segundo do tema creín que este pertencía ó gran Gigi D'Agostino, xa que a calidade melódica recorda a él. Gran remix deste dj que día a día está camiño de convertirse nun dos mellores no panorama italodance.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Avicii - You make me

Se aínda estábamos co bo sabor de boca do "Wake me up" de Avicii, xa podemos disfrutar do seu seguinte tema. Como de costume unha melodía moi comercial acompañada dun espectacular vocal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 3 de septiembre de 2013

Bodybangers feat. Tony-T - Breaking the ice

Un tema perfecto para disfrutar dos últimos coletazos do verán, xa que nos fai recordar esta temporada estival que tanto nos gusta debido á sinxeleza e o pegadizo do vocal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 2 de septiembre de 2013

Mystique - Pull up

Tema moi na linea dos temas actuales de house que podemos escoitar hoxe en día, con un bombo marcado e potente na súa melodía.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 1 de septiembre de 2013

Dj Project feat. Adela - Fara tine

Un tema cargado de detalles na súa melodía, acompañado dun favuloso detalle de Adela, que fan del unha obra de arte pola súa calidade.

Podes ver o videoclip oficial aquí: