Instinto dance

domingo, 31 de marzo de 2013

Nuria Swan - I want you

Unha melodía moi ao estilo do Daivid Guetta ó principio que rompe drásticamente para dar lugar a un dance rumano con moita pinta de que pode triunfar nas pistas de baile. Para rematar, un vocal moi doce da man de Nuria Swan.

Podes ver o videoclip oficial aquí:
 

sábado, 30 de marzo de 2013

Crystal Lake feat. Beth - Dear god

Vaia dous! Os Crystal Lake son uns deses productores que cando sacan un tema o fan ben.

Melodía brutal, cargada de enerxía e un vocal, o de Beth, doce con ritmo, que fan un tema redondo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 29 de marzo de 2013

Matt Blue - Outta my mind

Non está nada mal este tema de Matt Blue.

Ainda que non é un temazo por voz nin por música, conten todo o necesario para facer del un tema atractivo, que se deixa escoitar.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 28 de marzo de 2013

Daddy's Groove - Stellar (Martin Garrix remix)

Martin Garrix está a ter nos últimos meses moi boas críticas cos seus remixes e temas, e non é para menos.

Neste remix do "Stellar", móstranos unha cara electro, ese estilo que tanto lle gusta e que tanto nos gusta a nos. Acompañao un vocal un pouco apagago, do que se podía exprimir máis para sacar todo o seu xugo.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 27 de marzo de 2013

R.I.O. - Living in stereo

Relmante un dos mellores temas de R.I.O. de todos os últimos que leva quitado, que se parece máis ós temas co que nos tima acostumaods ó principio da súa carreira.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 26 de marzo de 2013

Mat Zo - Easy

Realmente espectacular este "Easy" do xoven londinense Mat Zo, que pese ó seus 22 anos xa conta con moitas produccións no seu haber.

Nesta sua nova producción conta cunha melodía fenomenal, que non me canso de escoitar, xunto cun pequeno vocal femenino. En certos momentos me recorda a temas como algún dos de Daft Punk.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 25 de marzo de 2013

E-Partment - Razzamatazz

Tema moi divertido e movido, que incita a bailar dende o primeiro minuto.

Unha melodía pegadiza e novidosa acompañada dos vocales dos E-Partment.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 24 de marzo de 2013

Projekt Black - Million voices (Basslouder remix)

Como sempre un remix brutal de Basslouder, que nos ten malacostumados co seu bo facer nas melodías, sempre acertando no punto que tanto nos gusta.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 23 de marzo de 2013

Mo-No feat. Sara Cruz & Flo Rida - I belong 2 u (Jerome mix)

Un ritmo moi pegadizo o que consegue este tema.

A través dun sinxelo dance este tema ten chicha para poder lograr altas posicións nas listas de éxitos. Un vocal femenino fantástico acompañado do de Flo Rida e unha melodía light pero efectiva.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 22 de marzo de 2013

Kaskade & Swanky Tunes feat. Lights - No one knows who we are

En resumo, espectacular.

Todo o que pasa polas mans de Kaskade se convirte en algo realmente explosivo. Desta vez non é menos. Acompáñano á producción os Swanky Tunes, creando un tema xenial. En resumo, un tema completo de cabo a rabo, tanto melódica como vocalmente.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 21 de marzo de 2013

Coffee & Honey feat. Alexandra - Smile (Bietto remix 2013)

Como me gusta o sintetizador que usou para este remix Bietto.

Unha mestura de orixinalidade e xenialidade para este "Smile". Conserva vocal, pero a melodía é fenomenal neste italodance polo que apostou Bietto.

Podes escoitalo tema aquí:

miércoles, 20 de marzo de 2013

Domino Brothers - Just for you

Tema moi interesante o que nos presentan os Domino Brothers.

Dende o hands up máis divertido e melódico atopamos este "Just for you", tema que ten reminiscencias de moitos outros xenios das produccións hands up.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 19 de marzo de 2013

Mike Candys feat. Jenson Vaughan - Bring back the love

Xa está dispoñible o novo tema de Mike Candys.

Pasou tempo dende que poidemos escoitar o último éxito de Mike. De novo volta co seu peculiar estilo musical, house pegadizo, e o vocal de Jenson Vaughan, que o acompaña perfectamente.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 18 de marzo de 2013

Firebeatz - Gangster

Garra e bo facer neste tema. Gran aposta de Firebeatz este tema. Un dubstep lixeiro cuns pequenos samples vocales para dar esta delicia.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 17 de marzo de 2013

Andrea Pani - Check this

Súbeme a adrenalina cada vez que escoito este tema.

Potencia e elegancia é o que atopamos neste tema de Andrea Pani. Un tema méramente melódico, pero que se basta el solo sen vocal para defender que é un tema a ter en conta.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 16 de marzo de 2013

Marco van Bassken feat. Richard Oliver - Holding out (Dj THT edit)

A versión orixinal deste "Holding out" é realmente aburrida. Non aporta nada novidoso no panorama house, mentras que este remix de THT é realmente formidable, un xiro de 360º do orixinal, cun pedazo de melodía espectacular.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 15 de marzo de 2013

Dj sTore feat. Andrea Morph - Carillon (remix 2013)

Novo tema dun dos xenios a día de hoxe do italodance, como é Dj sTore.

