Instinto dance

viernes, 31 de mayo de 2013

Arston - Zodiac

Unha melodía que me encanta e me deixa ca boca aberta cada vez que a escoito. Pasa do dance ó house e a un dubstep en certos momentos que fai que o tema teña un estilo peculiar, pero que cumple moi ben.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 30 de mayo de 2013

Manian feat. Nicco - Tonight (Manox remix)

Manian, un dos xenios das produccións, únese a Nicco, vello coñecido de temas da compañía Zooland. Para este novo tema básanse en melodía dance, pero sen embargo Manox toma o vocal e dalle un cambio radical e pasao a hands up. Realmente bo.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 29 de mayo de 2013

Henrik B, Niklas Gustavsson, Peter Johansson - Echoes

Un inicio un tanto pobre, pero que pouco a pouco vai dando forma a un tema que medra en calidade segundo tras segundo. Un vocal delicado e sen moita viveza acompaña a unha melodía moi traballada.

Podes escoital aquí:

martes, 28 de mayo de 2013

Dipl. Inch - Superego

Tras o seu primeiro tema "Where's the church", temos entre nos o novo sinxelo dos Dipl. Inch. Moi comercial e con sons moi frescos, acompañado dun vocal que funciona realmente ben.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 27 de mayo de 2013

Julian Jordan - Ramcar

Unha melodía en certos momentos un pouco estridente, pero que convence pola súa calidade. Este novo productor ten moita imaxinación e esperemos que os novos temas que poidamos escoitar del sexan tan bos ou mellores que este.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 26 de mayo de 2013

Quintino & Alvaro - World in our hands

Tras o aclamado tema en colaboración con Sandro Silva, o "Epic" que tanto e tanto sonou en festivales da man de grandes djs Quintino volta á carga xunto con Álvaro para producir un tema moito máis comercial e con menos potencia, pero que rebosa calidade por todos os seus costados.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 25 de mayo de 2013

Syn Cole - April

Dende o selo LE7ELS, é decir, a discográfica de Avicii, chéganos o novo tema de Syn Cole, no que segue un estilo melódico moi similar ó remix que fixera do "Silhouettes" de Avicii e que tanto sorprendeu.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 24 de mayo de 2013

Alex M. vs. Marc van Damme - Technodisco 2.0 (Justin Corza meets Phillerz classic edit)

Que ben sona este "Technodisco 2.0". Gran remix por parte de Justin Corza e Phillerz, dandolle unha mellor cara que a versión orixinal, tan aburrida.

Desta maneira toman a base doanterior Technodisco de hay xa uns 5 anos para facer algo tan brillante coma esto.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 23 de mayo de 2013

Zedd feat. Foxes - Clarity (The Perez Brothers remix)

Xa podemos escoitar o novo remix dos The Perez Brothers, dandolle unha segunda vida a este "Clarity" de Zedd co vocal de Foxes.

Como sempre, caracterizado polo seu particular son e uns baixos con potencia.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 22 de mayo de 2013

Dj Samuel Kimkò - La zumbera

Tras pasar por moitos estilos musicales, Samuel Kimkò parece que finalmente se atopa cómodo no dance comercial. Proba desto é o último tema que acaba de lanzar, este "La zumbera", que creo que se vai escoitar moito nas pistas de bailes polo pegadiza que é.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 21 de mayo de 2013

Lolita Jolie - Moi lolita (G&G vs. Davis Redfield remix)

Era o ano 2000 cando Alizée, a xoven rapaza francesa de tan solo 16 anos, se facía famosa por o seu sinxelo "Moi lolita", chagando a vender máis de 2.5M de discos.

Hoxe, 13 anos máis tarde podemos escoitar unha répica deste gran tema de Alizée rebautizado para o xénero electro gracias ó vocal de Lolita Jolie e as mans de G&G e Davis Redfield.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 20 de mayo de 2013

Fedde le Grand - Rockin 'N' Rollin

Unha melodía espectacular é o que máis destaca deste tema, na que capta toda a atención, xa que o vocal non é demasiado elaborado, ainda que realmente lle queda ben combinado con esa base.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 19 de mayo de 2013

R.I.O. feat. U-Jean - Ready or not

Vellos coñecidos volven a facer de novo un tema que soa realmente ben.

Tras colaboracións entre eles nos "Turn this club around", o "Animal" ou o "Summer Jam", xa temos entre nos o novo tema destes dous.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 18 de mayo de 2013

Showtek & Noisecontrollers - Get Loose (Tiesto remix)

Que poderío e que enerxía trae este tema.

Tiesto é un dos mellores djs do mundo e eso queda claro escoitando este tema, donde plasma unha enerxía e un saber facer bestial.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 17 de mayo de 2013

Ke$ha - Take it off (Lowcash bootleg)

Encántame o estilo que pon nas súas produccións Lowcash. Para o seu novo remix optou por facer unha mestura do novo tema de Ke$ha, o "Take it off", que fai que soe moi ben.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 16 de mayo de 2013

Roma - Wake up

Con un perfil moito máis comercial chega este novo tema dos Paps'n'Skar, co seu característico vocal que tanto nos gusta, ainda que cunha base un pouco pobre para o meu gusto.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 15 de mayo de 2013

Avicii & Nicky Romero - I could be the one (Deejay-jany italo remix)

Se estivésemos nas épocas douradas do italodance este rapaz íba ser un dos nomes máis importantes do italo, xa que ten unhas grandes ideas e uns temas moi interesantes, como este espectacular "I could be the one" que tan ben sona.

Podes escoitalo aquí:

martes, 14 de mayo de 2013

Alesso vs. OneRepublic - If I lose myself (Alesso remix)

Alesso ese gran productor, cunhas melodías moi traballadas e con moito gancho, coma neste tema, donde se xunta coa banda estadounidense OneRepublic para este tema con tanto sentimento.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 13 de mayo de 2013

Don Cash & Baudo - Ahi na ma

Un tema moi fresquiño para este caluroso verán que está empezando a aveciñarse. Creo que pode ser un hit interesante na pista de baile de España, xa que o vocal españo ten gancho. De feito pode enganchar, xa que ten un vocal en certos momentos similar ó do "Tacata" dos Tacabro.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 12 de mayo de 2013

Felipe C. - Todo el mundo (Gil Sanders remix)

Non é un tema que se salve polo seu vocal, xa que é bastante pobre, pero eso si, a mestura entre o novo e o antigo e o toque electrónico fano un tema destacado.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 11 de mayo de 2013

Dj Doddo feat. Morgana - You and I

Como me gusta o estilo deste tema, cun parecido en certos momentos ó estilo que podemos escoitar en certos temas de Dj Evil. Goza dun vocal bastante vistoso, que sabe esprimir moi ben con baixadas de ritmo e subidóns nos momentos xustos.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 10 de mayo de 2013

Sebastian Ingrosso & Tommy Trash vs. Delerium feat. Sarah McLachlan - Reload silence (Zack Edward edit)

Mash up moi interesante, que combina uns ingredientes escepcionales. De feito xa foi posto en lives de djs importantes como Nicky Romero, Hardwell, os Bingo Players ou David Guetta. Moi profesional!

Podes escoitalo aquí:

jueves, 9 de mayo de 2013

Gordon & Doyle - Raise your memory

Un tema con moita calidade e cun trasfondo moi sensibleiro.

Non é o típico traballo feito para vender, pero en xeral o tema pode chegar a ser un tema con moito gancho pola súa calidade musical.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 8 de mayo de 2013

Duvoh feat. Tess Marie - Come over (DRM Bootleg mix)

Un baixo ácido e potente para casar con este vocal tan delicado. Parece imposible, pero a maxia de DRM logra facer esto a mans do estilo hands up.

Podes escoitalo aquí:

martes, 7 de mayo de 2013

La Fuente - Matador

Un baixo brutal e explosivo acompañado dunha melodía que incita a saltar sen parar é a nova aposta de La Fuente, que seguro que será un tema moi escoitado nas pistas de baile.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 6 de mayo de 2013

Gabry'n Style feat. Zoë Badwi - Freefallin

Vexo neste tema un punto de inflexión en Gabry'n Style, xa que en moitos temas que podemos disfrutar del abusa moito dun bombo potente, que en moitas ocasións é un bo alidado, pero notras sobra un pouco de potencia. Neste tema rebaixou este bombo e deulle máis protegonismo a este fantástico vocal, que xunto ós subidóns que pon logran un tema moi iteresante.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 5 de mayo de 2013

Turbotronic - Ye ye ye

É boa verdade que un estribillo pequeno pero que engancha logra facer dun tema sinxelo algo máis, algo do que te acordas durante moito tempo. Esta é a clave do novo tema de Turbotronic, que cunha melodía e un vocal sinxelo, pero que engancha saca un tema moi interesante.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 4 de mayo de 2013

Sebastian Ingrosso, Tommy Trash & John Martin - Reload

Sebastian Ingrosso, un dos integrantes dos Swedish House Mafia, xuntou o seu talento con Tommy Trash, un dos djs que máis está empezando a soar por todos lados, e John Martin, outro habitual, cantante entre outros temas dos Swedish House Mafia como o "Save the world" ou o "Don´t you worry child". O resultado da mestura destes tres cracks é este novo tema.

 Podes escoitalo aquí:

viernes, 3 de mayo de 2013

Dyro - Leprechauns & unicorns

Realmente fantástica en canto á melodía, ten un baixo potente e que deixa coa boca aberta. En certos momentos parece que tome algún acorde de temas do grandísimo Deadmau5.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 2 de mayo de 2013

PSY - Gentleman (Dj Keith italodance remix)

Se hai un par de días que salía o novo tema de PSY, xa podemos escoitar os primeiros remixes deste tema, que promete ser o novo "Gangam style" do artista. De momento podemos escoitar este remix italodance do productor amateur Dj Keith que non sona nada mal.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 1 de mayo de 2013

Firebeatz - Wonderful

Un gran vocal aderezado cunha melodía dance e uns lixeiros toques de dubstep por momentos logra este tema, que pinta moi ben para ser un éxito en pistas de baile.

Podes ver o videoclip oficial aquí: