Instinto dance

Mostrando entradas con la etiqueta Paps'n'Skar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paps'n'Skar. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de mayo de 2013

Roma - Wake up

Con un perfil moito máis comercial chega este novo tema dos Paps'n'Skar, co seu característico vocal que tanto nos gusta, ainda que cunha base un pouco pobre para o meu gusto.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 16 de febrero de 2013

Paps'N'Skar - Twilight of love (Claster dEEJAY)

Tema do dueto italiano para este pasado 2012 que funcionou de forma estupenda.

Neste 2013 Claster dEEJAY remixa o tema orixinal para darlle un aire italodance a este tema dance que lle queda moi ben.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 21 de julio de 2012

Paps'n'Skar - Twilight of love

Xa temos de volta a este dueto italiano. Despois de que o ano pasado nos amosaran o seu "La cicala Greca" en italiano ou a versión en castelán chamada "La sirena" (Grande traducción :-)) donde probaron no mundo do pop e a súa colaboración con Da Brozz co tema "Into your soul" podemos escoitar o seu novo tema.

Bastante mellor ca estas dúas últimas produccioóns, donde podemos atopar o son típico de Emanuele Cozzi (Pap) e Davide Scarpulla (Skar), donde predomina o vocal comercial e nos amosan as súas exitosas voces. De momento sólo podemos escoitar a versión , pero parece que sairán diversos remixes, e quen sabe si algún italo!

Podes escoitalo aquí:

sábado, 25 de junio de 2011

DJ Maxwell Vs. Paps'n'Skar - Lovin' you

Corría o ano 2002 cando este dueto chamado artísticamente como Paps'n'Skar editaban o seu segundo sinxelo, chamado "Lovin' you", disco que lles deu a súa fama fóra das terras italianas.
Ahora Dj Maxwell reedita este tema, incluíndoo no album "Trust no one - Part 2", dándolle uns pequenos retoques melódicos que lle dan outra personalidade distinta.
Personalmente, encantame o remix da canción, xa que Dj Maxwell transmite unha enerxía enorme apoiado da letra, que hai que decilo, non se romperon moito a cabeza creándoa, pero ese pouco é suficiente para brindarnos o que nos quere transmitir.
Aquí volo deixo: