Instinto dance

lunes, 29 de abril de 2013

Manu LJ - That's amore (Dance Rocker remix)

Grandísimo remix dun vello coñecido neste blog, como é Dance Rocker.

Para este remix optou polo remix do tema "That's amore" de Manu LJ, tema dance que está a funcionar moi ben e que Dance Rocker soupo mesturar moi ben para obter este grande remix.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 28 de abril de 2013

Marcel Woods feat. Vanbot - Bring it back

Tema que goza dun vocal moi bo e que a melodía que o acompaña o fai dunha maneira realmente fantástica.

Se moitas veces se quitan temas dance solo para vender, este non é o caso, xa que ademáis desto, aporta algo novidoso.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 27 de abril de 2013

Fedde Le Grand & Sultan & Ned Shepard - Long way from home

Moi novidoso e con ganas de sorprender é o que nos traie a colaboración de Fedde Le Grand e o dueto que soen formar Sultan e Ned Shepard.

Un aire de guitarra en certos momentos que o fai distinto e con ganas, xunto cunha melodía dance-house moi apetecible.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 26 de abril de 2013

Clubhunter - Space girl (Turbotronic edit)

Un vocal que conta con pouca viveza, pero que cumple pola súa armonía, xunto cunha melodía electro moi adictiva.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 25 de abril de 2013

ItaloBrothers - Luminous intensity

Novo tema destes dous cracks. Se hai pouco tempo poidemos disfrutar do "My life is a party", ahora temos novo tema, este "Luminous intensity", un tema ó que lle atopo en certos momentos un aire ós temas de Basshunter, fresco e que contaxia ganas de bailar.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 24 de abril de 2013

Nicky Romero & NERVO - Like home

Con estes productores polo medio non podía salir nada mal. Efectivamente, as mans dos tres e a voz das NERVO dan lugar a un tema dance completo e cunha pegada moi grande.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 23 de abril de 2013

S4D Project - Aria (Dj Cillo remix)

Tema con moita calidade. Dos últimos temas italodance que escoitei, creo que este é o que máis calidade desprende neste ano 2013.

O remix orixinal, é realmente bo, pero este remix de Dj Cillo ten un mellor ritmo e musicalidade.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 22 de abril de 2013

Mr.Da-Nos feat. Paul Jay - Good times

Tema dance que cunha melodía incrible. O seu estribillo encántame, donde non abusa dun potente bombo, senon duns agudos vibrantes e un vocal moi suculento.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 21 de abril de 2013

Gabry Ponte mesturando 25 temas en 3 minutos

Non é realmente un mash up, pero podería selo.

Mostra do que un dj con moita maña pode facer é esto que Gabry Ponte nos mamosa, mesturando 25 temas de moitos momentos da historia, entre o pop e o dance.

Podes velo aquí:

sábado, 20 de abril de 2013

Swanky Tunes, DVBBS, Eitro - We know

Encántame o son deste tema.

Novidoso e que engancha é o resumo deste tema. Con unha melodía moi interesante e un pequeno vocal chega este tema, que fara as delicias de moitas pistas.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 19 de abril de 2013

Armin van Buuren feat. Trevor Guthrie - This is what it feels like

Tema realmente raro, xa que podemos escoitar a un Armin van Buuren nun rexistro que non é o habitual, un dance melódico e moi comercial, xunto coa voz de Trevor Guthrie, que lle da un toque moi pegadizo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 18 de abril de 2013

Daddy's Groove & Cryogenix - Tilt (Club mix)

Cun tacto áspero e duro chega este tema.

Dureza na melodía deste tema, con unha melodía contundente gracias ó bombo duro e rápido, que o fan un pouco minimalista no conxunto do estilo electro.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 17 de abril de 2013

Carnage & Borgore - Incredible (Heroes x Villains remix)

Remix de calidade de parte de Heroes x Villains.

Cun bombo moi chamativo chega este "Incredible", que ainda que ten moito parecido co orixinal deste tema creo que goza de un par de detalles que o fan mellor.

Podes escoitalo aquí:

martes, 16 de abril de 2013

Danny Suko & Denny Crane feat. Tommy Clint - Kill it on the floor

Ainda que sexa o típico tema totalmente comercial feito para vender, non nos atopamos na típica producción feita sen máis para esto, xa que o tema goza dunha melodía e un vocal moi bos, polo que é algo máis ca eso.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 15 de abril de 2013

Azuro feat. Elly - Hypnotize (Deemil remix)

Vaia vozarrón acompaña a este tema.

Unha base melódica moi boa, con personalidade, que ten como parte fundamental do tema a fantástica voz de Elly, enérxica e vida, que fai deste tema un número un das pistas.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 14 de abril de 2013

Leon Bolier - Disco Davai

Subidón de tema. O principio do tema, donde empeza forte, e o primeiro plato desde tema, que segue esta temática ó longo de todo o tema, dando coletazos así que empeza a adentrarse máis cara o climax do tema.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 13 de abril de 2013

Florian Arndt - King Kong

O vocal un pouco corto e sen moita chicha, pero a melodía é realmente abraiante. Capta a atención dende o principio, xa que o ritmo e o bombo que usa fan del un tema adictivo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 12 de abril de 2013

Lily Allen - Fuck you (Dj THT bootleg)

Vaia xenio é este Dj THT! Foi capaz de darlle a volta a este tema pop de Lily Allen para poñerlle este divertido aire hands up que tan ben lle acae.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 11 de abril de 2013

Wolfgang Gartner feat. Icona Pop & The Killers - I don't care (5 & A Dime bootleg)

Este rapaz leva moito tempo no mundo dos bootles producindo grandes mash ups, como este, donde mestura temas como o remix de Ivan Gough do "Turn off the lights" de Vincenzo Callea vs. William Naraine, o "I love it" de Icona Pop feat. Charli XCX, tema altamente recomendable, "Redline" de Wolfgang Gartner, outro tema que non sona nada pero nada mal, e o "Mr. Brightside" dos The Killers.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 10 de abril de 2013

Combination - Follow me

Tema vivaz e con ganas de divertir á xente.

Melodía con garra acompañada dun vocal femenino que me deixa ca boca aberta cada vez que o escoito pola enerxía que transmite.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 9 de abril de 2013

Clubhunter - Dance dance (Dj HYO vs. Discoduck remix)

Nunca me acabaron de convencer os temas de Dj HYO, máis este ten algo que me agrada cada vez que o escoito, unha melodía en certos momentos simples, pero que realmente enche os oídos cando a escoitas xunto cun vocal que soa realmente amigable e que engancha.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 8 de abril de 2013

Beltek & Morgan Page - Captcha

Unha melodía que deixa a calquera ca boca cerrada dende o primeiro momento, este é o resumo deste tema, colaboración entre Beltek e Morgan Page, puramente melódico, que non precisa de ningún vocal para ser o que é, un temazo.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 7 de abril de 2013

Cc.K meets. Scoon & Delore - In the end

Como carga as pilas esto!

Vaya bombo lle puxo a este tema Cc.K, que se volve a xuntar con Scoon & Delore tras o "Not gonna save the world" para producir esta xenialidade chea de potencia e unha melodía tremenda.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 6 de abril de 2013

Hard Rock Sofa & Dirty Shade - Collapsar

Son puramente Hard Rock Sofa.

Este sintetizador é a proba máis contundente que nos atopamos ante un tema dun dos fenómenos dos últimos meses, os rusos Hard Rock Sofa, ben acompañados nesta andaina do dúo tamén ruso Dirty Shade. Contundencia dende o principo ata o final para este tema puramente melódico.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 5 de abril de 2013

Wolfgang Gartner feat. Medina - Overdose

Tema un pooco máis flouxiño do que nos ten acostumados Wolfgang Gartner.

Algo máis na liña do comercial este novo tema de Wolfgang Gartner, que centra desta vez máis a melodía en dar viveza ó vocal en vez de ter máis protagonismo, como nos ten acostumados. De todas maneiras, gran melodía e vocal refinado para esta novidade.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 4 de abril de 2013

Dane Rumble - Cruel (Albert Kick & Jordi MB remix)

Remix 100% español deste tema do nova celandés Dane Rumble.

Xa sabemos o ben que soan os temas e remixes de Jordi MB, como o "Heroes" ou o "Lady", dous temas cos que xa pasaran pola parrilla deste blog. Nesta etapa xúntase con Albert Kick, productor cuns cantos temas ás súas costas para dar lugar a un tema 100% bailable, con moita pegada.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 3 de abril de 2013

Petty Joy - Cascade

Empeza tranquiliña, pero pouco a pouco vai collendo ritmo este tema de Petty Joy. Un vozarrón xunto cunha melodía que engana, xa que parece suaviña, pero que colle pouco a pouco forma e potencia dando unhas subidas excelentes.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 2 de abril de 2013

Dj JPedroza feat. Di Franco - Sonho lindo (Ramon Gz remix )

Como sempre Ramón GZ sorpréndenos co seu vo facer nos remixes.

Tema de un dos productores italodance que está a ter moita fama debido ás súas últimas produccións. Ahora Ramón pon unha ginda co seu remix, dandolle unha forma hands up que realmente ben.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 1 de abril de 2013

Hardwell feat. Amba Shepherd - Apollo

Tema do gran Hardwell, que como sempre lle da un toque personal e innovador ós seus temas, como este "Apollo", donde soupo combinar un tema cunha gran base melódica xunto cun vocal, o de Amba Shepherd, que fan del un tema pata negra.

Podes ver o videlcip oficial aquí: