Instinto dance

miércoles, 29 de febrero de 2012

Jack Holiday & Mike Candys - Children

Ano 1996. Entre outras cousas, nace en Escocia o primeiro animal clonado bautizado como a ovella "Dolly", celébranse os XXVI xogos olímpicos de verán en Atlanta, Garry Kaspárov derrota á computadora Deep Blue de IBM, estréase a película "Independence Day" e Robert Miles deixanos ca boca aberta lanzando ó mercado o tema polo que será recordado por sempre, o "Children".

Tras máis de 15 anos de historia da canción, Jack Holiday e Mike Candys deciden desempolvala e actualizala a un son house máis actual e seguir exprimindo este estupendo tema.

Podes velo videoclip oficial aquí:

martes, 28 de febrero de 2012

Djs from Mars vs. Fragma - Isane (In da brain) (Dagma E65 style remix)

Hai un par de meses que os Djs from Mars sacaron á luz o tema orixinal do "Isane" e dende aquela realizaron un concurso para ver quen era capaz de quitar a mellor versión del.

Hai uns días escoitei o remix de Dagma, co toque que lle deu mesturandoo co sintetizador do grupo Eiffel 65 (Si, aquel do "Blue", o "Move Your Body" ou o "80's stars" entre outros).

Soupo crear un equilibrio perfecto entre a orixinal, esa pista vocal que carga a producción dunha forza que o inunda todo sen máis hasta deixarche sen alento.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende soundcloud de Dagma ou dende ou seguinte enlace:

lunes, 27 de febrero de 2012

Erick Morillo & Eddie Thoneick feat. Skin - If this ain't love

Levo un par de días escoitando este tema e cada vez me parece mellor.

É incrible, cada vez que se xuntan estes dous fan algunha trasnada destas. Na anterior ve crearan o fantástico "Stronger" do que xa falara e desta vez volveron a crear algo espectacular, cun vocal dunha Skin Anansie moi prometedor.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 26 de febrero de 2012

Pedro Henriques featuring Guiseppe Viola - Spread The Love (Digital Lab Remix)

Vaia, vaia! O que acaban de quitar das mans estes dous elementos, Pedro Henriques e Giuseppe Viola.

Dente o primeiro momento chama a atención cos seus baixos potentes e marcados e tras un minuto á escoita chega o seu fabuloso vocal que o fai completamente recomendable.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 25 de febrero de 2012

Basto - Again & again (Basslouder remix)

Un dos temas que escoitei veces e veces este verán foi o "Again & again" de Basto do que xa falara anteriormente.

Hoxe traivos un remix de Basslouder do tema de Basto que está moi pero que moi ben. Collendo o espírito do tema orixinal dalle a vola á tortilla e convírteo nun marabilloso estilo hands up.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 24 de febrero de 2012

David Guetta feat. Nicki Minaj - Turn me on (Dj Cillo remix)

Hai un par de meses que David Guetta non quita ningún tema que mereza a pena, xa que segue nas súas trece de facer música dance-pop e continúa na súa senda de alonxarse das súas orixes. Sen embargo, de vez en cando quita algo "potable". Deste xeito, acaba de quitar un tema, o "Turn Me On", xunto con Nicki Minaj que me gustou moito.

A entrada de hoxe non está escrita para falar do tema orixinal, senon do remix de Dj Cillo. Desta vez colleu este tema e con mestría modificou o tema e realizou unha peza de calidade.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende soundcloud de Dj Cillo ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/djcillomusic/david-guetta-feat-nicki/download

jueves, 23 de febrero de 2012

Rico Bernasconi & Beenie Man feat. Akon - Girls (Giorno's jump & run club remix)

Mhhh... encántame o toque que lle puxo Giorno a este remix. Pouco a pouco este dj estase a converter nun dos meus favoritos cos seus remixes.

Aparte do seu típico toque personal que plasma sempre nos seus temas, e que me gusta moito, neste remix a melodía é brutal, xogando entre os bombos entre o hands up e un chisco de bumping que o fai único.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 22 de febrero de 2012

Spencer & Hill & Nadia Ali - Believe it (Cazzette's androids sound hot remix)

Resulta increible o que pode quitar da súa cabeza Cazette. Non é que o tema orixinal do "Believe it" sexa malo, pero é que este rómpeo por todos os lados.

A melodía, que resulta abraiante, combinado cunhas pingas de dubstep e xunto co vocal da fabulosa Nadia Ali crean un tema que roza a perfección.

Podes escoitalo aquí:

martes, 21 de febrero de 2012

Labrinth - Last time (Knife Party remix)

Pouco a pouco estes dous djs van dando mostras do seu bo saber facer nas produccións. Cada tema que sacan sorpréndeme máis.

Desta vez decidiron remixar o "Last time" de Labrinth e cambialo de aires, dende un electro máis ben tirando a light ata esta bomba dubstep que romperá o teito de calquera discoteca e fará vibrar ó público.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 20 de febrero de 2012

Adele - Rolling in the deep (Ced Tecknoboy bootleg)

Para min, unha das mellores voces que poiden escoitar este ano pasado foi a de Adele. A súa voz é espectacular. Dende o "Someone Like You" ata o "Rolling In The Deep", ó que lle toca hoxe remix, fan que quede ca boca aberta co espectáculo que brinda Adele.

Ced Tecknoboy decideu darlle unha vida nova ó "Rolling In The Deep" e vestiuno de hands up para obter o grandioso resultado que podes escoitar e ver no videomix de Supremo:

domingo, 19 de febrero de 2012

Ivan Gough & Feenixpawl feat. Georgi Kay - In my mind (Axwell mix)

Verdadeiramente abraiante o remix de Axwell. Por algo é un dos djs mellor caonsiderados do mundo.

A melodía irradia frescura e o vocal vivo polo que apostaron fan deste tema un dos escollidos para aparecer neste blog. Creo que Axwell pode morrer tranquilo despois de facer este temazo (esperemos que non, por favor! Que leven a Justin Bieber, por exemplo XD)

Podes escoitalo aquí:

sábado, 18 de febrero de 2012

Cash Cash - Party in your bedroom (Brian T. bootleg)

Cada vez que escoito esto recórdame o Rob Mayth ou Pimp Code de hay un par de anos, donde xogaban ca melodía moldeándoa como se de plastilina se tratara, como o fai neste tema Brian T.

Resumindo, Brian T. fixo un bo traballo, modificando o pop do tema orixinal e facendo un tema hands up destacado.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 17 de febrero de 2012

Deadmau5 - I remember hey yo (Koyote bootleg)

Deadmau5, ademáis de como persona, é un dos meus productores preferidos, xa que crea uns temas espectaculares dentro do apartado house.

Unha das creacións que máis me gustan, aparte do archiconocido "Ghosts'n'suff" do que xa falei no seu momento, é o "I remember", producido en dueto con Kaskade. O tema presenta unha melodía moi coidada e o vocal, que ten unha carga emotiva intensa, é sensacional.

Koyote basouse neste mash up no tema orixinal de Deadmau5 e Kaskade e engadiulle unha melodía máis dubstep, para darlle vidilla ó tema e o resultado é abraiante.

Podes escoitalo aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o botón "Download" do reproductor de arriba, dende o Soundcloud de Koyote ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/djkoyote/deadmau5-i-remember-hey-yo/download

jueves, 16 de febrero de 2012

Mika - Elle me dit (Basslouder bootleg)

Realmente fantástico é o que opino sobre o remix que fixo Basslouder do "Elle me dit" de Mika. Un remix cargado de enerxía que che recarga as pilas tras escoitalo. Non sei que ten, pero por moito que quero non podo parar de escoitalo unha e outra vez.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 15 de febrero de 2012

Axwell & Dirty South vs. Gigi D'Agostino - Le sweet amour (Dj Cerla mash up)



Deixoume sen palabras este remix. Un aplauso para Dj Cerla, xa que este mash up soa xenial. A verdade é que os ingredientes utilizados eran de calidade, asi que o plato que preparou non podía quedar mal, como se pode apreciar.

Podes ver o videoclip oficial do mash up aquí:

martes, 14 de febrero de 2012

Dancefloor Kingz - Me & you (Ti-Mo remix)

Unha das cantantes de eurodance que calquera persona pode coñecer da década dos noventa seguro que é Alexia. O primeiro single que a fixo saltar á palestra e dala a coñecer foi sen dúbida este "Me & you" no ano 1995. Co espírito deste tema que arrasou nos 90 volven os Dancefloor Kingz, para darlle unha volta de tuerca e mudala personalidade, de eurodance a hands up.

Se teño que elexir unha das versións que inclúe o EP, no que destacan remixes como os de Godlike Music Port, Manox e Ti-Mo, quedaríame con este último, xa que para os que seguides normalmente este blog, Ti-Mo é un dos meus favoritos no panorama hands up

Podes escoitalo aquí:

lunes, 13 de febrero de 2012

Sunnyboy - Almost heaven


Esta semana caeu polas miñas máns o último disco de Sunnyboy, un disco que tras ver os nomes dos remixers que actuaron nel me chamou a atención, así que vos fago un pequeno resume do que me pareceu cada un. Ahí vai:
- On the beach original mix: sinceramente malo. Sen temor ningún digo que é demasiado soso e non ten ritmo. O peor remix do disco.

- Angelo Ciaravola heaven remix: empeza perfecto, cunha oda melódica moi boa. Como nos ten acostumados nos seus remixes párase moito na parte melódica e notase na calidade dos seus remixes. O baixo que aplica é fascinante, como nos tena amosado noutros dos seus remixes.

- Stephan F remix: Dj Fole dende o seu seudónimo como productor electro, Stephan F, traenos un remix electro que me gusta bastante. Normalmente no me gustan os remixes electro que usa vocales de italo, xa que chocan un pouco, pero neste caso, Stephan F soupo amansar o vocal e pegalo fenomenalmente.

Estes dous últimos que quedan son os gañadores do remix contest, que de todos os que escoitei, a verdade si que mereceron ganar:
- Bietto remix: un dos djs que está a empezar neste mundo do italo que promete. Amósanos una personalidade distinta do tema, con algo de hard dance style. O bombo apasióname e en resumo o remix que nos trae é realmente bo.

- Hrde remix: outro novo talenteo do panorama italo, que está chegando con paso firme. Gustoume moito o detalle de engadir polo fondo o matiz do que parece unha guitarra eléctrica. Este remix ten unha calidade brutal, xa que ó escoitalo daste de conta que aplica moitos detalles pequenos, pero que todos unidos dan un remix marabilloso.

Se me teño que quedar cunha das versións do tema dudaría moito, xa que me parece un disco moi elaborado que merece a pena comprar, aínda que finalmente me quedaría ca de Hrde. O rapaz soupo conquistarme dende o primeiro momento coa calidade do seu remix.

Aquí podedes escoitar un resumo dos remixes:

domingo, 12 de febrero de 2012

The Wanted - Warzone (Basto remix)

A maxia de Basto deixase caer polo tema de The Wanted titulado "Warzone".

Sinceramente, tras escoitar o tema orixinal e a versión de Basto, creo que a orixinal é demasiado sosa. A melodía está moi apagada e é moi repetitiva. Basto sen embargo proporcionalle unha melodía moi ó seu estilo, pero que encaixa perfectamente e que a realza a donde debe estar o vocal.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 11 de febrero de 2012

Emeli Sandé - Next to me (Mojam Remix)

Ainda que leva pouco tempo no mundo musical, esta escocesa chega apuntando alto, xa que o vozarrón que ten pode "parir" moitos temas que dean que falar.

Este tema non pode presumir dunha grande melodía en certos tramos (aínda que non está de todo mal), senon que, como dixen antes de Emeli, o que chama a atención do tema é sinxelamente o vocal, sensacional.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 10 de febrero de 2012

Deepside Deejays - Stay with me tonight

Tras o éxito do "Never Be Alone", podemos deleitarnos co novo single de Deepside Deejays titulado Stay with me tonight.

En canto ó son, presenta uns compases moi parecidos ó seu anterior single, que os fixo coñecidos por todo o mundo. Un melodía moi liviana, pero que xunto ó vocal fana irresistible.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 9 de febrero de 2012

Michel Telo - Ai se eu te pego (Ced Tecknoboy bootleg)

Esta canción de Michel Telo está a soar por todas as partes do planta Terra. Non é para menos, xa que entre estribillo e o baile, quen non se anima! XD

Ced Tecknoboy tras escoitalo púxoxe mans á obra no seu estudio e creou este remix, donde lle aporta ó tema unha contundencia de baixos que o fan moi atractivo.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 8 de febrero de 2012

Black & White - Open your eyes

Gran sonido comercial o que quitaron Black & White nesta nova producción. Por moito que o escoto non me canso de volvelo a facer de novo.

Ainda que comercial, resulta moi interesante a melodía, xa que se alonxa do son habital que escoitamos.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 7 de febrero de 2012

Dj Roxx - Can't you see (Giorno remix)

Últimamente Giorno non fai máis que quitar remixes moi bos.

No seu último remix colabora no último disco de Dj Roxx titulado "Can't you see", cun remix moi coidado ata o último detalle no que a melodía flue polos oídos acompañando a unha letra feminina, que ainda que pouca, é realmente interesante.

Podes escoitar o remix aquí:

lunes, 6 de febrero de 2012

Coffee & Honey feat. Alexandra - Smile

Tras meses sen ter novidades dende a productora Disco Planet Records, sorpréndennos cun novo tema entre a colaboración dos djs Coffee & Honey e a cantante Alexandra.

Realmente interesante é o resumo do tema. Conta cun vocal moi pegadizo e unha melodía moi comercial que creo que fará del un tema moi interesante para escoitar en moitas pistas de baile.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 5 de febrero de 2012

Manu LJ - Italia (What A Love) (Dance Rocker remix)

Unha das grandes djs de Italia volta para sorprendernos co seu novo single "Italia", donde trae un sonido moi comercial.

A entrada de hoxe non vai referida á versión orixinal, senon ó remix de Dance Rocker, un dos que para min mellor o está facendo neste momento en canto ó son italo. E esta opinión non é para menos, xa que se escoitas o remix que confeccionou creo sen lugar a dúbidas que non mo vas a negar, senon escoitao.

Podes escoitalo xunto ó videoclip oficial aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de Dance Rocker ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/djfole/italia-extended-rmx/download

sábado, 4 de febrero de 2012

Manox - Autumn shine (Cansis vs. Spaceship remix)

Moi bo o novo traballo de Manox. Hands up en estado puro.

O que traio hoxe non é a versión orixinal do "Autumn shine", que non está nada mal tampouco, senon o remix de Cansis e Spaceship, donde a melodía é moito máis impactante. Resulta espectacular como sacaron tanto partido ó tema, xa que en todo momento me pon os pelos de punta.

Podes escoitar o tema aquí:

viernes, 3 de febrero de 2012

Pablo Lago feat. Laura Elece - Nothing 4 me now

Tremendo este tema da factoría española de produccións Planeta Mix Records.

Se presta atención á melodía poderás atopar un vocal moi bo, donde a voz crea unha atmósfera perfecta, que fai que do tema algo realmente apetecible para escoitar. A melodía encontroa algo lixeira en certos momentos do tema, algo que se podería amañar, pero que cumple co seu cometido, estar polo fondo do vocal e facer destacar a este.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 2 de febrero de 2012

Novidades de Avicii

Tras a colaboración coas Nervo Twins no "You're gonna love again" do que xa falara, Avicii prepara novos temas para seguir sendo neste 2012 un dos referentes no house.

- Avicii - Just gotta hold on
Presenta un ritmo máis "duro" do que nos ten acostumados Avicii en canto a melodía e donde a melodía ten unha parte importante do tema. Creo que este tema escapa do que habitualmente escoitáramos ata ahora del:



- Avicii - Let's get it on
Este si que é o estilo de música característico del, donde se recrea nunha melodía moi xugosa que eleva un gran vocal a cotas moi altas:

miércoles, 1 de febrero de 2012

Gotye - Somebody that I used to know (Bazz Catcherz bootleg)

Bazz Catcherz dalle unha volta de tuerca ó tema orixinal de Gotye titulado "Somebody that I used to know".

No seu novo remix combina por anacos un estilo moi pausado como é o do tema orixinal, donde pouco máis que podemos escoitar ca unha guitarra, cun hands up no seu estado puro que me volve tolo. É esoitalo e levantarme da cadeira para bailalo e botar.

Podes escoitalo aquí: