Instinto dance

miércoles, 31 de agosto de 2011

Dancecom Project - Firework (Dance remix tribute to Katy Perry)

Un tributo de Dancecom Project á canción orixinal de Katy Perry, cantada por outra voz feminina, que aínda que a voz de Katy Perry é moi boa, esta non se queda atrás.
Ademáis, engade un ritmo electrónico á canción que non contén a orixinal (recordar que a orixinal é pop).
Sen máis, aquí a podedes escoitar:

martes, 30 de agosto de 2011

Inna - Club rocker (Perez Brothers remix)

Volven á carga os Perez Brothers facendo un remix do último hit de Inna, o "Club Rocker".
Como é habitual neles, aplican un baixo remarcado cunha melodía de fondo moi adictiva. Electro de calidade.
Podedes escoitalo aquí:

lunes, 29 de agosto de 2011

Sultan & Ned Shepard feat. Nadia Ali - Call my name

Que vozarrón ten Nadia Ali. Xa me gustou cando acompañou no seu último single a Armin van Buuren e este está na linea.
En canto á melodía, un tema trance tradicional, donde a melodía está moi coidada e que non engana dende o primeiro momento.
Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 28 de agosto de 2011

Joe Jonas - Love slayer (Jump Smokers remix)

Moi novedoso o son que nos trae Joe Jonas. Parece que che sube a adrenalina segúndo o escoitas. A melodía racha co son electro que se escoita hoxe en día nas produccións máis coñecidas, facendo que o resultado deste remix sexa increible.
Podelo escoitar aquí:

sábado, 27 de agosto de 2011

Ivan Fillini feat. Miani - Fiky Fiky 2011

Ivan Fillini, volve apostar de novo polo italodance na súa nova producción que nos trae xunto co vocal de Miani. Ambos xa son coñecidos facendo temas xuntos, xa que as cancións dos últimos dous discos de Ivan (Italian dance collection 1 e 2) levaron a súa voz, que a verdade me encanta, xa que se amolda moi ben en tódolos temas italodance.
Xunto á versión italo podemos atopar a versión hands up de Dancefloor Kingz, que non me disgustou nada, e a versión house. Esta última non me convenceu, xa que un vocal vivo e potente como o de Miani non acaba de encaixar ca melodía, pero bueno, o marketing é o que ten.
Podes escoitar a versión italo no videoclip oficial:

viernes, 26 de agosto de 2011

Alvaro Guerra & Kilian Dominguez - Summer groove

Tema que bebe das fontes do estilo de produccións como a de Sak Noel "Loca People" que tanto lle gusta ó publico.
O tema combina ademáis un vocal femenino moi pícaro que lle vai gustar moito á xente.
Deixovos o videoclip oficial:

jueves, 25 de agosto de 2011

Titus Jones - Hello girl, let's party till the end

É increible a imaxinación dos mash upers en ocasións. Por exemplo, neste tema, no que se usou a melodía de Martin Solveig de "Hello", incluíronse os vocales de Britney Spears, No Doubt, LMFAO, Sum 41 e Vanilla Ice. O bonito do asunto é que queda perfecto, como se dunha colaboración de estudio deles se tratara.
Totalmente recomendable a súa escoita.
Podedes ver o tema e o videomix de parte de Dj Tripp aquí:

miércoles, 24 de agosto de 2011

Avicii - Levels (Maduzah Remix Edit)

Realmente rompedor este remix de tema de Avicii. Maduzah traenos un remix que posee unha forza brutal e que convence moito. Sen dúbida un dos mellores, senon o mellor, que escoitei deste tema.
Aquí vos queda:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://hulkshare.com/k4gaacicokxy

martes, 23 de agosto de 2011

Alien Cut meet. Robby Pazzaglia - Doop doop

Electro fresco para romper ca monotonía do que se fai hoxe en día. Os toques que lles puxeron Alien Cut fano realmente interesante e adictivo. De vocal non destaca verdadeiramente, pero a melodía é fantástica.
Aquí vos queda o videoclip oficial:

lunes, 22 de agosto de 2011

Manuel - Buena buena (Dj Maxwell remix)

Novidades en canto ó italo da man deste remix de Dj Maxwell. Moi no seu estilo, xogando ca melodía e usando un baixo potente.
De momento pouco se sabe del, xa que se pode descargar o álbum de itunes, pero o seu remix de momento non. De todas maneiras, parece ser que sairá editado no seu próximo álbum "Trust No One Part 3".
Aquí o podedes escoitar:

domingo, 21 de agosto de 2011

Steve Angello - Knas (Peppermint Private rework)

Hai xa tempo que o traballo orixinal está á venda, pero este remix saleu máis tarde. Un traballo creativo que colle a base do orixinal e con sinxeleza e uns pequenos arranxos variao para dar algo moi interesante.
Bótadelle un ollo:

sábado, 20 de agosto de 2011

Voxis - I just wanna

Resultoume moi interesante este tema. Non presume de ter un vocal moi elaborado, pero sobralle o que presenta para mostrarnos que engancha e moito.
En canto a melodía, presenta un toque de house rumano que o fai moi atractivo.
Deixovos o videoclip oficial:

viernes, 19 de agosto de 2011

Lucien Foort feat. Candy Dulfer & Earl S. - Indian dream

Ten un aire ós temas de Avicii, polo que debeu ser por eso que me gustou este tema. Ademáis, o toque de saxo faino moi atractivo.
En canto ó vocal, coxea un pouco, creo que deberían buscar unha voz un pouco máis potente, a corde ca melodía, pero bueno, dentro do que cabe non está nada mal.
Podedes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 18 de agosto de 2011

DJ THT feat. Auzern - Open up the dancefloor

Realmente impactante este novo temiña de Dj THT, que o está facendo realmente ben nos seus últimos temas.
Volve compartir vocal con Auzern, como o fixo no seu anterior traballo "Here We Are" e que lles saleu tan ben.
Podes apreciar como nalgunha parte ten uns toques do estilo Manian que tanto nos gustan ós que escoitamos hands up.
Non se sabe moito aínda, pero parece que se vai incluir no novo album de estudio titulado tamén "Open up the dancefloor" e que presentará remezclas de djs como Dj Gollum, Tony Pride, Cj Mkh ou Alex Megane entre outros.
Deixovos o videoclip oficial do tema:

miércoles, 17 de agosto de 2011

Dj Cry feat. Daniele Meo - Mani al cielo (Dj sTore remix)

Se che gustou a canción de Don Omar feat Lucenzo "Danza Kuduro" e che gusta o italodance, vaiche gustar esta versión italo do tema cantada por Daniele Meo, un dos mellores vocales no mundo italo.
O remix ven a cargo dun vello conocido, Dj sTore, que como sempre nos sorprende cun remix moi elaborado.
Aquí o podedes apreciar:

martes, 16 de agosto de 2011

Biboulakis feat. Nina Zeitlin - If only alarm bells didn't ring (David Jones remix)

Este tema recórdame ó "We no speak americano" que tanto escoitamos o verán pasado dos Yolanda Be Cool.
Ten o toque do vocal dunha canción clásica que xunto a unha melodía actual dan este resultado. Non me estrañaría que se escoitara moito este verán.
Aquí queda:

lunes, 15 de agosto de 2011

Desperado feat. Play & Win - Inside I want you (Naksi & Brunner remix)

Os productores de Inna, Play & Win, xuntanse con Desperado para traernos esta nova producción. Sen dúbida, un gran tema que sonará en todos lados, xa que ten un aire comercial moi marcado e que creo que vai gustar moito.
Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 14 de agosto de 2011

Jordi MB feat. Jason Rene - Lady (Say hey)

Interesante tema que nos trae Jordi MB. Este tema estao a rachar en moitas pistas de baile este verán. Presenta unha melodía moi sinxela, pero resultona no fondo, e un vocal que o fai moi atractivo, na liña dos éxitos do verán.
Cando o escoito recórdame a algún tema de Abel Almena cando producía as cancións da discoteca catalana Millenium.
Aquí o podedes escoitar:

sábado, 13 de agosto de 2011

Ti-Mo - 2 The back

O conocido productor de temas e remixes hands up está a puntiño de sacar un novo album. De momento pouco se sabe del, pero parece que vai incluir polo menos dous temas, "2 the back" e "The rhythm".
De momento podemos escoitar un adianto deles, que aportan unha melodía moi enérxica, donde nos mostra o seu típico estilo hands-up.

Ti-Mo - 2 the back:

Ti-Mo - The rhythm:

viernes, 12 de agosto de 2011

Unhas adaptacións de temas da man de Peter Lee Johnson

Hoxe traivos un par de videos dun rapaz que sinceramente me encantaron. Ten unha maña sorprendente co violín!
O que fai é utilizar a base dun tema e acompaña a melodía co seu violín. Un par de exemplos son estes:

- Edward Maya - Stereo Love. Un dos hits do verán pasado que tanto escoitamos. Peter en duas escenas, que despois fusiona, acompaña perfectamente a melodía, dandolle un toque perfecto:

- Swedish House Mafia - Save The World. O meu tema preferido deste ano no campo do house. Un pouco froxiño dende o meu punto de vista, xa que o volume do violín é moi superior ó da canción e non me acaba de convencer, pero o resultado é moi bo:

- Rihanna - Only Girl. Este é para dez. Dalle un toque fantástico ó tema:

- Katy Perry - Firework. Non me digades que lle queda fenomenal o toque de violín a este tema? Non sei, ahora que o escoitei así, a orixinal non me gusta tanto:

jueves, 11 de agosto de 2011

Gabry Ponte vs. Gigi D'Agostino - Skyride will fly with you (D@niele Tek mix)


Hay unhas semanas traiavos como novidade o último tema de Gabry Ponte "Skyride".

Hoxe, presentovos un mash up que realizou D@niele, un dj más coñecido no mundo italodance por grandes remixes co seudónimo de D@ny85DJ.

Uniu o tema de Gabry co "I'll fly with you" de Gigi D'Agostino. Se vos dades conta, teñen unha estructura un tanto parecida, por eso encaixan tan ben. Moi bo traballo, xa que uniu tan ben a melodía como os vocales.

Podedes escoitala dende aquí:
Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace: http://www65.zippyshare.com/view.jsp?locale=es&key=34411748

miércoles, 10 de agosto de 2011

Dj Spampy Engel - The love of my heart (Dance Rocker remix)

Novas interesantes dende os estudios Italo Rumble Digital. Desta vez chéganos o remix por parte de Dance Rocker do tema de Dj Spampy Engel titulado "The Love Of My Heart".
Unha melodía máis "light" do habitual en Dance Rocker, xa que soe usar uns baixos máis potentes.
Podes escoitar o tema aquí:

martes, 9 de agosto de 2011

Dj Odie - Dance for life vol. 2 (Edición Djs from Mars)

Esta semana grabei unha sesión electrohouse feita por min con varios temas dos Djs from Mars.

O tracklist é o seguinte:
1. Marco van Bassken - Minnie the Moocher (Djs from Mars club remix)
2. The Bootles - Twist and shout (Djs from Mars bootleg remix)
3. Ekowraith - Waiting for tonight (Djs from Mars club remix)
4. Anady and Grey feat. n.d.a. - Walking in Memphis (Djs from Mars club remix)
5. Andrew Spencer & The Vamprockerz - Zombie 2k10 (Djs from Mars remix)
6. Gianni Coletti - Gimme fantasy (Djs from Mars club remix)
7. Club Crusaders - Live it up (Djs from Mars dub remix)
8. Picco - Venga (Djs from Mars remix)
9. Dirty Impact Vs. Royal XTC - Toms diner (Djs from Mars club remix)
10. Adele vs. Robin S - Show me in the deep (Djs from Mars classic club bootleg)
11. Rudy mc - Rock this club (Djs from Mars club remix)
12. Lysark & Simone Farina feat. Karima - Stay (Djs from Mars club remix)
13. Picco vs. Djs from Mars - Can't come home (Djs from Mars club remix)
14. Dj Wildcut - Last resort (Djs from Mars human club mix)
15. Evanescence - Bring me to life (Djs from Mars bootleg)
16. Mish - Overload (Djs from Mars remix)

Podedes escoitala e descargala aquí:

Ou descargala dende aquí:
http://www.hulkshare.com/dl/vg3l90pwwhds/Dance_for_life_vol._2_%28Edici%C3%B3n_Djs_from_Mars%29.mp3?d=1

Aviso, hai algunha cabalgada e erros, pero bueno, eche o que hai!

Espero que vos guste :-)

lunes, 8 de agosto de 2011

Deadmau5 - Knights of Cydonia vs Harder better faster stronger

Este mash up ponme os pelos de punta cada vez que o escoito! Sen dúbida, este rapaz nunca deixará de sorprenderme!
Deadmau5 estructura perfectamente estes dous temazos, un clásico dos Daft Punk como é o "Harder better faster stronger" co "Knights of Cydonia" de Muse.
Sen máis, aquí o podedes escoitar:
 

domingo, 7 de agosto de 2011

Gigi D'Agostino - Stay with me

Hai uns dias sacaba a palestra un tema de Gigi D'Agostino e hoxe mostrovos a última producción deste xenio.
O tema non é novo, xa que estaba editado no seu disco "Ieri e Oggi", pero modificou a melodía para facela máis atractiva, rítmica e acorde co estilo italodance.
Non sei a vos, pero a min paréceme un regalo para os oídos. Todo un señor vocal (para os curiosos é a súa voz) acompañado dunha melodía perfecta. Sempre o digo, cando Gigi mete as máns sempre quita unha bomba e esto non iba ser menos.
Podedes escoitar un adianto aquí:

sábado, 6 de agosto de 2011

Lady Gaga - The edge of glory (Sultan & Ned Shepard remix)

Esta rapaza ten unha voz prodixiosa. Éncántame o rexistro melódico que ten.
O que vos traio hoxe é un remix house progresivo do tema "The edge of Glory" da man de Sultan & Ned Shepard. Nalgún momento da canción, recordame a temas do gran Deadmau5 ou ó tema dos Guns'N'Roses titulado "Sweet child o mine". Moi bo a verdade.
Podelo escoitar aquí:

viernes, 5 de agosto de 2011

Favara Dj feat. BlitzdiPluto - Fino all'alba (Dj sTore remix)

Dj sTore tráenos o seu novo remix do tema "Fino all'alba". Italo como o que se escoitaba hai un par de anos.
Resultame curioso o ben montado que está este tema. Un vocal con mensaxe e que resulta moi agradable e unha melodía que parece feita perfecta a medida para o tema, moito mellor ca o tema orixinal.
Escoitao aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www27.zippyshare.com/v/80622785/file.html

jueves, 4 de agosto de 2011

Yinon Yahel feat. Emmi - Tonight (The Perez Brothers remix)

Son contundente da man dos Perez Brothers, como nos teñen acostumados. Uns baixos potentes para acompañar a voz a voz anxelical de Emmi.
Podedes aprecialo aquí:

miércoles, 3 de agosto de 2011

Gigi D'Agostino - Lo sbaglio

Había tempo que non escoitaba ningunha producción deste excéntrico xenio musical, un dos meus djs preferidos senon o que máis.
Este tema segue a súa xeira de produccións do estilo que inaugurou alá a principios do ano 2000, como é o lento violento.
Como sempre, Gigi aplicando un cúmulo de ideas e sentimentos combinandoos neste tema para dar lugar a un tema espectacular tanto na melodía como no vocal.
Podedes escoitalo aquí:

martes, 2 de agosto de 2011

Armin van Buuren feat. Nadia Ali - Feels so good (Tristan Garner remix)

Encántame este remix do novo tema de Armin van Buuren. Tristan Garner crea un tema espectacular cuns pequenos toques de enxeño que o fan delicioso.
Podedes botarlle un vistazo aquí:

lunes, 1 de agosto de 2011

Avicii - Fade into darkness

Como non podía se doutra maneira, o deus Avicii volvenos a traer un temazo das súas máns. Desta vez sorpréndenos cun vocal simple, pero que unido á melodía hipnótica o fai irresistible.
Escoitao aquí: