Instinto dance

lunes, 31 de octubre de 2011

Tss Proyect feat. Irantzu - Se feliz

Dende hai anos sigo moi de preto a Tss Proyect, xa que no panorama bumpin en España é o meu favorito. Ten unha longa lista de temas neste estilo e moitos deles son espectaculares.

Hoxe traio a súa última producción. Como moitas das súas producción, presenta dous grandes vocales, como son o seu e o da súa irmá Irantzu. Que vozarróns por deus! O tema melódico tamén é destacable, xa que é moi bailable. Moi bo gusto pola parte de Tss Proyect.

Podes escoitalo tema aquí:

domingo, 30 de octubre de 2011

Klaas feat. Bodybangers - I like

Un auténtico rompepistas é o que nos ofrecen Klaas xunto con Bodybangers.

Un sonido alemán polo son contido en beats moi marcados e violentos collense da man dun sintetizador co estilo do gran Klass. Teño que engadir o bo gusto dos dous nos momentos de baixón no tema, xa que crea momentos únicos e fai que o tema teña unha personalidade propia.

Podes velo videoclip oficial aquí:

sábado, 29 de octubre de 2011

Mike Candys feat. Antonella Rocco - Night to remember

Sinceramente, este rapaz está facendo as cousas moi ben. O seu nome está empezando a soar con forza, xa que as suas últimas produccións e remixes teñen unha calidade brutal.

A recomendación de hoxe non é menos. Un tema house moi ben traballado. Unhas pingas de xenialidade unidas a un vocal femenino bastante bo que o fan un tema realmente recomendable.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 28 de octubre de 2011

Hardwell - Cobra

Parece que últimamente Hardwell solo sabe sacar temazos. Desde logo, cada vez que escoito unha das súas produccións non é para menos.

Desta volta, traenos "Cobra", un tema house cunha melodía con moita chicha. Subidóns de adrenalina por todas partes co contundente que é.

Podes escoitalo tema aquí:

jueves, 27 de octubre de 2011

Mia Martina - Latin moon

Que vozarrón nos trae esta rapaza norteamericana. Non me estrana que Edward Maya a elexira a ela hai pouco tempo para poñer a voz a unha reedición do "Stereo love", si ese tema que tanto soou o verán do ano pasado.

Bueno, que me vou polos Cerros de Úbeda. O tema poderíamolo categorizar de dance comercial cuns toques de house polo medio.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 26 de octubre de 2011

Gdream vs. Persian Raver - You are my angel (DomyP italo remix)

DomyP volve á carga despois de tempo sen traernos ningunha novidade das súas máns.

Desta vez amósanos un remix ó máis puro estilo italo. Unha melodía que me encanta. Non é unha melodía con moitos detalles, máis ben sinxela, pero os que ten sobranlle para enganchar dende o primeiro momento.

martes, 25 de octubre de 2011

PH Electro - Stereo mexico

PH Electro volve co seu estilo pecualiar e traenos este novo hit que non sorprende, xa que sigue na súa linea de crear temazos. Ningunha novidade en canto a estilo, house comercial que gusta dende o primeiro momento.

Por certo o disco contén 3 remixes, un virá da man de Ti-Mo, en versión hands-up, outro virá dos Djs from Mars, en versión electro ou house e o último será o de Picco, en versión electro previsiblemente.

De momento podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 24 de octubre de 2011

Lady Gaga vs. Enrique Iglesias - LoveGame vs. Tonight (Mash up remix)

Moi interesante esta nova proposta de mash up de 3dgarFast400, no que fusiona dous grandes temas, como son o "LoveGame" de Lady Gaga co "Tonight" de Enrique Iglesias.

Un gran traballo, no que se pode ver que cuadran moi pero que moi ben estes dous temas.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 23 de octubre de 2011

Klaas and Bodybangers - Freak (Klaas Remix)

Hoxe toca ración de house da man da colaboración entre Klaas e Far Bodybangers .

Unha melodía que se aproxima incluso ó tribal dalle un toque impresionante a este tema, no que o vocal fai o resto para enamorar.

Podes velo videoclip oficial aquí:

sábado, 22 de octubre de 2011

Dj-Evil - Summertime

Dj-Evil traenos un novo remix italo. Desta vez produce algo lixeiro pero resultón, cun vocal moi armónico e unha melodía do máis italo que escoitei nos últimos meses nas últimas produccións deste xénero.

Podes escoitalo aquí:

Por certo, pódelo pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o reproductor de soundcloud oficial de Dj-Evil

viernes, 21 de octubre de 2011

Avicii vs. David Guetta - Seek sunshine (Reto Z mash up)

Hay un par de semanas falaba da nova colaboración de Avicii con David Guetta, titulado "Sunshine". Naquel momento xa me chamara a atención o tema, pero hoxe escoitei un mash up no que intervén este tema co "Seek" de Amanda Wilson.

O resultado é realmente impresionante.

Podes escoitalo aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o soundcloud oficial de Reto Z:
http://soundcloud.com/retozh/avicii-vs-david-guetta-seek

jueves, 20 de octubre de 2011

Madeon - Icarus

Mimá! Hoxe chegou ás miñas máns unha previa do novo tema de Madeon e non teño palabras para describilo. Despois de escoitalo quedei ca boca aberta do bo que é este traballo. Con tan solo 17 anos este rapaz está en boca de grandes productores de estilo análogos ó seu, como son Deadmau5, Rob Swire ou Noisia. E non é para menos!

A verdade é que de momento non produciu moitos temas, a maioría remixes e un par de temas propios, pero eses pequenos traballos xa teñen unha calidade e son que calificaría de excelentes. Dun deles xa falei hai tempo e da súa máxia nas máns tamén.

Esperamos con impaciencia máis novidades do tema, xa que me deixou con ganas de escoitalo tema enteiro.

Podes escoitar unha previa do tema no seu teaser grabado en Paris, nunha das súas últimas actuacións:

miércoles, 19 de octubre de 2011

Antoine Clamaran & David Esse feat. Lulu Hughes - A deeper love

Volve este francés a facer trasnadas. Se hai tempo me deixou ca boca aberta co tema "Live Your Dreams", no que cantaba Soraya, este non foi menos.

Un vocal contundente acompañado dunha melodía á par. Notaza que se leva da miña parte.

Aquí podedes ver o videoclip oficial:

martes, 18 de octubre de 2011

Basto - Again and again

Tema presentado no mes de xullo no festival belga de Tomorrowland na actuación do propio Basto e que tivo moi boa acollida entre o público asistente.

Cabe destacar que é prácticamente melódico, donde crea momentos realmente hipnóticos, que o fan totalmente único.

Podes ver o videoclip oficial, grabado no mesmo Tomorrowland aquí:

lunes, 17 de octubre de 2011

Federico Scavo feat. Andrea Guzzoletti - Strump

Todo un temazo o que vos traio hoxe. A presencia da trompeta dalle un aire moi interesante e divertido, que xunto ca melodía tan ben elixida o fan altamente recomendable.

Podedes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 16 de octubre de 2011

Fly Project - Goodbye

A voz desta rapaza é abrumadora. A súa tonalidade é tremenda e parece que ese chorro de voz lle sale cunha facilidade espantosa.

Ademáis o toque que presenta de guitarra é moi interesante, facendoa moi atractiva comercialmente.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 15 de octubre de 2011

Martin Solveig feat. Kele - Ready 2 go (Smash edit)

Hoxe traivos un "videoclip documental", por decilo dunha maneira, donde podemos ver como se grabou e ideou o videoclip do tema de Martin Solveig titulado "Ready 2 go". Hay que recoñecer que o tema é realmente bo e moi agradable de escoitar.

Sen máis, aquí vos queda o videoclip que deberíades ver completamente:

viernes, 14 de octubre de 2011

Dizzee Rascal vs. Mozart - Eine kleine big booty bonkers (Djs from Mars bootleg)

Nova locura, xenialidade ou ambas á vez destes dous xenios musicales como son os Djs from Mars. Desta vez usan unha base de Mozart e un tema actual de Dizzee Rascal.

Realmente me deixou ca boca aberta todo o tema. É increible como fusionaron estes dous estilos totalmente distintos de música como é o electro e a música clásica.

Debedes ver o videoclip oficial, xa que como fan últimamente, coidan ata este detalle nas súas produccións:

jueves, 13 de octubre de 2011

Iby vs. Dj Spampy Engel - Ho dentro te

Novidades no panorama italodance. Desta volta traiovos un tema de Spampy Engel en colaboración con Iby.

A melodía é moi boa, en especial o anaco do piano que aplica na canción. Realmente unha xenialidade moi boa. No tema do vocal, tamén me chamou moito a atención, sobre todo o que nos transmite a súa letra.

Podes escoitalo aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar do soundcloud oficial de Dj Spampy Engel de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/spampyengel/iby-vs-dj-spampy-engel-ho

miércoles, 12 de octubre de 2011

Alex Velea - Whisper

Un tema moi movido que transmite un moi bo sabor de boca.
O vocal é sensacional, comercial, pero que engancha moi fácilmente. En canto á melodía, moi traballada neste campo, xa que ademáis do vocal, destaca por esta.
Podes velo no videoclip oficial:

martes, 11 de octubre de 2011

Sergio Mauri feat. Mr. V - Love is a journey

House comercial para os vosos oidos. Sergio Mauri preséntanos un tema lixeiro que promete rachalo nas listas de vendas.
O pero que lle vexo é que o vocal nalgunha parte do tema floxea un pouco, pero polo damáis é un tema interesante.
Podes velo videoclip oficial aquí:

lunes, 10 de octubre de 2011

Dj Ross feat. Sushy - U got the love

Hai que ver como cambia o tempo á xente, e no negocio da música moito máis. Acórdome de vibrar moitas noites con cancións deste dj, cunhas raices italo.
Hoxe escoitei este tema de Dj Ross e quedeime ca boca aberta. Cambiou completamente de estilo, facedo un tema dance comercial como este que vos traio hoxe. En fin, hai que comer e se o que triunfa hoxe en día é o dance e o house, hai que tirar por ese pao.

O tema en si gustoume moito. Non abusa dunha melodía demasiado complexa, xa que é sinxela, pero soa moi ben. O vocal é magnífico, Unha elección grandiosa para o proxecto.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 9 de octubre de 2011

Sasha Lopez - All my people (Menegatti & Fatrix vs. Jack Mazzoni remix)

Electro moi depurado da man de Menegatti & Fatrix vs. Jack Mazzoni. O tema presenta unha variación moi importante do orixinal, marcadamente comercial, pasando a ser totalmente electro.
Aviso! A melodía resulta altamente adictiva.
Bótalle un ollo ó videclip oficial aquí:

sábado, 8 de octubre de 2011

Britney Spears vs. Nadia Ali - Till world ends (Jay Dabhi Pressure mix)


Un mash up moi interesante donde se mezcla a base do tema do "Pressure" de Starkillers feat. Nadia Ali co vocal do  "Till The World Ends" de Britney Spears.
Unha idea levada a práctica con moi bo resultado. Gran talento que presenta este rapaz.
Podes ver o videoclip do mash up aquí:

viernes, 7 de octubre de 2011

Omnia presents Ain Mo - The tune

Que melodía contundente ten este tema! Cada vez que o escoito danme ganas de deixar a silla e poñerme a saltar ó seu ritmo.
Impresiona o que creou Omnia. A melodía ainda que parece sinxela ten un toque que a fai distinguida.
Podes escoitala aquí:

jueves, 6 de octubre de 2011

GaetanoDj - Giulia

Corría o ano 1996 cando Gianni Togni incluiu no seu disco "Cari amori miei" o tema "Gulia". O tema tivo sona por Italia e no apoxeo do italodance, Dj Lhasa creou a súa versión do tema de Gianni Togni no seu album "No colors", dandolle un toque máis rápido. Máis tarde, no ano 2009, Ivan Fillini incluiría no seu album "Italian dance collection vol.1" a súa versión, cantada polo fenomenal Miani. Está contiña un estilo italo, pero cuns baixos moi marcados.

Desta volta, GaetanoDj traenos a súa particular versión do tema, cun estilo parecido ó de Dj Lhasa. Para min é ten unha parte de copia importante, pero inclue un son máis refinado e un bombo menos potente. De todas maneiras, soa moi ben.

Podes escoitar unha previa do que vai ser o tema aquí:

miércoles, 5 de octubre de 2011

Hot Bananas feat. Rachele Dione - Lonely little dancer (Homeaffairs remix)

Cada vez que escoito este tema cárganseme as pilas. Presenta uns rasgos de house moi carismáticos. O vocal, aínda que escaso en certos momentos do tema está moi ben buscado e concorda perfectamente co tema.
En canto á melodía, fresca e moderna, cuns toques tribales que a fan moi atractiva.
Podedes escoitala aquí:

martes, 4 de octubre de 2011

Chrizzo & Maxim feat. Amanda Wilson - Runaway

Unha nova mostra de que o estilo de Avicii é fantástico e está calando entre os productores. Desta volta Chrizzo & Maxim presentan unha melodía moi de este estilo.
A voz pona Amanda Wilson, que xa nalgún tema o fixera moi ben e neste non é para menos.
Podedes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 3 de octubre de 2011

Djs from Mars feat. Fragma - Insane (In da brain)

Atopábamonnos á espera deste novo tema dos Djs from Mars, do que levabamos escoitando previas dende había un mes. Hoxe saleu á luz e atopámonos cun tema moi interesante.

Os acordes da melodía son reamente adictivos. E que decir do vocal? Moi pero que moi delicioso.
E non te perdas o videoclip oficial, que é realmente bo. Contén partes de videoclips de varios artistas donde interveñen os Djs from Mars e a cantante Fragma. Entre eles podemos atopar a mestura de varios videoclips como os de The Verve, Shakira, Benny Benassi, Pink Floyd, Daft Punk, Michael Jackson, Os Beatles, Britney Spears, Nirvana ou LMFAO entre outros.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://hulkshare.com/oflrwwa7kaov

domingo, 2 de octubre de 2011

Cascada - Au revoir (Dj Gollum remix)

Novidades da man desta grade artista alemana. Sempre foi unha artista que se caracterizou polos seus hits, polo que non me sorprende este novo tema "Au revoir"
Sen embargo, o remix do album que máis me gustou foi o de Dj Gollum en hands up. Sinceramente, cada vez que escoito vólvome tolo pola melodía que lle otorgou ó tema. Realmente fantástico.
Podes escoitalo aquí:

sábado, 1 de octubre de 2011

Sebastian Ingrosso & Alesso - Calling

Un dos tres integrantes do Swedish House Mafia traenos este tema. De momento solo existen previas do tema final, pero o house que nos mostra é calidade en estado puro. A melodía está moldeada perfectamente e crea unha sensación espectacular.
Podes escoitar aquí unha previa: