Instinto dance

viernes, 31 de agosto de 2012

Avicii - ID (Asalto's summerburst remake)

O tema orixinal é realmente bo, pero este toque de Asalto riza o rizo e remata os pequenos buratos que creo que lle faltaban ó tema orixinal deste tema tan popular de Avicii.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 30 de agosto de 2012

Madeon - The city

Todo o que toca este rapaz se convirte en ouro. Despois de sorprendernos co mellor remix do album do "The night out" de Martin Solveig xa podemos escoitar o seu novo tema, titulado "The city" e donde nos segue a sorprender co seu bo facer nos temas.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 29 de agosto de 2012

Nause - Hungry hearts

Unha melodía moi interesante, que no estribillo saca todo o seu xugo, dandolle un toque espectacular, usando un sintetizador moi polo estilo do dos temas máis famosos de Avicii, como o "Levels". En canto ó vocal, algo comercial moi adictivo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 28 de agosto de 2012

De-Liver - Club Certified Vol. 1

Mash up dos mellores temas deste 2012 e 2011 en versión hands up. Entre eles podemos escoitar a versión vocal do "Calling" de Ingrosso e Alesso, o "Loca people" de Sak Noel, o "Internet friends" dos Knife Party, o "Satisfaction" de Benny Benassi ou o "Sexy and i know it" dos LMFAO entre outros.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 27 de agosto de 2012

Bryan Wilson feat. Sebastian Crayn - Ate a noite parar (The Perez Brothers remix)

Tema divertido e descarado dos The Perez Brothers.

Tras escoitar o tema orixinal do "Ate a noite parar", quédome con este remix dos The Perez Brothers, moito máis atractivo e potente.

Podes escoitala aquí:

domingo, 26 de agosto de 2012

666 - Supa dupa fly (Freddy remix 2012)

Un dos temas que tan famosos fixeron ó dueto 666 alá polo ano 2001.

Ahora Freddy dalle unha segunda vida con ese italo que tan ben sabe facer e que tanto gusta.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 25 de agosto de 2012

Basto - Bonny

Parece que Basto fixo unha metamorfose e cambiou un pouco o seu estilo para pasarse a algo máis contundente, como é este "Bonny"

Realmente espectacular, cunha melodía moi adictiva que engancha.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 24 de agosto de 2012

Calvin Harris vs. Example vs. Ingrosso & Alesso - Feel so close vs. We'll be coming back vs. Calling

Realmente xenial este mash up.

Tomando como base o "Feel so close" de Calvin Harris, o "We'll be coming back" de Calvin Harris e Example e o "Calling" de Alesso e Sebastian Ingrosso, atopámonos con esta maxia que podes escoitar máis abaixo.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 23 de agosto de 2012

Gusttavo Lima - Balada boa (Chutneystylez vs. Wakesun remix)

Despois de escoitar moitas veces o tema de Gusttavo Lima titulado "Balada boa", por fin o podemos escoitar nun bo estilo hands up.

Chutneystylez e Wakesun toman o tema orixinal e danlle un novo aire moito máis atrevido en versión hands up.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 22 de agosto de 2012

Hard Rock Sofa - Kaleidoscope

Os rusos Hard Rock Sofa traennos un tema cuns matices moi similares ós temas dos Swedish House Mafia, como o "Antidote" ou o "Greyhound", cuns engadidos que quedan moi ben.

Podes escoitalo aquí:

martes, 21 de agosto de 2012

Gabry'n Style vs. Aycan - Lambada (Gabry'n Style vision)

Este rapaz nunca deixa de sorprenderme.

Desta volta meteu as mans no tema orixinal de "Lambada" de Aycan para darlle o seu toque personal, como non, co seu estilo italodance cunhas pingas de hard dance style. Todo un acerto.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 20 de agosto de 2012

Drums of London feat. Louise Bagan - Girls girls girls (Jordi MB & Albert Kick remix)

Despois de escoitalo na súa nova producción titulada "Heroes", podemos escoitar o novo remix de Jordi MB.

Un dos temas que máis remixes está tendo é este "Girls girls girls" dos Drums of London. Jordi MB e Albert Kick parten deste vocal e crean un tema moi bailable, que poderemos escoitar moitas noites de festa, e senon verás ;-)

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 19 de agosto de 2012

Tujamo & Plastik Funk vs Deniz Koyu - Who's bong legend? (Simon de Jano bootleg)

Vaia pedazo de mash up que acaba de facer Simon de Jano!

Entre outros inclue o "Who" de Tujamo & Plastik Funk e o "Tung!" de Deniz Koyu, que mesturados como sabe el, dan un resultado espectacular.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 18 de agosto de 2012

Sunset Project - Welcome back (Crystal Lake edit)

Xa podemos escoitar o novo destes dous delincuentes bautizados como Crystal Lake.

De novo frescura nas súas melodías acompañado dun vocal moi bo, que da como resultado esta gran tema.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 17 de agosto de 2012

Fedde Le Grand & Nicky Romero - Sparks

Cando dous djs de calidade se unen nunca sacan nada malo.

A colaboración entre Fedde Le Grand e Nicky Romero foi moi fructífera, xa que podemos escoitar o seu novo tema, titulado Sparks, que como non podía ser doutra maneira é brutal.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 16 de agosto de 2012

Sak Noel - Where? (I lost my underwear)

De novo ese carácter sinverguenza que tanto nos gusta de Sak Noel volve a golpearnos.

De novo una melodía facilona acompañada dun vocal con gancho volveu a rondar pola cabeza deste xoven productor, que o sacou a relucir neste seu novo tema.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 15 de agosto de 2012

Basto - I rave you (Give it to me)

Como sempre Basto deixanos coa boca aberta.

Tema pata negra donde nos segue amosando o seu estilo, que irradia bo facer polos catro costados. Acompáñao dun pequeno vocal, como nos ten amosado noutras ocasións en temas anteriores.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 14 de agosto de 2012

Liviu Hodor feat. Mona - Be free tonight

Vaia vozarrón tes esta rapaza.

Unha voz que quita o hipo, como nucleo deste tema, e unha melodía dance moi ben producida e buscada son os inredientes deste tema.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 13 de agosto de 2012

Lolita Jolie - Non non non (Rocco & Bass-T vs. Basslovers United remix)

Coidado co que traio hoxe xente, que pode ser que o esteas a escoitar unha e outra vez.

Estando Rocco & Bass-T e os Basslovers United polo medio qué podía sair mal, verdade? Unha verdade como un templo, e senon escoitade o tema, que esa melodía que trae é totalmente adictiva. Non sei ti, pero eu non podo parar de escoitala!!

Podes escoitala aquí:

domingo, 12 de agosto de 2012

Keemeraloop vs. Tony La Rocca & Valerio M. feat. Jeffrey Jey - You got that thing (Dj Cillo remix)

Hay un par de días falaba nesta entrada da participación de Jeffrey Jey, o ex cantante dos Eiffel 65, no proxecto de Blissenobiarella. De novo podémolo ver noutro proxecto da productora Blissco, no que desta vez traballa con Keemeraloop e Tony La Rocca e Valerio M. no vocal.

De entre todos os remixes que se presentaron ó concurso para poder facerse un burato nos remixes do disco chamoume a atención este de Dj Cillo, poderoso e creativo a partes iguales, donde aproveita moi ben o vocal para dar unha experiencia brutal.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 11 de agosto de 2012

Marc Hill feat. S-Tream! - Hello you (Vanilla Kiss Remix)

Vaia remix máis interesante que nos ofrece o alemán Vanilla Kiss.

Partindo do tema orixinal do "Hello you", do que non me acaba de convencer, fai unha obra mestra.

Podes escoitar unha previa aquí:

viernes, 10 de agosto de 2012

Cash Cash - Michael Jackson

Despois de escoitalo volveras a facelo de novo, seguro.

Un pequeno homenaxe que Cash Cash lle fai ó rei do pop, como se pode apreciar no título. Totalmente comercial e que xunta un dubstep moi lixeiro, pero resultón.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 9 de agosto de 2012

Tacabro vs. Gabry Ponte - Time to tacata with Geordie (Deejay-Jany mashup remix)

Quen a día de hoxe non coñece o o "Tacata" dos Tacabro?

Deejay-Jany experimentou e engadiulle ó vocal do tema orixinal a melodía do tema máis coñecido de Gabry Ponte, o "Geordie" e un pouco do vocal do "Time to rock". O resultado é realmente interesante.

Podes escoitalo aquí:



Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de Deejay-Jany ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/deejayjany/tacabro-vs-gabry-ponte-time-to/download

miércoles, 8 de agosto de 2012

Power Francers - Issima (Gabry'n Style remix)


De novo Gabry'n Style cos seus remixes.

Desta volta algo que baila entre o maranza e hard dance style na súa melodía contando co "Issima" dos Power Francers, grupo que está a dar moito que falar últimamente.

Podes escoitalo aquí:

martes, 7 de agosto de 2012

ItaloBrothers - My life is a party

Despois de contar con varias filtracións nos que escoitábamos o remix de R.I.O. deste "My life is a party", por fin podemos escoitar a versión made in ItaloBrothers.

Sen dúbida non é un dos seus mellores temas, pero non está de todo mal. Recorda moito a aquel éxito que fixera famosos ós O-Zone titulado "Dragostea Din Tei".

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 6 de agosto de 2012

Rihanna vs. David Guetta & Avicii - We found love (Sunshine remix)

Extraordinario este mash up de 3dgarFast400.

Se por separado o "We found love" de Rihanna e o "Sunshine" de David Guetta e Avicii eran bos, en mash up é besitial!.

Podes escoitalo aqí:

domingo, 5 de agosto de 2012

R.I.O. Feat. U-Jean - Summer Jam

Ano 2000. Neste ano ocorren cousas tan importantes como que a masa atopa restos de auga xeada en Marte, AC/DC publica un dos seus maiores éxitos como é o "Stiff upper lip", o tema "Fly on the wings of love" dos Olsen Brothers gaña a XLV Edición de Eurovisión e os The Underdog Project editan o tema que os faría coñecidos por todo o mundo, como é o "Summer Jam".

Este ano R.I.O., un dos máis famosos productores da música electrónica, xunto con U-Jean como vocalista fanlle un pequeno homenaxe a este gran tema cambiandolle o estilo R&B a un dance máis comercial.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 4 de agosto de 2012

UMIND - Don't you want me (ItaloDance edit)

A colaboración entre Dj Dagma, GuaX e Paul Neville (Dj-EviL) crea este novo grupo, UMIND. Nesta colaboración crean este remix do "Don't you want me" tema da música eurodance da época dos 90 de Savage.

Unha melodía da que estamos acostumados a escoitar nas produccións de Dj Dagma, que bebe moito dese estilo dos 90 e dos Eiffel 65, casa cun vocal delicioso.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 2 de agosto de 2012

Bob Sinclar - Groupie

Realmente interesante este novo tema de Bob Sinclar, un dos mellores djs franceses.

Os fans do italodance acordaranse dun tema que DJ Lhasa produciu no ano 2002 titulado "Pinocchio". Pois ben, este "Groupie" de Bob Sinclar recolle a melodía deste tema engadíndolle esta letra e un aire máis vintage.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 1 de agosto de 2012

Dj Odie - Dance for life vol. 4 (The italodance attack)


Aquí vos deixo unha sesión italodance remember que grabei onte.

Tracklist:
1. Camelot - Ginevra (Excalibur mix)
2. Maldox feat.C.Y.T. - Wherever you go (Luna Felix extended)
3. Miguel Valbuena & Leivas - Shine (Siculand extended remix)
4. Queen - We will rock you (Gabry Ponte remix)
5. Thomas - Show me the way (Promiseland extended remix)
6. Co.Gu.Ia and White - Lady (Extendedmix)
7. Dj Satomi - With you (Extended mix)
8. JLuis Dj - My feeling (Freddy remix)
9. Paps'n'Skar - Vieni con me (Dj Maxwell remix)

Podedes escoitala e descargala aquí:

Ou descargala dende aquí:
http://www.hulkshare.com/dl/rho2dj3tm7eo/Dj_Odie_-_Dance_for_life_vol._4_%28The_italodance_attack%29.mp3?d=1