A entrada de hoxe vai para un tema que se fixo moi conocido en España gracias a unha discoteca catalana, a discoteca Chasis.
Corría o ano 2000 cando un dueto de música chamado os Olsen Brothers se presentaron ó concurso de Eurovisión por parte de Dinamarca cantando a canción "Fly on the winds of love". A canción gustou e Dinamarca levou ese ano o festival da canción europea.
Máis ou menos un ano máis tarde, esta discoteca catalana remezclaría a canción "Fly on the winds of love" dandolle un toque máis bacalao, estilo que triunfaba naqueles momentos na costa mediterránea. O tema seguía conservando o vocal, pero esta vez cantado por unha voz femenina, e claro está, cun pitch máis acelerado.
Este ano, coa colaboración da canante Eva Martí, sale á venda un novo remix deste tema, desta vez remezclado en versión house. Aquí vola deixo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario