Instinto dance

lunes, 31 de diciembre de 2012

Djs from Mars - Top of the pops 2012 (Multibooty remix)

Todo un ano cheo de música, de éxitos, de letras con moito que decir, de música que non deixa indistinto, de sentimentos, emocións,...

Este 2012 remata deixándonos un ano moi completo en canto a temas. Podería empezar a decir nomes e nomes e creo que no acabaría en todo este día, pero como non, os Djs from Mars deixannos un pequeno resumo brindándonos algúns dos mellores temas deste ano.

Con esta entrada, a última deste marabilloso ano 2012, Instinto dance deséxavos feliz fin de ano e que todo vos vaia ben neste novo ano 2013 que comeza.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 30 de diciembre de 2012

Inna - J'Adore (Rusky Rusk remix)

Un sonido moi similar ó do gran Madeon é o que nos amosa neste remix Rusky Rusk.

Xogando e moldeando esa voz con esta melodía, moi inspirada nos acordes ó que nos ten acostumado Madeon, Rusky Rusk amósanos unha producción fantástica.

Podes escoitala aquí:

sábado, 29 de diciembre de 2012

DJ Jump & Jenny Dee - Love is gone

Despois do seu interesante remix que nos propuxeron do "Ai se eu te pego" temos de volta a DJ Jump e Jenny Dee.

Nesta producción, un temazo en toda regla, podemos atopar unha melodía dunha calidade excepcional xunto cunha voz anxlical que lle da un punto picante ó tema.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 28 de diciembre de 2012

Katy Perry - Part of me (Dj sTore italoDance remix 2012)

Moi bos os arranxos que mete a este tema Dj sTore.

Se o tema orixinal era xa bo, este tema dalle unha nova volta e crea algo mellor. Cunha melodía italo en certos momentos moi sinxela Dj sTore dalle un toque expléndido.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 27 de diciembre de 2012

Ramon Gz & Naitwell feat. Luca Lattanzio - Baila sola

Se digo o nome de Luca Lattanzio seguro que non che sona, pero se escoitas esta canción: Novotono - "Recuerdo de pasión" seguro que si, xa que foi o escritor deste tema que poidemos disfrutar por Galicia no ano 2006.

Tras un par de anos podemos volver a ter maxia xunto coas prodixiosas mans dun compañeiro galego, como é Ramon Gz, un veterano nas produccións hands up en Galicia. É cousa miña ou este tema cheira a éxito?

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 26 de diciembre de 2012

L.A.R.5 feat. Jai Matt - All the girls

Tema moi pero que moi comercial.

Gustame moito a aposta deste tema, que xoga entre o dance e o dubstep en certas partes do tema, dandolle unha consistencia diferente a todo o que escoitamos hoxe en día.

Podes escoitalo aquí:

martes, 25 de diciembre de 2012

Magik Project - Feliz Navidad (Dj Daddy remix)

Xa que estamos nun día especial, unha canción especial.

Un tema que xa ten uns anos, pero que realmente se mantén fresco coma o primeriro día. Grande remix de Dj Daddy.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 24 de diciembre de 2012

Kesha vs. The Clash - Should I stay or should I die young (Djs from Mars bootleg remix)


Vaia mente máis innovadora que ten estes dous elementos!

Desta vez decidiron xuntar a voz de Kesha no seu tema "Die young" e a melodía dos The Clash no seu tema "Should I stay or should I go". O resultado podelo ver por ti mesmo!

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 23 de diciembre de 2012

Pete Tha Zouk & Rae - Learn 2 love (eSQUIRE piano remix)

Sen moito subidón, pero cunha calidade musical impresionante.

Un tema pata negra, tanto na parte vocal, cun estribillo moi bo, como na parte melódica, na que se ve que se esmeraron moito para dar este gran resultado.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 22 de diciembre de 2012

Jack Deivid - Te amo (Dj JPedroza concept remix)

Encántame a melodía deste tema, moi próximo ó maranza.

Relmente Dj JPedroza está en racha. Remix que fai e remix que se sale.

Podes escoitalo aquí:



Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www66.zippyshare.com/v/84253609/file.html

viernes, 21 de diciembre de 2012

Waterfall feat. Akon & Play N' Skillz - Angel eyes

Bos ingredientes para este tema.

Moi movido e comercial xunto cunha base melódica con gancho e que non aburre dan como resultado este tema.

Podes ver o cideoclip oficial aquí:

jueves, 20 de diciembre de 2012

N-Vision - Ode to the dj

Pouco a pouco este rapaz estase a facer un oco no mundo do hands up.

Producción modesta, pero de gran calidade. A verdade é que o ritmo é moi pegadizo. O pero que lle vexo é a voz, xa que se fora un pouco máis poderosa creo que sería un tema espectacular.

Podes escoitalo aquí:

martes, 18 de diciembre de 2012

Bisbetic - 4AM

Ó principio un pouco estridente, pero cando o oído se habitua resulta moi chamativo o son que nos trae Bisbetic.

Unha mestura entre dubstep e house realmente rara pero que non soa de todo mal.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 17 de diciembre de 2012

Sebastian Ingrosso & Alesso - Calling (Dj-EviL 65s radio edit)

Como sempre Dj-EviL un mago nas produccións.

Dende o seu CDM "DjEvil ep vol 1" chéganos este "Calling", modificado dende o house o estilo que tan ben se lle da a Dj-EviL emulando a esos Eiffel 65.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 16 de diciembre de 2012

JTA - La mujer barbuda

O estilo vintage quedalle moi ben a moitos temas e este non é para menos.

Unha base melódica con estilo retro acompañado do son dance de hoxe en día fan desto un tema que ainda que sea simplón resulte moi agradable.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 15 de diciembre de 2012

Wildstylez feat. Niels Geusebroek - Year of summer

Puff, que ganas da esto de marcha! XD

Escoita esto, que seguro que che sube as pilas ó 100%. Relmente bo este hands up, cun toque de hardstyle, pero no certo punto.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 14 de diciembre de 2012

Gabry Ponte pres. The final countdown (Bootleg 2013)

Este rapaz cando lle da por facer algo bo sempre o consegue... ainda que algún dos seus últimos temas diga o contrario.

Tomando como base o famosísimo "The final countdown" dos Europe da forma a un tema electro con moita chicha. Relmente bo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:



Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de Gabry Ponte ou dende o seguinte enlace:
https://soundcloud.com/gabryponte/gabry-ponte-pres-the-final

jueves, 13 de diciembre de 2012

Starkillers & Richard Beynon feat. Natalie Peris - What does tomorrow bring

Pausado en certos momentos pero con pegada. Este é o resumo deste tema.

Como nos ten acostumados, Starkillers, desta vez acompañado de Richard Beynon e a voz Natalie Peris, crea un tema realmente cheo de matices e cunha calidade enorme.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Dean Cohen, Eran Hersh & Darmon - 3 for the money

Vaia ritmo máis elavorado que se trae este tema.

Con un sintetizador e man con el podese facer unha melodía que parece do máis simplona e que resulte tan ben coma esta.

Podes escoitalo aquí:

martes, 11 de diciembre de 2012

Manian feat. Carlprit - Don't stop the dancing

Xa temos de novo a un dos mellores djs de Alemania de novo da man de Carlprit ó máis puro estilo Pitbull.

Moi descoñecido, xa que estamos habituados a escoitalo en hands up, que espero que nunca deixe de facer, xa que é un crack nese estilo, pero vemos que non se lle da tampouco nada mal o dance.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 10 de diciembre de 2012

Michael Mind Project - Antiheroes

Realmente interesante a proposta de Michael Mind Project.

Un ritmo moi actual con un vocal comercial que gusta dende o primeiro momento.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 9 de diciembre de 2012

Nick Kamarera feat. Alinka - How deep is your love

Un ritmo moi marcado e unha voz melosa é que nos trae este tema. Dende o primeiro momento atrae pola súa simpleza, pero que non empaña para nada a súa calidade.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 8 de diciembre de 2012

Basto - StormChaser

Bestial!

Vaia pedazo de melodía acompaña a este tema. Basto deu un xiro completo na melodía que adoitamos a escoitar nas súas produccións con algo máis "duro" pero que sona moi ben.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 7 de diciembre de 2012

Remady & Manu-L - Higher ground

De novo, tras un par de meses sen saber nada deles, podemos escoitar novo tema de Remady e Manu-L.

Como xa nos teñen acostumados, un vocal cmoi elaborado, que incita a canatalo ó ritmo da melodía característica de Remady.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 6 de diciembre de 2012

Jeffrey Jey - Out of your arms

Se eres un fan do grupo Eiffel 65 seguro que che soará familiar a voz, xa que é a do cantante deste grupo, Jeffrey Jey.

Tras tempo sen escoitar nada del, podemos volver a facelo coa axuda deste tema, que non soa nada mal.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Jack Holiday & Mike Candys - The riddle anthem

Este rapaz é capaz de facer de donde sexa un temazo.

Desta vez, coa axuda do tema "The riddle" do xenio das produccións Gigi D' Agostino, crea un tema que seguro que oiremos moito.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 4 de diciembre de 2012

Djs from Mars - Phat ass drop

Realmente extraño e brillante á vez.

Mediante unha serie de instruccións, os Djs from Mars amósannos como fan os seus temas.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 3 de diciembre de 2012

Bingo Players feat. Far East Movement - Get up (Rattle)

Este é un destes temas cunha segunda vida dos que un ha gran melodía é asociada máis tarde cun vocal para darlle un novo toque.

Tras o éxito do "Rattle" dos Bingo Players, este vocal dalle unha nova oportunidade, que polo que se ve non lle acae nada mal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 2 de diciembre de 2012

Trelec - My way till the end

Tema contundente de principio a fin.

Encántame o bombo tan marcado deste tema, que xunto co vocal, lle dan un aire potente e fresco.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 1 de diciembre de 2012

First Choice - Doctor love (Leroy Styles remix)

A este tema venlle moi ben o dito de que "as mata calando", xa que empeza sen chamar moito a atención, pero despois moito ollo.

Dubstep de calidade para todos os oidos.

Podes escoitalo aquí: