Instinto dance

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Starkillers - Take over

Vaia temazo que se trae entre mans Starkillers. Unha base melódica moi adictiva que atrae a persoa que a está a escoitar dende o primeiro momento.

Podes escoitalo aquí:

martes, 29 de noviembre de 2011

DAB feat. Sissa - I wonder

Hoxe traiovos un tema moi coidado en canto á melodía. Roza a perfección en canto a son. Nótase que se traballou nel con cariño e pensando o que se facía.

O vocal presenta unha pequeno efecto de "desenfoque", ou non sei como denominalo, que o fai moi atractivo.

Podes ver aquí o videoclip oficial:

lunes, 28 de noviembre de 2011

Duck Sauce - Big bad wolf

Reconozo que a primeira vez que escoitei este tema non me resultou demasiado atractivo, pero parece que coma o bo viño, faise mellor co tempo.

Duck Sauce volta á carga tras o seu éxito co "Barbra Streisand" e que tantas veces seguro que escoitaches. Neste novo traballo os dous socios de mesa presentannos algo menos comercial pero que engancha...e moito.

Por certo, recoméndovos ver o videoclip, xa que é canto menos interesante XD. Podes facelo aquí:

domingo, 27 de noviembre de 2011

Europe - The final countdown (Dj sTore remix 2011)


Como non podía ser menos, Dj sTore volta a sorprenderme. Esta vez trae baixo o brazo un remix dun tema clásico como é o "The final countdown" de Europe

O remix non está nada mal a verdade, está moi ben reproducida a versión, cuns baixos marcados e un toques made in sTore, baseados en temas de Gigi.

Podes escoitalo e descargalo aquí:

sábado, 26 de noviembre de 2011

Deepside Deejays - Never be alone (Dj A'med Tl remix)

Vaia subidóns que presenta este tema. Este tema subelle os ánimos a calquera.

Vocal delicioso á vez que pegadizo. Realmente dan ganas de poñerse a cantalo cada vez que o escoito.
En canto ó tema melódico destacan os subidóns, que fan do tema algo moi interesante e potente.

Podes velo videoclip editado por Hugo VaLeon do remix:

viernes, 25 de noviembre de 2011

Simon de Jano - Kong fusión (Da Brozz remix)

Da Brozz traenos en versión electro o seu último remix dun tema de Simon de Jano titulado "Kong fusión".

O tema convina unha melodía menos estridente para o meu gusta a a orixinal cun vocal distorsionado ó máis puro estilo "Technologic" dos Daft Punk.

Podedes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 24 de noviembre de 2011

E-Partment feat. Kandy - Hang on

Un dos grandes temas que estoitei nos últimos meses. O vocal é super adictivo, así que advertido quedas se o fas :-). A melodía esta moi á par do vocal, donde en certas partes do tema sorprendeume moi positivamente, xa que o son é realmente novidoso.

Podes velo videoclip oficial aquí:

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Radio Killer - Don't let the music end

Despois de temas como o "Lonely heart" ou o "Be Free", Radio Killer volven á carga con outro temazo moi na súa línea no tema melódico, donde presenta unhas trazas de potencia e notas moi novidosas.

O vocal, de novo feminino, gustame, xa que aporta unha potencia bestial engadida. Que potencia ten esta rapaza!

Podes velo videoclip oficial aquí:

martes, 22 de noviembre de 2011

Basslovers United - Basket case

Tras o seu anterior traballo "Forever is over" do que xa faláramos anteriormente, Basslovers United presentan o seu novo sinxelo titulado "Basket case", no que remixan o tema titulado da mesma maneira de grupo Green Day.

Nada novo sobre a mesa, son hands up e remixes a cargo de grandes nomes no panorama, como son PH Electro, Djs from Mars, Ti-Mo ou o remix Black toys, que é o que collín para esta entrada, xa que me parece brilante.

Podes ver o videoclip do remix Black toys aquí:

lunes, 21 de noviembre de 2011

Kato Jimenez & Luis Vázquez feat. Jesus Sánchez - Wannabe (Miguel Valbuena hands up! edit)

Algo que veña das mans de Miguel Valbuena non pode ser malo. Proba delo é a serie de remixes que leva ata ahora na súa carreira meteórica de produccións.

Hoxe presentanos o seu remix hands up do tema "Wannabe". Hai que comentar que tamén fixo unha versión electro do tema, pero esta versión racha a pana. Moito me gusta ese cambios de ritmo bestiales que inserta, dende algo hands up a un reggaeton pasando polo dance. Moi adictiva.

Podes escoitala aquí:

domingo, 20 de noviembre de 2011

Sak Noel - Paso (The Nini anthem)

Tras o éxito co seu primeiro traballo en solitario e que tantos éxitos internacinales lle brindou, por se non o recordades falamos do "Loca people", chéga a agardada volta do seu novo traballo.

Como o anterior tema, esto cheira a éxito e senon tempo ó tempo. A melodía segue sendo algo moi comercial e o vocal, que é o que caracteriza o tema, segue sendo algo moi peculiar e que resulta moi agradable. Dentro de pouco escoitaredes non solo berrar a xente "La gente está muy loca" senon tamén o "Mama, yo paso de todo", que é o gancho deste novo tema.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 19 de noviembre de 2011

Dj Power - Vision experience 4

Dj Power traenos o seu novo traballo Vision Experience Vol.4, no que podemos atopar temas house, italo ou lento violento. Os temas que inclúe por orde do estilo que comentei son "Dream Symphony", "Drop The Bass", "Inside me", "Boa noite" e o "Voz Do Mundo".

Entre os temas que inclúe destaco os dous que máis me gustaron, que son o "Boa noite", que é un tema italo máis ben melódico cuns pequenos toques vocales que me atraeu moito, e ademáis o "Inside me (Vision experience)", este conta co ritmo máis puro de Dj Power, cunha base melódica moi movida e que se achega ós ritmos maranza.

Sen máis, deixovos aquí cos dous:

Dj Power - Inside Me (Vision Experience):


Dj Power - Inside me (Vision experience)

viernes, 18 de noviembre de 2011

Avicii - Sweet dreams

Se teño que definir este traballo de Avicii nunha palabra esta sería brutal. É increible como colleu este tema clásico e o transformou nunha perla.

O ritmo é o típico que podemos atopar nas últimas produccións deste xenio e o vocal ten uns pequenos retoques en comparación co orixinal.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 17 de noviembre de 2011

Juanjo Martin & Albert Neve feat. Nalaya - Don't stop til you get enough

Son un fiel seguidor do programa de Europa FM "Ponte a prueba" e de vez en cando soaba esta canción no seu programa. Levabaa tempo buscando por foros, youtube, etc ata que o outro día me recomendaron un tema para escoitar. A sorpresa é que este tema era o que estaba a buscar XD

Sen máis, o tema é espectacular. O ritmo que ten é impresionante e o vocal non se queda atrás. O traballo de Juanjo Martin xunto Albert Neve e o vocal de Nalaya é soberbio.

Podes escoitar o tema aquí:

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Dj HYO vs. Technoposse - Buona sera (Technoposse remix)

Reconozo que o estilo de hands up que produce Dj HYO non me gusta en absoluto. De momento todos os singles que quitou no selo "Planeta mix records" me fixeron opinar esto... ata o momento que escoitei este tema, o "Buona Sera".

Ten a peculiaridade de que é un tema hands up en italiano, estilo que normalmente bebe da lingua donde naceu, Alemania, ou do inglés, pero desta vez arriscáronse nesta lingua e personalmente creo que acertaron completamente.

O estribillo non é nada do outro mundo, xa que non ten moita historia, eso si, gusta a combinación buscada. En canto ó apartado melódico, destaca polo seu espírito hands up sen apostar por un baixo moi remarcado.

Podes escoitalo aquí:

martes, 15 de noviembre de 2011

Nick Kamarera & Alinka - Get A Life (Mama Yette)

Moi interesante este novo traballo de Nick Kamarera coa colaboración nos vocales de Alinka.

Presenta un estilo no vocal do que se podería calificar estilo Shakira, no estribillo, polo "Mama Yette" que repite. En canto á melodía, un estilo moi novedoso e nada habitual no son house de hoxe en día.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 14 de noviembre de 2011

Tara McDonald vs. Sidney Samson - Dynamite (Nicky Romero remix)

Sons un pouco violento pero moi atractivo. Os acordes que practica Nicky Romero neste remix son espectaculares, chegando incluso a usar samples á altura do hardstyle.

Creo que será un tema estrela en moitas pistas á hora de subir os ánimos do personal.

Podes velo videoclip oficial aquí:

domingo, 13 de noviembre de 2011

Lolita - Joli garcon (ItaloProducerz super maranza mix)


Moi interesante a proposta que nos ofrece ItaloProducerz da súa versión do último tema de Lolita titulado "Joli garcon".

Encántame a melodía italo en forma de maranza que lle pon, xa que o tema parece que cobra vida cos seus acordes. Notaza que lle poño a ItaloProducerz, xa que é do mellor que escoitei últimamente.

Podes escoitalo aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o soundcloud oficial de ItaloProducerz ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/italoproducerz/lolita-joli-garcon/download

sábado, 12 de noviembre de 2011

Italobrothers feat. Carlprit - Boom

Novas moi interesantes dos ItaloBrothers. Tras empaparnos de éxitos pasados como os "Stamp On The Ground", "Love Is On Fire" ou o seu último single "Crying In The Rain" do que xa falaramos, no que se veu un pequeno cambio cara o son máis dance tirando cara o house, xa podemos escoitar o que vai ser o seu próximo traballo.

Máis na pauta dos seu anteriores traballos hands up con trazos italodance, chega este "Boom", do que pouco podemos entrever de momento, xa que a previa é pequena, pero que non ten mala pinta.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 11 de noviembre de 2011

Power Francers - Pompo nel profondo rosso (Paul Neville mash up)

Parece que o tema de Power Francers titulado "Pompo nelle casse" está moi de moda, porque no fago máis que escoitar remixes deste tema. O último é un pequeno mash up da parte de Paul Neville que me pareceu moi resultón.

Usando a letra do tema orixinal e un par de arreglos conseguiu crear un mash up pata negra, moi pero que moi bo.

Podes escoitalo remix no videoclip oficial editado por Joe:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema , pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende a páxina oficial de Dj Evil:
http://www.djevil.org/pompo-nelle-casse-vs-profondo-rosso-paul-neville-mash-up/

jueves, 10 de noviembre de 2011

Kaskade, Rebecca & Fiona - Turn it down

Realmente me extrañei dende o primeiro momento que escoitei este tema. Estou máis habituado a escoitar temas das facetas menos comerciales de Kaskade, pero polo que parece non se lle da nada mal o comercial tampouco.

Atopámonos ante un tema espectacular, tanto no plano melódico coma no vocal. Kaskade non defrauda nos seus compases e crea unha melodía increible, que unido á voz do vocal feminino lle dan un toque sensacional.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Lola - Más lettél

Realmente pegadizo o tema que nos trae esta xoven cantate dende terras húngaras.

O vocal é moi bo, perfectamente composto para que enganche dende o primeiro momento. En canto ó apartado melódico, o mesmo se pode decir, xa que o tema é moi bo.

Podes velo videolcip oficial aquí:

martes, 8 de noviembre de 2011

Adele - Someone like you (Freddy remix)

Encántame o estilo que pon nos seus temas Freddy. Relmente escoitando o tema transmiteche a forza que el pretende aportar ó tema. Desta maneira, crea temas coma este "Someone like you" de Adele. Cada vez que o oio quedo con ganas de volver a escoitalo unha e outra vez. Non sei como o fai, pero sempre me sorprende grátamente.

Ademáis, a entrada de hoxe é un homenaxe a Adele, para darlle ánimos trala operación de cordas vocales á que se tivo que someter. Moitos ánimos dende Instinto dance Adele!

Podes escoitalo tema aquí:

lunes, 7 de noviembre de 2011

Avicii vs. Djs from Mars - Levels of insane (Filippo P. mash up)

Xa falara anteriormente do tema que recentemente os Djs from Mars titulado "Insane" e que me parecera tremendo. Pois ben, desta volta Filippo P. sorprendenos mesturando o vocal deste xunto co "Levels" de Avicii maxistralmente.

Podes escoitalo aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o soundcloud oficial de Filippo P. ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/filippo-p-1/avicii-vs-djs-from-mars-levels/download

domingo, 6 de noviembre de 2011

Dj sTore - Adagio

Puff! Cada vez que escoito este tema pónseme os pelos como escarpias. Vaia forza que ten este tema.

Púramente melódico é o tema que nos trae Dj sTore, na que segundo a miña opinión, é realmente fantástico. Nótanse cal é a fonte da que bebe e admira Dj sTore, xa que o tema recorda moito ós temas do grande Gigi D'agostino.

Podes escoitalo tema aquí:

sábado, 5 de noviembre de 2011

Marc MacRowland - The final countdown

Spinnin records siguen quitando temazos continuamente. Resultado deste é o tema que vos traio hoxe, un remix de Europe e vitaminado cunha melodía increible para dar como resultado este tema house, que trensmite unhas vibracións espectaculares.

Podes escoitala aquí:

viernes, 4 de noviembre de 2011

Cassey Doreen - Like a Virgin

Era o ano 1984 cando a cantante estadounidense Madonna grababa o seu segundo álbum de estudio titulado "Like a Virgin", do que o seu principal hit recibia o mesmo título que o álbum.

Neste ano 2011, sae á luz unha versión house de Cassey Doreen cun vocal moi parecido ó orixinal, pero cunha melodía con moita máis caña.

Podes velo videoclip oficial aquí:

jueves, 3 de noviembre de 2011

Dyland & Lenny - Pégate más (Manny Lopez & Nemesis remix)

Que ocorre cando xuntamos un hit latino con un electro resultón? Bueno, pois a resposta dánnola Manny Lopez & Nemesis, con este tama tan atractivo.

Desta maneira podemos ver un tema electro latino moi comercial e que rompe pistas de baile cando a xente o escoita.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Bass & Bross - Ricordati di me

Ainda que o panorama italo non está moi movido últimamente, están a salir unha serie de produccións con contagotas que non están nada mal. Exemplo desto é o disco que Bass & Bross, grupo composto por Angelo Ciaravola, Tony Change e a cantante Angenia, editará o día 21 de novembro titulado "Ricordati di me".

Entre as versións que podemos atopar no cd hai tres italo, a orixinal, a de Marco Piccolo ou a de Angelo Ciaravola, unha dubstep, a de A&C, unha house, a de Stephan F, e duas hands up, a de Spampy Engel e a de Persian Raver.

Se teño que elixir entre todas as que compoñen o disco dudaría entre a de Marco Piccolo e a de Angelo Ciaravola, ainda que finalmente elixiría a de Angelo Ciaravola, xa que o italo que practica encántame.

Podes escoitalas previas das versións aquí:

martes, 1 de noviembre de 2011

Tim Berg vs. Magic Box - If you bromance (Laura B. mash up)

Buff! Que recordos me viñeron á cabeza cos primeiros compases deste mash up, os do tema de Magic Box "If you", de cando empecei a escoitar italo.

Ahora, Laura B. decideu xuntar este clásico de Magic Box co vocal do "Seek Bromance" de Tim Berg. Todo un acerto pola sua parte. Moi bo.

Podes velo videoclip do mash up aquí: