Instinto dance

Mostrando entradas con la etiqueta Dj Maxwell. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dj Maxwell. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de enero de 2012

Dj Matrix - La tipica ragazza italiana (Dj Maxwell remix)

Non podo ocultar que me encanta Dj Maxwell. Todo tema que toca me parece expléndido. Neste novo proxecto, fai un remix do tema de Dj Matrix, que saleu á venda hai algo máis dun ano.

Entrando a falar do remix, atopámonos cun Lento Violento en estado puro, cuns beats marcados que fan do tema algo moi elegante e coidado.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 22 de agosto de 2011

Manuel - Buena buena (Dj Maxwell remix)

Novidades en canto ó italo da man deste remix de Dj Maxwell. Moi no seu estilo, xogando ca melodía e usando un baixo potente.
De momento pouco se sabe del, xa que se pode descargar o álbum de itunes, pero o seu remix de momento non. De todas maneiras, parece ser que sairá editado no seu próximo álbum "Trust No One Part 3".
Aquí o podedes escoitar:

sábado, 25 de junio de 2011

DJ Maxwell Vs. Paps'n'Skar - Lovin' you

Corría o ano 2002 cando este dueto chamado artísticamente como Paps'n'Skar editaban o seu segundo sinxelo, chamado "Lovin' you", disco que lles deu a súa fama fóra das terras italianas.
Ahora Dj Maxwell reedita este tema, incluíndoo no album "Trust no one - Part 2", dándolle uns pequenos retoques melódicos que lle dan outra personalidade distinta.
Personalmente, encantame o remix da canción, xa que Dj Maxwell transmite unha enerxía enorme apoiado da letra, que hai que decilo, non se romperon moito a cabeza creándoa, pero ese pouco é suficiente para brindarnos o que nos quere transmitir.
Aquí volo deixo: