Instinto dance

Mostrando entradas con la etiqueta Dagma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dagma. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de agosto de 2013

Crystal Waters vs. Eiffel65 - Gypsy woman (Dagma E65 bootleg)

Como sempre Dagma fainos recordar por breves momentos ese grande grupo que foran os Eiffel65, gracias ás súas mans, das que salen sempre grandes remixes, como este remix que podemos disfrutar hoxe.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 4 de enero de 2013

Andrea Morph feat. Dagma - The way 2012

De novo as mans de Dagma volven a crear algo exquisito, acompañado desta vez de Andrea Morph, outro dj con experiencia nas produccións italo. Entre os dous moldean de novo un dos temas máis famosos do gran Gigi D'Agostino, o "The way", con toque que toque que tanto nos gusta de Eiffel 65 que lle aporta Dagma.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de Andrea Morph dende o seguinte enlace:
https://soundcloud.com/andreamorph/andrea-morph-feat-dagma-the

sábado, 4 de agosto de 2012

UMIND - Don't you want me (ItaloDance edit)

A colaboración entre Dj Dagma, GuaX e Paul Neville (Dj-EviL) crea este novo grupo, UMIND. Nesta colaboración crean este remix do "Don't you want me" tema da música eurodance da época dos 90 de Savage.

Unha melodía da que estamos acostumados a escoitar nas produccións de Dj Dagma, que bebe moito dese estilo dos 90 e dos Eiffel 65, casa cun vocal delicioso.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 19 de mayo de 2012

Blissenobiarella feat. Jeffrey Jey - I'm so alive (Ice&Glass remix)

Tema procedente do remix contest que Bliss Corporation propuxo. Resultou ser o remix máis popular entre todos.

Conta coa melodía dun dj moi famoso no panorama italodance como é Dagma (esperemos que non abandone o italo, por favor!!) e o vocal de Jeffrey Jey, coñecido por ser o vocalista do grupo Eiffel 65. O resultao é un tema brutal que resopla calidade polos catro costados.

Podes escoitalo aquí:

martes, 28 de febrero de 2012

Djs from Mars vs. Fragma - Isane (In da brain) (Dagma E65 style remix)

Hai un par de meses que os Djs from Mars sacaron á luz o tema orixinal do "Isane" e dende aquela realizaron un concurso para ver quen era capaz de quitar a mellor versión del.

Hai uns días escoitei o remix de Dagma, co toque que lle deu mesturandoo co sintetizador do grupo Eiffel 65 (Si, aquel do "Blue", o "Move Your Body" ou o "80's stars" entre outros).

Soupo crear un equilibrio perfecto entre a orixinal, esa pista vocal que carga a producción dunha forza que o inunda todo sen máis hasta deixarche sen alento.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende soundcloud de Dagma ou dende ou seguinte enlace:

viernes, 2 de septiembre de 2011

Dj Seleco feat. Torny - I love you (Dagma remix 2011)

Dende Italia chéganos o novo remix de parte de Dagma. Desta vez usando o seu estilo que ten fontes do eurodance remezcla a producción de Dj Seleco titulada "I love you". Sen dúbida un grande remix ó que non lle falta de nada para triunfar na pista de baile.
Un consello que lle daría a Dagma é que varía algo o estilo das súas produccións, xa que leva usando ese estilo dende hai un par de anos e o de que "se algo funciona non o cambies" no mundo da música non vale, hai que buscar sempre abraiar á persoa que escoita o tema.
Podedes escoitar o tema aqúi:

domingo, 3 de julio de 2011

Gabry ponte - La danza delle streghe (Dagma vision remix)

Aquí vos traio unha revisión dun tema dun dos magos do italodance por estelencia, Gabry Ponte.
Esta nova versión de "La danza delle streghe" de Dj Dagma, que Gabry está incluíndo últimamente nos seus sets, traenos un baixo menos potente que o da orixinal, pero cunha melodía moito máis coidada.
Engadir, fora do apartado musical, o coidado que está tamén o videoclip, feito con recortes da película "Pesadelo antes de Navidade".
Sen máis, aquí podedes apreciar o remix:

miércoles, 29 de junio de 2011

Dj Evil feat Jolly Axe - Be mine tonight (Dagma 2011 E65 style remix)

Dagma volve a sorprendernos co seu novo remix. Segue apostando polo seu estilo, tributo do grupo Eiffel 65 que tanto triunfou a finales dos noventa e principios do 2000.
Dagma acompaña un vocal moi logrado cunha melodía esquisita, que fai as delicias dos oídos dos seguidores do italo. Toda unha perla.
Aquí vos queda:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o soundcloud de Dagma ou dende aquí:
http://soundcloud.com/dagma/dj-evil-feat-jolly-axe-be