Instinto dance

sábado, 31 de marzo de 2012

Loreen - Euphoria (Alex Moreno remix)

Encántanme o xiro que pega en momentos este tema, pasando dun vocal e unha melodía light a un subidón que fai que o corazón lata a 100 por hora e a adrenalina se esparza por todo o corpo.

Tras escoitar o tema orixinal do "Euphoria", unha das candidatas desta Eurovisión 2012, quédome con este remix de Alex Moreno, que ainda que é máis lento, chámame moito máis a atención a melodía.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 30 de marzo de 2012

Lindsey stirling - Shadows

Hay tempo que saleu ó mercado este tema, pero cada vez que o escoito gústame máis. Recoñezo que non todos os seus temas me gustan, pero este ten algo especial que o fai diferente

Por certo, non te perdadas o videoclip, que seguro que che vai a gustar:

jueves, 29 de marzo de 2012

Sean Tyas & Horny Sanchez - Rebox

Cada vez que escoito este tema recórdame a algunha das produccións do grande Deadmau5.

Son house progresivo para aledar as túas orellas, cunha melodía brutal que racha facendo momentos realmente espectaculares.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 28 de marzo de 2012

Coldplay - Fix you (Alesso & Swedish House Mafia remix)

Estes tres rapaces xunto con Alesso non paran de quitar produccións espectaculares, tanto de forma conxunta como por separado

Se hai pouco tempo os Swedish House Mafia collían o tema de Coldplay "Every teardrop is a waterfall" e o convertían nun temazo, desta vez non ía ser menos este "Fix you", donde combinana a irregular voz de Chris Martin xunto con unha melodía en partes soft e en partes realmente poderosa.

Podes escoitalo aquí:

martes, 27 de marzo de 2012

tyDi feat. Dj Rap - Talking to myself (Maison & Dragen remix)

Como eu prefiero temas máis contundentes, a versión orixinal des te "Talking to myself" non me acababa de convencer.

Deste xeito buscando atopei o remix de Maison e Dragen, que cun house moi comercial cambian a alma do tema dende algo trance tranquilo.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 26 de marzo de 2012

Vicente Belenguer, Blas Marin & Antonio Jimenez - Black point

Tema totalmente español. Para que despois digan que os espeñoles non facemos cousas boas.

Eses tres xóvenes productores regálannos este tema que combina trazas do house e o techno cuns toques vocales que che fan voar se cerras os ollos. Próbao :-)

Podes escoitalo aquí:

domingo, 25 de marzo de 2012

Martin Solveig - The night out (Madeon remix)

Tras a súa primeira producción propia, Madeon volta a meter as mans para sacar algo novo, ainda que desta vez non será producción propia, senon que será un remix.

Desta nova volta, Madeon fai un remix do tema de Martin Solveig titulado "The night out", donde se concentra en facer unha melodía máis refinada ca orixinal e donde non faltan detalles, como de costume.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 24 de marzo de 2012

Charly Rodriguez - Me enamoré

Non me estrañaría que estiveramos ante un dos éxitos deste verán, xa que conta con todo o necesario para ser escoitado unha e outra vez.

Charly Rodriguez traenos un tema moi comercial, donde o vocal é dos que che quedan na cabeza e non paras de cantalo unha e outra vez. En canto á melodía, está moi ben a idea do acordeón, que lle da un toque escepcional.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 23 de marzo de 2012

Hard Rock Sofa vs. Empire of the Sun - Walking on a quasar (Felipe Schurov mashup)

Felipe Schurov debeu pensar que ambos temas por separado non eran suficientemente bos, polo que os xuntou dando unha mestura explosiva.

Partindo dos temas "Quasar" de Hard Rock Sofa totalmente melódico e a melodía do "Walking On A Dream" dos Empire Of The Sun mostranos este grande mash up.

Podes escoitalo aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www7.zippyshare.com/v/52059079/file.html

jueves, 22 de marzo de 2012

Mark Pride - Narnia (Official remix 2012)

Realmente espectacular a combinación sonora que podemos atopar neste tema.

Empezando por unha base de orquesta sinfónica partimos cara un son house que combinados logran algo espectacular.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 21 de marzo de 2012

MaLu Project - Heartbeat (Cueboy & Tribune remix)

Hai pouco tempo que os MaLu Project, formado por LuTraXx e SnickBoy, empezou no mundo da producción hands up, pero a súa progresión está aumentando a pasos axigantados. Proba delo é o seu novo album, donde atopamos remixes tan bos como os de M & Ace, Hardcharger vs. Aurora & Toxic ou o de Cueboy & Tribune.

O remix de Cueboy & Tribune creo que é o máis notable dentro do disco, donde o hands up de calidade floreceu. Unha cousa que me gustou é que non apostan por un bombo moi potente, cousa que moitos productores a día de hoxe pecan, e que ensombrece a melodía de moitos temas.

Por outro lado, atopamos unha marabillosa parte vocal, protagonizada por unha boa base vocal feminina.

Podes escoitalo aquí:

martes, 20 de marzo de 2012

Queen vs. Dada Life - Kick out to live forever (Simon de Jano bootleg)

Sorprendente bootleg de Simon de Jano, donde xunta dous temas realmente análogos en canto a son.

Por unha parte temos o vocal fabuloso do grande Freddie Mercury do tema de Queen "Who wants to live forever" e por outra o "Kick out the epic motherf**ker" dos Dada Life. Sorprendente escoitalo.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 19 de marzo de 2012

Laidback Luke vs. Example - Natural disaster

Na na na na... As catro notas do principio do tema son totalmente adictivas.

Podemos escoitar o último de Laidback Luke, donde cun vocal masculino e unha melodía hipnótica nos deixa sen alento. Como se pode ver no videoclip oficial é realmente unha droga, xa que non podo parar de escoitala.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 18 de marzo de 2012

Lana Del Rey - Videogames (Ben DJ & D-Seven remix)

Encántame a parte que vai dende o 1:00 do tema e o 1:50. Parte de un tema que rompe cunha melodía brutal e cortao con algo suave e cun vocal anxelical.

En si o tema é digno de admiración, xa que como dixen a melodía é brutal, bailando entre o progresivo e o house comercial.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 17 de marzo de 2012

Sarvi - Amore (Chuckie remix)

Grande remix contundente de Chuckie. A melodía é bestial e o vocal de Sarvi fan o resto para dar á luz un tema realmente bo.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 16 de marzo de 2012

Jens O. - Friday nights (Crystal Lake remix)

Recentemente unha tanda de grandes productores hands up está saíndo á luz. Exemplos deles son tanto o productor deste tema como os remixers del. Falo de Jens O. e os Crystal Lake.

O remix que crearon os Crystal Lake parten dun vocal realmente bo do tema orixinal e "pégan" nel unha melodía, que bebe en partes do estilo de Avicii, realmente boa.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 15 de marzo de 2012

Avicii - Levels (In reverse) (George Monev edit)

Hoxe dinme de conta que xa teño 3000 visitas no blog. Toda unha cifra á que nunca esperaría chegar cando abrin este blog. Sen dúbida, esta inxección faime seguir día a día con este proxecto, que seguirei actualizando día a día mentres vos, os que facedes que esto medre, queirades. Así que quero darvos as gracias por todo esto, xa que este proxecto é voso :-D.

Con este motivo, hoxe teño unha entrada diferente a todas as que poño normalmente, como celebración desta cifra, así que non me lío máis e aquí vos queda:

Esta entrada máis ben debería titularse "sleveL - iicivA" e ahora saberás o porqué :-D

En si non é un tema novo, senon un remix un tanto peculiar. George Monev pensou: "E porque non lle damos á volta ó tema?" E tal cual o fixo. Fíxolle un reverse e sona fabuloso.

Avicii fai as cousas tan ben que sona ben hasta do revés. XD

Podes escoitalo aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende soundcloud de George Monev ou dende ou seguinte enlace:

miércoles, 14 de marzo de 2012

Mike T feat. Rawanne - This is the night

Mike T, máis coñecido por Dj Barbas no apartado italodance, deixa atrás ese mundo e pásase ó mundo house a probar sorte. De momento o que podemos escoitar del promete.

Conta neste novo proxecto co vocal da cantante rumana Rawanne de tan solo 14 aniños!! Non aposta por ela en balde, xa que na súa terra é unha voz coñecida e na que sacou varios singles.

En canto á melodía, podemos escoitar unha especie de fusión entre house e un pouco de dance.

Podes escoitalo aquí:

martes, 13 de marzo de 2012

Inpetto - No more serious faces

Dende o primeiro momento que escoitei este tema pensei que era de Avicii, xa que o estilo é moi parecido ó del, pero o tema ven das mans de Inpetto.

Como xa dixen, incorpora moitos detalles do sintetizador de Avicii, pero cunhas subidas moi distitas ós de este xenio.

Moi bo en xeral, pero no que boto de menos unha voz para darlle outra vida. Quen sabe, igual máis adiante nun remix novo remix podemos ter a sorte de escoitalo?

Podes escoitalo aquí:

lunes, 12 de marzo de 2012

Basslovers United - Drunken

O dúo formado por Shaun Bate e Kent Base volve a traernos outra bomba hands up. Tras o "Basket case" que xa comentaramos, desta volta traennos outro himno que seguro que vas a tararear cando o escoites. Dubídalo? XD

De momento sólo podemos escoitar o remix oficial, pero polo que podemos saber, os remixes virán a cargo de 5 remixers, dos que sólo sabemos as súas iniciais: "F...", "T...", "M...", "E..." e "R...". Aventúraste con algunha das iniciais?

Podes escoitar o orixinal aquí:

domingo, 11 de marzo de 2012

Sebastian Ingrosso & Alesso - Calling (Lose my mind mix)

Xa podemos escoitar a nova colaboración de Sebastian Ingrosso e Alesso. Parece que estes dous non paran de buscar a perfección nos seus temas. O "Calling" xa era bo, pero eses dous "energúmenos" pensaron "E por qué non o perfeccionamos máis?". Dito esto puxéronse máns á obra. Finalmente, engadiron ó tema orixinal o gran vocal masculino de Ryan Tedder para axudar a darlle máis atención ás partes máis relaxadas do tema. Todo un acerto por parte dos dous.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 10 de marzo de 2012

Jeany Kiss & Sunray feat. Gemma B. - My heart beats like a drum (Justin Corza vs. Greg Blast remix)

Como reza o título da canción, se escoitas este tema, o teu corazón latirá como un tambor.

Grande remix destes dous remixers, Justin Corza e Greg Blast, donde cun fresco e gran vocal xogan apostando forte cunha melodía contundente donde o sintetizador de fondo lle da un toque fantástico.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 9 de marzo de 2012

Vince Magnata - True faith 2012

Hai xa un cantos anos, 1987 para ser máis exactos, que a banda de rock británica New Order sacou ó mercado o disco "Substance", do cal entre outras destacaba o tema "True faith".

Este tema non pasou desapercibido entre os dj, xa que entre outros podemos atopar versións de grandes como o "True faith" de Liz Kay (Se podedes, escoita o remix de Ivan Fillini e Dj Selecta, que a min me gusta moito).

Este 2012 contamos cun novo remix do tema orixinal, pero desta vez cantado por unha voz feminina e en formato dance moi bailable. Xenial, xa que ten unha melodía un tanto light, pero que resulta moi agradable ó oído.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 8 de marzo de 2012

Cascada - Night nurse (Dj Cillo remix)

Cascada, Unha das perlas da discográfica Zooland Records, lanzou ó mercado a principios do 2011 no seu álbum "Original Me" o tema "Night nurse", tema donde cambiou o seu son particular por un pop-dance tirando máis cara raices coma as de Lady Gaga. Para o meu parecer, dos temas máis frouxiños de Cascada

Ahora, case un ano máis tarde, Dj Cillo decide volver a darlle vida cun remix italo que lle pega coma un guante. Non sei se escoitachedes o orixinal que puxen ahí arriba, pero tras escoitar este remix creo que coincidirás comigo en que este remix ó lado da orixinal é sublime. Un 10 para Dj Cillo.

Podes escoitala aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende soundcloud de Dj Cillo ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/djcillomusic/cascada-night-nurse-dj-cillo/download

miércoles, 7 de marzo de 2012

Kaskade feat. Skylar Grey - Room for happiness

Se hai un par de anos me preguntaban cal era o dj que facía as composicións melódicas de mellor calidade respondería Tiësto, pero hoxe en día creo que a resposta sería Kaskade.

Miña nai, que temón! Un peliño relaxado, pero a melodía é moi boa e o vocal con toques rasgados crea unha atmósfera que lle da á melodía un halo radiante.

Podes vero o videoclip oficial aquí:

martes, 6 de marzo de 2012

Dirty Rotten Disco - Jack to the sound (Djs from Mars remix)


Gran ano o 1988! Será porque nacín nese ano eu? XD. Corría este ano cando un mozo de 27 anos chamado Peter Slaghuis baixo o nome de Hithouse se lanzou á fama gracias ó tema "Jack To the Sound of the Underground" co que chegou a alcanzar o posto 14 dos charts británicos.

Este 2012, 24 anos despois dese éxito, os Djs from Mars deciden brindarlle unha homenaxe danlle forma a un grande remix electro da maneira que nos ten acostumados... sublime!

Podes escoitalo aquí:

lunes, 5 de marzo de 2012

Dj Sammy - Look for love (Jose de Mara remix)

Tras case dous anos sen novas de Samuel Bouriah, ou o que é o mesmo Dj Sammy, volce ás produccións con este novo tema titulado "Look for love".

Se ven o orixinal me parece en certos momentos un pouco "taladrante" na melodía, Jose de Mara logrou domar o tema e crear algo máis comercial, con certos aires de Avicii. Algo moi bo e con nota.

Podes escoitalo xunto co videoclip oficial aquí:

domingo, 4 de marzo de 2012

Tradelove - Pum back

Novo remix do clásico "Waterman" que poidemos escoitar nas pistas de baile no 2004 e co que o holandés Olav Basoski se deu a coñecer o público.

Desta volta pouco fixo Tradelove, xa que o tema varía en moi pouquiño respecto ó orixinal. Do que máis me gusta está cara os 30 primeiros segundos e os dous minutos do tema, donde podemos escoitar unhas subida moi interesante e no que uns certos toques house lle dan un aspecto diferente pero cunha base moi parecida.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 3 de marzo de 2012

Jerry Rekonius vs. Lady Gaga - Marry the 10Th (DJ Newklear mash up)

Este tema racha a pana! Un mash up combinando o "10Th" de Jerry Rekonius co "Marry the night" da diva Lady Gaga. O resultado desta mestura é un temiña electro que rompe moi ben dando dous grandes subidóns nos minutos 2:14 e 4:22 dunha maneira bestial.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 2 de marzo de 2012

Plumbers - In the club

A verdade é que a primeira vez que escoitei este tema non me chamou moito a atención. Pareceume un pouco simplón, pero decidinlle dar unha segunda oportunidade tras chegar ó final.

De segunda volta pareime a escoitalo mellor e cambiei de opinión, sobre todo ó escoitar o vocal, que en certos momentos me recorda, salvando as distancias, á voz do grande Eddy Wata.

En canto á melodía, non me acaba de convencer, xa que en certos momentos é demasiado escueta, pero noutros cambia radicalmente e crea algo realmente explosivo. Neste caso, un pequeno tirón de orellas.

Podes escoitar o videoclip oficial aquí:

jueves, 1 de marzo de 2012

Twice Nice - Nothing stop in my mind

Contundencia dende o principio ata o final. Esa é a característica fundamental deste tema que nos presentan os Twice Nice.

Cunha melodía que en ocasións baila entre o elecro e o dance e uns baixos potentes fan desto un tema moi interesante.

Podes escoitalo aquí: