Instinto dance

Mostrando entradas con la etiqueta Basslovers United. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Basslovers United. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de agosto de 2012

Lolita Jolie - Non non non (Rocco & Bass-T vs. Basslovers United remix)

Coidado co que traio hoxe xente, que pode ser que o esteas a escoitar unha e outra vez.

Estando Rocco & Bass-T e os Basslovers United polo medio qué podía sair mal, verdade? Unha verdade como un templo, e senon escoitade o tema, que esa melodía que trae é totalmente adictiva. Non sei ti, pero eu non podo parar de escoitala!!

Podes escoitala aquí:

lunes, 12 de marzo de 2012

Basslovers United - Drunken

O dúo formado por Shaun Bate e Kent Base volve a traernos outra bomba hands up. Tras o "Basket case" que xa comentaramos, desta volta traennos outro himno que seguro que vas a tararear cando o escoites. Dubídalo? XD

De momento sólo podemos escoitar o remix oficial, pero polo que podemos saber, os remixes virán a cargo de 5 remixers, dos que sólo sabemos as súas iniciais: "F...", "T...", "M...", "E..." e "R...". Aventúraste con algunha das iniciais?

Podes escoitar o orixinal aquí:

martes, 22 de noviembre de 2011

Basslovers United - Basket case

Tras o seu anterior traballo "Forever is over" do que xa faláramos anteriormente, Basslovers United presentan o seu novo sinxelo titulado "Basket case", no que remixan o tema titulado da mesma maneira de grupo Green Day.

Nada novo sobre a mesa, son hands up e remixes a cargo de grandes nomes no panorama, como son PH Electro, Djs from Mars, Ti-Mo ou o remix Black toys, que é o que collín para esta entrada, xa que me parece brilante.

Podes ver o videoclip do remix Black toys aquí:

jueves, 9 de junio de 2011

Basslovers United - Forever is over

Novidades dende os estudios Zoo e Punch. Desta vez tráennos o novo dos alemáns Basslovers United cun vocal moi traballado, dividido en dúas entregas, unha, cos temas electro, pola parte de Zoo, e outra cos temas hands up, pola bande Punch.
O que máis me chamou a atención foi o disco de hands up, no que me decanto por un dos remixes, o  dun vello conocido, como é Giorno. O tema en cuestión remixado co videoclip é este:

Como non, vemos a Giorno co seu estilo habitual, remarcando os graves, ainda que sen chegar ós usados noutras ocasións, que aproximan máis ó estilo hardstyle.