Para esta nova producción toma man dun tema clásico, como é o "Carillon", cantado por Andrea Morph, vella coñecida no panorama italodance. Un tema moi movido e que conta cunha melodía que me encanta. 

Podes escoitalo aquí:

jueves, 14 de marzo de 2013

Jeffrey Jey - The color inside her

Hay un par de dias falábamos neste blog do novo tema de Jeffrey Jey, o "Out of your arms", tema 10 para o meu gusto. Se ben o tema que vos traio hoxe non chega a esa altura, vese que Jeffrey volve con ganas á producción. Esperemos que os novos temas que nos brinde sexan dignos de mención, como estes dous dos que xa podemos disfrutar.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 13 de marzo de 2013

Giorno & You - The Feeling (Giorgo Gee remix)

Electro fresquiño.

Recén salido do forno o novo EP de Giorno atopámosnos con esta versión electro do propio Giorno, donde vemos que non solo se lle da ben o hands up, senon que tamén domina e moi ben o estilo electro. De momento esperemos que siga centrado no que domina tan e tan ben, o hands up.

Podes escoitalo aquí:

martes, 12 de marzo de 2013

Kat Deluna feat. DJ Yass Carter - Wild girl

Unha melodía light pero pegadiza ininda este tema donde o protagonista principal é o pedazo de vocal de Kat Deluna co que nos deleita e que deixa os pelos de punta.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 11 de marzo de 2013

Alex Kenji & Richard Dinsdale feat. Kandace Ferrel - Stars in the sky

Tema con moito sentimento e calidade.

Melodía moi pero que moi boa cun vocal moi agradable e que ó mue parecer debería alargar máis, xa que é unha arma moi efectiva coa que conta.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 10 de marzo de 2013

Rihanna - Diamonds (Dj-EviL 65s edit)

Este rapaz é xenial. Todo o que toca o convirte en temazo.

Para este novo remix, Dj-EviL deulle forma ó último éxito de Rihanna, o "Diamonds", tema donde arroxa un vocal espectacular, acompañado como non do seu particular ritmo dando homenaxe a un dos grupos europop máis famosos, os Eiffel 65.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 9 de marzo de 2013

Scarwrist feat. Chelle - Pleasure seekers

Moi pero que moi movido este tema de Scarwrist coa colaboración no vocal de Chelle.

Un saxo moi no estilo do house rumano e unha melodía dance que me encanta aderezada do vocal femenino e outro tipo hip hop.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 8 de marzo de 2013

Global Deejays & Chris Willis - Party 2 daylight

Global Deejays, o trio formado por Dj Taylor, Dj Mikkel e FLOw, creadores de temas como os "The sound of San Francisco", o seu particular remix do "What a feeling", o "Hardcore vibes" ou o "Stars on 45", están de volta e con moitas ganas na producción e desta vez contan co vocal dunha das voces máis coñecidas no panorama dance, como é Chris Willis. Así, desta mestura podemos disgrutar deste Party 2 daylight, tema moi movido e vivo.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 7 de marzo de 2013

MOTi - Krack!

Coidado, no momento que lle des ó play a túa adrenalina empezará a subir!!

Temazo de MOTi, donde aplica a este tema un dubstep brutal con esa pedazo de melodía que respira calidade por todos os seus costados.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 6 de marzo de 2013

House Rockerz - Elektrisiert

Adrenalina subindo cando empeza o estribillo.

Moi pero que moi logrado este novo tema dos House Rockerz, donde combina unha melodía que engancha cun vocal, que todo sea dito, non está moi traballado e resulta en certos momentos un tanto repetitivo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 5 de marzo de 2013

Rameses B. - I need you (R.A.G. Dj remix)

Encántame o toque sonoro que lle da ós seus remixes R.A.G. Dj.

Tema italodace de calidade, dos mellores que escoitei nos últimos meses. Realmente R.A.G. Dj puxo empeño e esforzo e producir este remix e nótase.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 4 de marzo de 2013

Dj Suri, Markus dB & Ivan Gomez feat. Soraya Naoyin - Looking for love

Un dos pesos pesados dos vocales no panorama house é Soraya Naoyin, que conta cunha longa carreira de éxitos dance no seu haber.

Ahora podemos escoitar o novo tema no que participa xunto con Dj Suri, Markus dB e Ivan Gomez, cracks na producción musical. De novo un tema moi traballado cun vocal que quita o sentido.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 3 de marzo de 2013

Britney Spears - Criminal (FranJ vs. JPedroza Dj remix)

Unha das deusas do pop como é Britney Spears xa ten remix de parte destes dous xenios brasileiros.

Un dos novos cerebros do italodance, JPedroza, xuntase con FranJ para dar como resultado este remix moi bo, que creo que se fora un pouco máis rápido sería realmente fantástico.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 2 de marzo de 2013

Steve Aoki feat. Polina - Come with me

Este home é realmente incrible, quita temazo tras temazo.

De novo producción de Steve Aoki, todo un xenio musical cunha gran imaxinación. Tema house movidiño cun pedazo de vocal da guapísima Polina.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 1 de marzo de 2013

Grace Valerie - Don't wanna be waiting

Pausada pero con xenio.

Ainda que non nos atopemos cun pedazo de canción, ten ese algo que a fai especial, un vocal doce e que engancha. En canto á melodía, loce bastante ben rodeada desta voz.

Podes ver o videoclip oficial aquí: