Instinto dance

domingo, 31 de julio de 2011

Bon Jovi - It's my life (Phobia & Shaker remix)

Realmente espectacular a forza que transmite este remix. Collendo o vocal dunha gran canción de Bon Jovi como é o "It's My Life", editada alá polo ano 2000, e cambiando a melodía por unha hands up obtemos este gran remix.
Aquí vola deixo á vosa disposición a edición remezclada co videoclip orixinal da man de Supremo:

sábado, 30 de julio de 2011

Dj Odie - Dance for life vol. 1

Esta semana grabei unha sesión italo feita por min, polo que se vos interesa podedela escoitar aquí:


O tracklist é o seguinte:
1. Grax - Come back to me (Dj Zulan extended remix)
2. Dj Cry Feat. Daniele Meo - T.V.B.V. 2k11 (Dj Seleco extended remix)
3. 20 Fingers feat.Roula - Lick it (Mariucch remix)
4. DJ Barbas presents Insession - Legend (Siculand extended)
5. Denik Fihonmhan with DJ Niky & MyssT - Per sempre (Dance Rocker remix)
6. Hoxygen - El tango de la muerte (Original extended remix)
7. Motel Synth George feat. Katok - Maranza fairytale (Dance Rocker remix)
8. Carmixer & Save feat. Elen@ & Francy M - Seguimi (Domyp remix)
9. Don Omar feat. Lucenzo - Danza kuduro (Dj Cillo remix)
10. Thalia - Un alma sentenciada (Dj Seleco & Dance Rocker remix 2011)
11. Italotunez - Paradise (Freddy remix)
12. Dj Pijalis & Sheby - One night was enough (Original extended remix)

Se a queredes descargar, podedes facelo dende o meu perfil de soundcloud, dandolle ó botón "download" que aparece arriba do reproductor ou clicando na flecha que apunta cara abaixo no reproductor superior ou dende este elace:
http://www.hulkshare.com/k7pyd239n85c

Aviso, hai algunha cabalgada e erros, pero bueno, eche o que hai!

Espero que vos guste :-)

viernes, 29 de julio de 2011

Andre Ola feat. Helene - Erase you (Marcos Rodriguez & Xavi Beat)

O contraste que pon na voz esta rapaza ó comezo tan paixonal e despois máis potente crea un efecto moi bo. Se segue así seguro que a escoitaremos en moitas produccións novas.
O peor? A melodía, pois é demaisado sinxela. Fixerona sen quebrarse moito a cabeza.
Destaco tamén o videoclip, xa que me parece que ten partes nas que a fotografía e a toma é perfecta.
Podes velo videoclip oficial do tema aquí:

jueves, 28 de julio de 2011

Remady feat. Manu L - The way we are

Tras sorprendernos anteriormente co seu tema "Give me a sign", tema que me encantou tanto pola melodía fresca e elaborada como polo delicioso vocal que aportou Manu L, volven á carga estes dous co tema "The way we are", moi parecido en canto á melodía ó anterior.
Podedes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 27 de julio de 2011

Rosie Romero & Kyfu - Sangba (Save the robot remix)

Temazo house progresivo da man destes dous xenios. Ten unha melodía espectacular cun baixo moi marcado que a fai realmente fantástica. Ademáis combina unhas subidas moi traballadas que che poñen os pelos como escarpias.
Aquí vos deixo unha previa do que vai ser o tema:

martes, 26 de julio de 2011

Thalia - Un alma sentenciada (Dj Seleco & Dance Rocker remix)

Este remix paréceme espectacular. Dj Seleco e Dance Rocker colleron como base o vocal da canción de Thalia "Un alma sentenciada" acelerándoa un chisco e substituiron a melodía por unha italo.
Hai que decir que o vocal xa é espectacular pola forza que lle aporta Thalia, máis a melodía escollida pareceme perfecta. Un 10 para estes dous xenios.
Bótalle un ollo aquí:

lunes, 25 de julio de 2011

Simon From Deep Divas feat. Goody - Disco dancer

Collendo a base da canción "Lick it", creada por 20 Fingers alá polos noventa, e modificandoa un pouco sale algo como esto.
Moi boa idea, xa que ten un ritmiño moi adictivo, ideal para esta época estival.
Aquí podedes ver o videoclip oficial:

domingo, 24 de julio de 2011

Avicii & David Guetta - Sunshine

Novo tema que están a producir ambos en conxunto. De momento é unha previa do tema final, pero non acabo de creer que acabe sendo así, porque en principio parece que non leva letra. Raro pola parte comercial de Guetta, aida que me parece normal por parte do deus Avicii. Esperamos novidades.
Escoita a previa aquí:

sábado, 23 de julio de 2011

Jessie J. - Price tag (Lockout's club remix)

Estes días escoitei este remix do tema orixinal e pareceume moi interesante. Variando a melodía da canción, acertando moi ben, e acelerando un pouquiño a letra do tema creou un remix moi adictivo.
Así, aquí vos queda o tema:

viernes, 22 de julio de 2011

Dj Rimini feat. Miani - Sarai Mia

Que vozarrón ten este Miani. É capaz de cambiar completamente unha canción que non ten moita chicha en algo que merece a pena escoitar. Como mostra este tema:

jueves, 21 de julio de 2011

Creatividade como dj

Algo que admiro nun dj é cando deixa voar a súa imaxinación e non solo pon un disco tras outro, ademáis, hoxe en día co software podese facer ese traballo sen contratar un dj. Por eso, un dj que merece respetos debería usar a creatividade nos seus sets. Exemplos desto son estes:

Madeon: xa falei deste rapaz hai un par de dias. Mostranos un mash up de 39 temas en vivo con unha controladora midi, que usa nos seus sets en vivo. Non sei o que practicou para facelo en vivo, pero merece a pena ver como o fai:

Gabry Ponte: nos seus sets sempre ten lugar a improvisación, ata o punto de deixar ó público coa boca aberta. Neste video mostranos como usa o seu novo "xoguete" para os directos. Polo que parece non o domina á perfección, pero ca maña que ten para pichar seguro que sacará petroleo del:

Prezioso: este encántame e é un dos meus preferidos. Sempre que pode, mete as pezuñas para quitar perlas nos seus sets.
Neste primeiro video, que ten tempo, vese como crea un "tema" cunha mesa de mezclas e unhas lectoras:

Este segundo é máis reciente e mostranos as súas habilidades ca súa mesa de traballo de directos:

E este último encántame. Mostra en directo as súas facetas como scratcher (cabe destacar que participou en diversos concursos e gañou moitos deles):

miércoles, 20 de julio de 2011

martes, 19 de julio de 2011

Yelle - Que veux tu (Madeon remix)

Un produxio este chaval de 16 anos. Xa remezclou oficialmente a grandes productores como PendulumDeadmau5 ou a Yelle (a que poño hoxe)
Este remix encántame. Practica un son adictivo e innovador que axuda moito á letra para chegar a ser un tema que realmente merece ser escoitado.
Por certo, o videoclip é realmente interesante, donde sale un fulano bailando tecktonik, estilo de baile nacido hai un par de anos en Francia.
Aquí vos queda:

lunes, 18 de julio de 2011

Gabry Ponte feat. Zhana - Skyride

Parece que Gabry Ponte está volvedo á senda do que era antes, un gran productor cunhas grandes ideas. Desta vez sorpréndenos cun gran tema house que engancha. A melodía é perfecta. E que decir do vocal?
Hai que destacar tamén o videoclip moi traballado, situado nunha época futurista, donde os robots son marxinados. Sen máis, aquí volo deixo:

domingo, 17 de julio de 2011

Shakira - Rabiosa (Flobers Brothers club mix)

Os Flobers Brothers traennos traenos un remix house latino do último hit de Shakira.
Un ritmiño pegadizo que acompañado do vocal de Shakira o fai moi apetecible a escoitar.
O único que quitaría do temiña é a Pitbull, que xa a súa voz resulta un tanto cansina.
Aquí volo deixo:

sábado, 16 de julio de 2011

Alexandra Stan feat Raffaella Carrà - A far l'amore vs. Mr saxobeat (Lucio Deejay mash up)

Moi bo mash up de dous temas que están soando moito últimamente, un o de Bob Sinclar e Raffaella Carrà titulado "Far l'Amore" e outro o de Alexandra Stan titulado "Mr Saxobeat".
Fusiona moi ben ambos temas, dandolle un toque moi profesional (tanto que parece que o tema se creou nos estudios e non mediante mash up).
Sen máis, deixovos coa máxia de Lucio Deejay nesta previa do que será a versión final:

viernes, 15 de julio de 2011

Daddy Yankee - La despedida (Miguel Valbuena & Ramon Gz bootleg)

Novidades dende a nosa terra. Desta vez en forma de son hands up, xa que dous grandes productores como son Miguel Valbuena e Ramon Gz presentan unha nova producción facendo un remix da canción de Daddy Yankee titulada "La Despedida".
Personalmente, gustoume moito o toque que lle deron, xa que uniron perfectamente un gran baixo coa letra orixinal, creando un remix agradable e de grande nivel. Ademáis, gustame o detalle de combinar outros estilos en certas partes da canción.
Aquí vos queda:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de  forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www58.zippyshare.com/view.jsp?locale=es&key=76854051

jueves, 14 de julio de 2011

Itaka - La Danza de Ibiza (Zumpa remix)

Tras a saída á venta do disco de Sak Noel titulado "Loca People", que tan boa aceptación tivo, varios productores se subiron ó carro creando temas do estilo, cun son cun baixo potente e unha letra que incita á festa. Este tema que vos traio hoxe é unha pequena demostración do estilo que inaugurou Sak. Presenta estas características, pero non se queda atrás, xa que está ó nivel da canción de Sak.
Sen máis, deixovolo aquí o videclip orixinal:

miércoles, 13 de julio de 2011

Pleasurekraft - Carny

Son housero moi bailable que nos trae Pleasurekraft.
Ten un ritmiño moi pegadizo, que vai dar que falar e que nos acompañará moitas noites.
Engadir que o videoclip é curioso en canto menos.
Botádelle un ollo aquí:

martes, 12 de julio de 2011

Liviu Hodor feat Mona - Sweet love

O verán xa esta aquí e con el as cancións fresquiñas, nas que o que importa é o ritmo e un vocal adictivo e que sea sinxelo. Este é un claro exemplo en clave de house rumano, moi comercial e que fará que o cantes e o bailes este verán na pista de baile.
Aquí volo deixo:

lunes, 11 de julio de 2011

Mish - Overload (Djs From Mars remix)

Contundencia e frescura é o que nos trae esta nova remezcla dos Djs From Mars. Un traballo que me trae certos recordos nalgunha parte do seu remix do "Que Pasa" de Gabry Ponte, Djs From Mars e Bellani & Spada polo uso de sintetizador.
Un novo remix para estes dous grandes productores, que o están a facer realmente ben.
Aquí vos queda o tema:

domingo, 10 de julio de 2011

Swedish House Mafia - Save The World

Xa conta cun par de semanas nas listas de vendas e pode que o escoitaras nas radios, pero non podía resistirme a non recomendarvos este tema.
O grupo nace do traballo de tres grandes productores como son Axwell, Steve Angello e Sebastian Ingrosso, de modo que da unión destes tres cracks non podía salir nada malo.
Que decir do tema? Pois para min, que é o tema revelación deste ano 2011, xa que ten unha personalidade propia, que non deixa indiferente a ninguén. Para empezar o vocal é exquisito, a voz e a tonalidade son perfectas, e esta acompáñase dunha melodía potente e espectacular, que a fan perfecta para o oído.
Deixovos o clip para que o podades desfrutar:

sábado, 9 de julio de 2011

DJ Barbas pres. In Session - Legend (DjPiJaLiS remix)

Hai uns días falaba do novo tema de Dj Barbas, titulado Legend, no que falaba das versións que incluiría o CD. Hoxe entereime de que haberá un remix máis, pero este gratuita e de descarga directa, pola parte dun dos mellores productores de italo, non sólo de España, senon a nivel mundial. Non é outro que DjPiJaLiS.
O remix gustoume moito, na línea que nos tena costumados. Aposta por unha melodía coidada, traballando nun sonido armónico moi adictivo, que engancha nada máis escoitalo.
De momento non sabemos moi ben cando sairá o tema, pero parece ser que será este mes de xullo.
Sen máis. deixovos ca previa do tema:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www.divshare.com/download/15795993-4d1

viernes, 8 de julio de 2011

Above & Beyond - Thing Called Love (Extended Club Mix)

Above & Beyond seguen sorprendendonos, desta vez cun temiña delicioso en canto a melodía. House refrescante e moi lixeiro pero con chispa.
Podedes escoitalo aquí:

jueves, 7 de julio de 2011

Britney Spears - I Wanna Go (DJ Frank E & Alex Dreamz Remix)

Este novo CD de Britney agradoume, xa que non me esperaba unha volta tan demoledora como a que está protagonizando. Proba delo é o tema que recomendo hoxe, no que en versión orixinal me encantou polo vocal que imprime Britney. Ahora ben, este remix aportalle un plus á melodía rompedora que creo que lle conviña.
Botádelle un vistazo:

miércoles, 6 de julio de 2011

DJ Tiësto feat CC Sheffield - Escape me (Alex Gaudino & Jason Rooney Remix)

Xenialidade das mans destes dous productores, Alex Gaudino e Jason Rooney. Encantame o aporte extra de potencia que exprimen do tema en comparación co orixinal.
Crean un clima moi intenso coa melodía que imprimen e o vocal apreciase máis claro e penetrante nesta nova versión.
Aquí vos queda:

martes, 5 de julio de 2011

Motel Synth George feat. Katok - Maranza fairytale

Esta semana tiven a ocasión de escoitar o primeiro disco de debut do grupo Motel Synth George. O seu disco inclúe o tema orixinal acompañado dos remixes de Dance Rockers, Hoxygen, Seleco e Dj Fole e Persian Raver. Quedeime cun moi bo sabor de boca del, así que vos deixo unha pequena crítica do que me pareceu:

- A versión orixinal é fresca e con unha melodía moi coidada, pero como todo grupo que saca o seu primeiro disco, creo que ten que madurar un pouquiño o seu proxecto e facer uns pequenos retoques, pero a verdade é que pintan moi ben facendo produccións.
- A versión de Dance Rocker está moi no seu estilo, xoga ca melodía creando situacións hipnóticas.
- A versión de Hoxygen tamén moi na súa linea, tocando a voz e sintetizandoa con sentidiño. A melodía tamén me resultou moi peculiar, xa que retoca a orixinal, pero sen chegar a crear uns cambios brutales mellorandoa moito.
- A versión de Seleco e Dj Fole resultoume moi agradable, xa que usan unha base do estilo de Gigi D'Agostino da canción "Elisir" ó principio da canción, e tamén xoga retocando a voz en determinadas partes da canción.
-A última versión é a de Persian Raver, buscando un estilo hands up. Para min a versión máis floxiña do disco, xa que o vocal non acompaña a buscar este estilo.

Se me teño que quedar cunha das versións da canción dudaría moito, xa que me parece un disco moi elaborado que merece a pena comprar, aínda que finalmente me quedaría ca de Hoxygen, pola frescura e potencia que irradia.

De todas maneiras invítovos a escoitar as distintas versións do disco:

lunes, 4 de julio de 2011

Tributo a Michael Jackson por Gabry Ponte & Paki

Hai poucos días cumplíase o segundo aniversario da morte dun dos grandes da música, Michael Jackson, así que non quero desperdiciar a ocasión para facerlle un pequeno homenaxe no meu blog con esta entrada. Desta manera, acompáñovos un videoclip creado por Gabry Ponte e Paki donde repasan moitos dos temas que nos brindou Michael na súa carreira musical, como "Beat it", "They don't care about us", "We are the world" entre outros, cunha melodía electro.
Sen máis, deixovos disfrutar da súa creación:

domingo, 3 de julio de 2011

Gabry ponte - La danza delle streghe (Dagma vision remix)

Aquí vos traio unha revisión dun tema dun dos magos do italodance por estelencia, Gabry Ponte.
Esta nova versión de "La danza delle streghe" de Dj Dagma, que Gabry está incluíndo últimamente nos seus sets, traenos un baixo menos potente que o da orixinal, pero cunha melodía moito máis coidada.
Engadir, fora do apartado musical, o coidado que está tamén o videoclip, feito con recortes da película "Pesadelo antes de Navidade".
Sen máis, aquí podedes apreciar o remix:

sábado, 2 de julio de 2011

Simon De Jano feat Kim Lukas - One More Day

Quizais vendo o título da entrada xa podedes intuir que este tema se trata dun mash-up usando parte da canción que fixo tan famoso a Kim Lukas, "All i really want". A canción orixinal gastaba un estilo eurodance, estilo moi de moda a finales dos anos 90.
Desta volta, Simon de Jano únea cun vocal masculino e unha melodía propia e dalle un estilo housero que se deixa escoitar moi ben.
Podedes velo videoclip oficial aquí:

viernes, 1 de julio de 2011

Dj Barbas pres. In Session - Legend

Tras tempo sen escoitar nada novo de Dj Barbas, volve co seu novo tema "Legend". Desta vez non será editado por Moguda, como en anteriores traballos, polo que non o poderemos obter de maneira gratuita.
O CD incluirá varios remixes, tres hands up, de Dj Barbas, de Sander e de Sun Kidz vs Cricket, e dous italos, de siculand e de Dj Gio. Se teño que escoller o mellor dudaría, xa que a versión de Siculand e a orixinal son moi boas, aínda que a de Siculand tírame máis.

Podedes escoitar unha previa de cada remix a través da páxina zippyshare clicando no seu nome ou escoitar un remix dos temas a través de youtube:
- Versión radio
- Remezcla de Siculand
- Remezcla de DJ Gio
- Remezcla de Sander
- Remezcla de Sun Kidz vs Cricket