Instinto dance

martes, 31 de enero de 2012

Laurentiu Duta feat. Andreea Banica - Shining heart

Antes de seguir, por favor, fai o seguinte:
Volume    ııııııııııııııııııııııııııııı[­] %100
Bass           ııııııııııııııııııııııııııııı[­] Max

Temazo dende as terras rumanas de parte Andreea Banica, unha das mellores voces destas terras do este de Europa. Como non podía ser doutra maneira, atopámonos con house rumano, ese estilo que tanto están a cultivar nesas terras e do que nos chegan poucas novidades, pero esas pequenas pingas posúen unha calidade impresionante que invitan a bailalas dende o primeiro compás do tema.

Podes escoitalo tema aquí:

lunes, 30 de enero de 2012

Dj Matrix - La tipica ragazza italiana (Dj Maxwell remix)

Non podo ocultar que me encanta Dj Maxwell. Todo tema que toca me parece expléndido. Neste novo proxecto, fai un remix do tema de Dj Matrix, que saleu á venda hai algo máis dun ano.

Entrando a falar do remix, atopámonos cun Lento Violento en estado puro, cuns beats marcados que fan do tema algo moi elegante e coidado.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 29 de enero de 2012

Dan Balan - Freedom (Dj Seleco & Dance Rocker remix)

Outra vez o lograron facer. A alianza productora entre Dj Seleco e Dance Rocker non fai máis ca facer remixes que cada vez que os escoito me deixan ca boca aberta.

Nesta ocasión botaronlle as mans ó tema de Dan Balan titulado "Freedom" e modificaron o tema adaptándoo ó estilo italo, dandolle unha melodía grandiosa, que debes escoitar.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o soundcloud de Dj Seleco ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/djseleco/dan-balan-freedom-dj-seleco-e-dance-rocker-remix/download

sábado, 28 de enero de 2012

Lady Gaga vs. Enrique Iglesias - Born this way vs. I like how it feels (3dgarFast400 feat. Anthony70099 mash up)

3dgarFast400 nunca deixa de sorprenderme. Ten unha cabeza máxica para crear mash ups que encaixan moi ben.

Desta volta tocoulle vez ó vocal do "Born This Way" de Lady Gaga e á melodía do "I like how it feels" de Iglesias. Realmente fantástico dende o primeiro segundo de escoita.

Podes ver o videoclip oficial do mash up aquí:

viernes, 27 de enero de 2012

Colina - Du & ich (Money-G remix)

Este é o claro exemplo que algo light, donde non se cargou moito a man en melodías moi traballadas da como resultado algo orixinal e moi atractivo.

Money-G soupo tirar dun vocal, que todo sea dito ben podía ser un pouco máis vivo, e facer un remix moi interesante, donde a melodía é cálida e repousada en certos momentos, pero que cambia radicalmente de tercio noutros dándolle moita máis efusividade.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 26 de enero de 2012

Steve Aoki feat. Wynter Gordon - Ladi dadi

Steve Aoki alónxase un pouco da estilo de música que tanto lle gusta ó público en xeral, nun xénero como é o house progresivo, e achégase máis ó que ven sendo o house comercial (cuns toques duros en certas partes do tema) con este novo álbum "Wonderland". Vexo un cambio importante ós últimos temas que nos ten ofrecido, como son o "No Beef" xunto a Afrojack ou o "Tornado" xunto a Tiësto.

Este tema conxunta ó mestre Aoki cunha gran voz, como é a de Wynter Gordon para dar á luz a un tema realmente interesante que merece a pena escoitar.

Podes velo videoclip oficial aquí:

miércoles, 25 de enero de 2012

DJ Kuba & Ne!tan - Take it to the top (Cherry Coke 'Levels' remix)

Xa a versión orixinal deste "Take it to the top" me resultou moi agradable e completa, pero eso non llo pareceu a Cherry Coke, que quixo rizar máis o rizo e facer un remix deste tema. Para esto decideu cambiar parte do ritmo por algo que soou moito neste 2011 pasado e decideu aplicarlle uns toques do "Levels" de Avicii, dando como resultado algo realmente espectacular.

Podes escoitar o remix aquí:

martes, 24 de enero de 2012

Avicii - Levels (Direct remix)

Direct amósanos o seu novo remix. Desta vez o tema elexido é o "Levels" de Avicii.

Moi no ambiente do fidget e o house é polo que se move a melodía deste tema. A estructura está moi cambiada, conservando nunhas certas partes do tema o valor da orixinal. Este toque dalle unha personalidade distinta que me encanta.

Podes ver o videoclip oficial do remix aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o soundcloud oficial de Direct ou dende o seguinte enlace:
http://hulkshare.com/kv0czlwpz1s4

lunes, 23 de enero de 2012

Sunrise Inc - Niña (2012 version)

O house rumano sigue o mesmo que o conocido dito que o de unha coñecida marca de cervexas: "Donde vai triufa".

Non hai máis que ver a cantidade de artistas que siguen este estilo e non paran de soar como poden ser Inna, Alexandra Stan, Edward Maya, Radio Killer ou André Olà. Outros que se subiron ó carro é que non lles vai nada mal son Sunrise Inc.

Proba desto é a nova edición do seu "Niña", tema canatado en español cunha melodía típica do house rumano e que tanto éxito lles deu este ano pasado. Sen embargo, este ano decidiron crear un remix tocando uns detalles pequenos que a fan moito máis adictiva ainda.

Podes ver o videoclip oficial aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www8.zippyshare.com/v/8390566/file.html

domingo, 22 de enero de 2012

Kele vs. Sander van Doorn feat. Lucy Taylor - What did I do‏

Sander van Doorn bríndanos o seu novo traballo en colaboración con Kele e Lucy Taylor.

A aposta pola mestura de ambos vocales, tanto do masculino por parte de Kele coma o feminino por parte de Lucy Taylor, xunto ca melodía fai que o mundo se pare por un momento para poder escoitar esta marabilla e tras esto todo volva a funcionar como antes.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 21 de enero de 2012

Avicii & Nervo Twins - You're gonna love again

Ingredientes:
- 100 gramos de grandes ideas.
- 100 gramos de Nervo Twins.
- 100 gramos de Avicii.
- 100 gramos de vocal pegadizo.
- 100 gramos de melodía abraiante.

Preparación:
Engadimos pouco a pouco os 100 gramos de grades ideas nun novo proxecto. Despois mesturámos os 100 gramos de Nervo Twins e os outros 100 de Avicii e deixamos que saquen todo o seu xugo. Tras esto, engadimos os 100 da melodía abraiante. Sacámolo e espolvoreamos por arriba cos 100 gramos de vocal pegadizo "et voilà!", aquí temos un novo tema froito da grande colaboración entre Avicii e as Nervo Twins que fará que quedes coa boca aberta.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 20 de enero de 2012

Miguel Valbuena - La música

Xa podemos disfrutar do novo album de estudio dun dos mellores productores da nosa terra galega. Que non se diga que en galicia non hai productores bos!! XD

Neste novo álbum podemos atopar temas electro, como o "Mysterious times", que todo sea dito, é unha das mellores versións que teño escoitado, e bos temas hands up, como o "Jump in zero G" ou o "La música", para min o mellor tema de todo o álbum. A letra é deliciosa e o ritmo que a acompaña está moi á altura deste.

Podes escoita o "La música" aquí:

jueves, 19 de enero de 2012

Mord Fustang - We are now connected

Este home non para! Nun mes lanzou ó mercado o disco "Noize On Demand" e despois o "We Are Now Connected", que hoxe vos mostro.

Neste novo sinxelo, Mord Fustang traenos un son electro house no que podemos apreciar unha producción impecable, trazado con moita precisión, e no que no que trata de contaxiar unha vertixinosa enerxía.

Podes escoitar unha previa do tema aquí:

miércoles, 18 de enero de 2012

Richard Grey - Lady (Federico Scavo remix)

Nile Rodgers e Bernard Edwards, máis coñecidos como Modjo, escoitando o tema de Chic titulado "Soup For One", tiveron a idea de compoñer un tema utilizando o sample de guitarra deste tema. Desta maneira publicaron no ano 2000 un dos temas máis soados no panorama house dese ano, como é o "Lady". Tanto foi o éxito, que chegou a poñerse número 1 nunha lista tan importante como é a do Reino Unido, donde estivo liderando a taboa durante dúas semanas, e como segunda nas listas de Alemaña.

Hai poucos días, Federico Scavo, decideu brindarlle un novo remix, dandolle un toque renovado ó tema, cun house máis renovado, pero mantendo o espírito do anterior.

Podes escoitalo aquí:

martes, 17 de enero de 2012

DomyP & Gb feat. Sheby - Your spirit wants me

Había tempo que non escoitaba nada tan bo no panorama italodande.

DomyP soupo exprimir ó máximo a súa creatividade neste tema, donde a melodía é xenial, recordando a tempos dourados da época reinante do italodance nas pistas de baile. O vocal está moi ben estructurado e é magnífico.

Eso si, quero darlle dende aquí un tirón de orellas a Planeta Mix Records, xa que está usando moi a voz de Sheby nos últimos traballos italodance ainda que a súa voz é moi boa, debería variar algo os cantantes.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 16 de enero de 2012

Mike Candys - Together again

Un dos djs revelacións deste ano, como é Mike Candys, traenos o seu novo tema, donde podemos seguir escoitando o seu son propio, tanto que me recorda o seu anterior tema "One Night In Ibiza", que tanta fama lle deu.

No apartado vocal volve a contar cunha moi boa voz feminina. Esta voz dalle un toque de calidade ó tema excepcional, tanto que creo que a metade do éxito é dela.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 15 de enero de 2012

Velvet - My destiny (Sh!t Happens bootleg)

A cantante sueca Velvet sorprendíanos no ano 2010 co seu tema "My destiny". O vocal era moi bo e esto fixo que ó pouco tempo os remixers hands up se pelearan entre eles para sacar o mellor tema con este vocal.

Remixers tan importantes como Flashtune, N-Vision ou Bazz Catcherz meteron as mans para quitar o mellor son con este tema. Sen embargo, estes días Sh!t Happens sorprendeunos cun novo remix deste tema, ó que creo que hai que prestar atención, xa que a parte de ser un tema que deberias escoitar se che gusta este estilo, é o mellor remix hands up do tema orixinal.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 14 de enero de 2012

Duck Sauce vs. Molella - Discotek Streisand (Teo Crema bootleg)


Impresionante é o adxectivo que mellor calificaría a este mash up.

Teo Crema soupo combinar á perfección dous grandes temas, un o "Barbra Streisand" de Duck Sauce e o outro o "Discotek people" de Molella. O resultado non pode soar mellor.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o soundcloud oficial de Teo Crema ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/matteocrema/duck-sauce-vs-molella-discotek/download

viernes, 13 de enero de 2012

Anya - Beautiful world (Da Brozz remix)

Un vocal que encandila o oído e a melodia que presenta crea un remix moi interesante. Ainda que é un house un pouco lixeiro, os detalles que mostra no seu remix Da Brozz fano merecedor de nomear.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 12 de enero de 2012

Axwell feat. Steve Edwards - Watch the sunrise (Viduta Remix)

Son moi contundente é o que nos trae Viduta, cambiando o tema orixinal completamente dende o house latino a outro estilo completamente diferente en forma de dubstep.

Axwell deulle un vocal moi prometedor a este tema, pero creo que se equivocou ó darlle ese toque de melodía latina e que Viduta logrou resolver aplicando o seu estilo particular.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 11 de enero de 2012

L!mitless - Nothing you can do (N-Vision remix)

N-Vision participa no album de L!mitless titulado "Nothing you can do" cun remix no estilo do que se lle da tan ben, como é o hands up.

Gustoume a idea de engadir ó tema uns toques dubstep, estilo que tan de moda está últimamente, e que lle dan personalidade propia. Un pouco raro a primeira vez que o escoitas, pero que combina perfectamente, e incluso me atrevería a decir que o tema non sería tan atractivo se non engadira eses toques.

Podes escoitalo aquí:

martes, 10 de enero de 2012

Katerfrancers Vs. Floorfilla - Lei che vuole L'Anthem (Cabox mash up)

Moito me gustou este mash up dende os primeiros compases que amosa, xa que inclue un clásico como é o "Anthem 4", non a versión eurodance, senon a versión electro creada hai máis ou menos un ano por Dj Cerla e Marvin como homenaxe ó décimo aniversario deste clásico.

Como vocal Cabox decidiu incluir un tema que está a soar moito debido ós seus remixes (un deles é o de Alien Cut, do que falei hai uns días), como é o "Lei Che Lo Vuole" de Katerfrancers.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:

lunes, 9 de enero de 2012

Hinojosa feat. Mr Chris - Princesa

Xa temos para a escoita o novo tema dun dos ases do son electro e latino. Estamos a falar de Hinojosa, un dos integrantes do grupo Hinojosa & Zambrano, do que seguro xa escoitaches temas, como o "Suave", o "Magalesca" ou o "Porno", que os fixeron tan coñecidos.

Nesta nova producción, Hinojosa xúntase con Mr Chris e usa ese ritmo característico co que nos ten acostumados para dar lugar a algo moi comercial e que ten esa chispa para chegar alto nas listas de éxitos.

Podes escooitalo aquí:

domingo, 8 de enero de 2012

Dj Tiësto - Maximal crazy

Púramente house progresivo no plano melódico é o que nos amosa na súa nova creación o mestre Dj Tiësto.

Ponme os pelos de punta a xenialidade que emana este tema. Tanto nos subidóns que presenta como nas partes máis "suaves", fano realmente incrible.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 7 de enero de 2012

Karmin Shiff feat. Juliana Pasini & Kryz Santana - Ole olà (Dani B & Dark Angel remix)

Realemente adictivo o sonido que podemos apreciar neste remix. Advírtoche que non vas poder escoitalo unha vez.

A melodía fai que se che quede na cabeza, xa que é rompedora e nalgúns puntos do tema cos seus subidóns fana esquisita. O vocal é puramente comercial, o que fai que o cantes acompañando ó tema.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 6 de enero de 2012

Sebastian Ingrosso & Alesso vs. Kim Lukas - Let it be the night calling (Luke DB mash up)

Realmente fantástico este mash up de Luke DB. Poñede o son a todo volume porque esto vai facer que bailedes e botedes a máis non poder (e tirar as paredes abaixo. Avisados quedades XD).

Collendo como base a colaboración de Sebastian Ingrosso e Alesso titulada "Calling", Luke DB engadiu o vocal do "Let It Be The Night", ese tema que tan famosa fixo a Kim Lukas xunto co "All I really want" cara principios deste novo milenio.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 5 de enero de 2012

Example - Change the way you kiss me (Phobia & Shaker tricky mix)

Tomando como base o tema de Example titulado "Change the way you kiss me" e cambiando o rexistro de house a hands up, Phobia & Shaker crean algo moi interesante.

Engadindolle algo máis de pitch e cuns beats máis marcados, o resultado é o que podedes escoitar, algo realmente abraiante.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 4 de enero de 2012

Lady Gaga vs. Afrojack - Judas (Take Over Control mash up remix)

Delicioso este novo mash up de 3dgarFast400.

Soupo unir con maestría e enxeño dous grandes temas como son o vocal do "Judas" de Lady Gaga e a parte melódica do tema de Afrojack titutlado "Take over control". Como vedes o resultado é fantástico.

Podes escoitalo aquí:

martes, 3 de enero de 2012

Gabry Ponte vs. Martillo Vago - Skyride porque no (Mash up)

Xa falara no seu momento do tema orixinal e incluso fixera outra entrada cun mash up deste tema co "I will fly with you" de Gigi D'Agostino, pero hoxe volvo a traer un mash up moi bo.

Desta vez, mesturouse coa melodía "Porque no" de Martillo Vago, un tema que se levades tempo escoitando música dance seguro que recordaredes. Polo menos eu recordo con cariño, xa que a letra, en ton protesta, merece ser escoitada.

Aquí vos queda:

lunes, 2 de enero de 2012

Get Far feat. H-Boogie - The radio (Sunvibez tribute to Ti-Mo)

incrible: 1. Que non se pode crer ou que é difícil de crer. 2. Sorprendente, abraiante. 3. Producción onde mete as mans Ti-Mo

Se o diccionario o di será certo. Calquera tema no que polo medio ande Ti-Mo acaba converténdose en temazo. Ainda que hai que engadir un pero, xa que non é realmente de Ti-Mo, senon que é un tributo de Sunvibez lle brinda a Ti-Mo, dende usa o mesmo ritmo, beats e ideas do gran xenio alemán.

Hai que decir que o remix parte dunha base moi boa, xa que o tema orixinal de Get Far (que recordos cando facía temas italodance co seudónimo de Fargetta), en rexistro house, roza a perfección, e donde o vocal, cun papel moi importante, leva unha calificación baixo o meu punto de vista de cinco estrelas.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 1 de enero de 2012

Mirko Rinaldi - Start again (Menegatti & Fatrix remix)

Moi pero que moi boa a combinación melódica deste tema. Paréceme que a idea que buscaban estes dous remixers foi perfecta.

O vocal paréceme normal, nada fora do común. De feito encóntrolle un pero, xa que para o meu gusto baixaríalle un chisco a ganancia, porque en certos tramos do tema está moi por arriba da melodía e non queda moi atractivo.

Sen máis, podes ver o videoclip oficial aquí: