Instinto dance

martes, 31 de julio de 2012

Sasha Dith & Steve Modana - Radio loves you

Como incita a poérse a bailar este tema!

Se ben o son que nos amosa non é nada novidoso, xa que se inspira moito das melodías dance actuales, o vocal dalle unha boa nota a este tema.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 30 de julio de 2012

E-Partment - True grit

Son fresco e innovador que nos trae E-Partment.

Tras o seu impresionante "Hang On", do que xa faláramos tempo atrás, xa podemos escoitar o seu novo traballo, este "True grit", moi comercial e cun vocal de calidade.


Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 29 de julio de 2012

Inna - Amazing (Gabry'n Style Rmx)

Cambio radical para este "Amazing" da guapísima Inna.

Desta vez Gabry'n Style deulle un estilo italodance, partido do house/dance do tema orixinal, que a verdade lle queda coma un traxe feito á medida.

Podes escoitalo e descargalo dende aquí:

sábado, 28 de julio de 2012

Heaven - Sunshine

Non sei donde quitan as ideas estes productores rumanos, pero cada pouco tempo podemos escoitar temas moi pero que moi bos. Exemplo desto é este tema, que conta cun vocal moi pero que moi pegadizo, que vai facer as delicias de todos aqueles que lles guste a música dance.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 27 de julio de 2012

Megastylez vs. Ti-Mo - Rescue me

Hoxe ración de hands up con esta colaboración entre Megastylez e Ti-Mo.

Un pouco menor de nivel do que nos ten acostumados Ti-Mo polo que me parece. De tadas maneiras, creo que o tema non está nada mal, de feito o tema vai de máis a menos, chegando preto do minuto 3 cara a parte que máis me gustat.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 26 de julio de 2012

Sander van Doorn & Julian Jordan - Kangaroo

Trala moda de Skrillex, co seu estilo peculiar do dubstep Sander van Doorn e Julian Jordan súbense ó carro deste son tan de moda para facer o seu novo tema.

En canto a son, unha copia do son de Skrillex en certas partes, innovando noutras cun son moi entretido. Non ten parte vocal, algo que creo que debería traballar, xa que o tema podería exprimirse moito máis con este engadido.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 25 de julio de 2012

Promiseland - I belong to you (Freddy remix)

Este rapaz encántame. Qué pasión lle pon ós seus temas!

Tras un tempo sen saber nada de Freddy deixase ver de novo no panorama italodance amósanos a súa nova creación, un remix non oficial do tema "I belong to you" no que o dúo italiano formado por Fabio Ranucci e Nazario Pelusi editou alá por outubro do
2005

Podes escoitalo aquí:

martes, 24 de julio de 2012

Philipp Ray & Viktoriya Benasi - Esta manana

Delicioso! Unha melodía moi light para dar marcha neste caluroso verán que nos acompaña. Unha pega que lle atopo é o moito que repite o estibillo, que ainda que a primeira vez que o escoites non o notarás, se repites dareaste conta. Detalles aparte, tema moi interesante para escoitar.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 23 de julio de 2012

Rune RK - Teacup

Un dos temas polo que a discográfica Spinnin Records apostou forte... e non é para menos!

Vaia pedazo de melodía que podemos atoparnos neste tema, que empeza moi tranquiloño, pero que pouco a pouco toma corpo para dar ligar a algo moi cañeiro.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 22 de julio de 2012

Crystal Lake vs. Green Day - Time of your life

Que obra de arte acaban de quitar Crystal Lake! Unindo o vocal do "Time of your life" de Green Day e a melodía do "Time to say goodbye" logran crear esta especie de mash up, que como sempre nos deixa coa boca aberta.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 21 de julio de 2012

Paps'n'Skar - Twilight of love

Xa temos de volta a este dueto italiano. Despois de que o ano pasado nos amosaran o seu "La cicala Greca" en italiano ou a versión en castelán chamada "La sirena" (Grande traducción :-)) donde probaron no mundo do pop e a súa colaboración con Da Brozz co tema "Into your soul" podemos escoitar o seu novo tema.

Bastante mellor ca estas dúas últimas produccioóns, donde podemos atopar o son típico de Emanuele Cozzi (Pap) e Davide Scarpulla (Skar), donde predomina o vocal comercial e nos amosan as súas exitosas voces. De momento sólo podemos escoitar a versión , pero parece que sairán diversos remixes, e quen sabe si algún italo!

Podes escoitalo aquí:

viernes, 20 de julio de 2012

Guns'n'Roses vs The Killers - Sweet child of mine Vs. Mr. brightside (Djs from Mars bootleg remix)

Quen non escoitou estas notas que sairon da guitarra de un tal Slash nunca! Un dos himnos de Guns'n'Roses e para moitos o mellor tema de guitarra da historia.

Os Djs from Mars decidiron que este "Sweet child of mine" se namorara do "Mr. brightside" dos "The Killers" para dar algo que realmente soa moi ben. Véxolle unha pega, que non acompañaran o mash up con algo do vocal do "Sweet child of mine", que é un pedazo de vocal!

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 19 de julio de 2012

Zedd - Spectrum (Savant remix)


Realmente espectacular o remix de Savant para este "Spectrum" de Zedd. Empeza sosegado, pero coidado, que engana, xa que pronto empeza a coller ritmo e non para ata o final.

Por certo, non sei a vos, pero a min cada vez que o recordo paréceseme a algún dos primeiros temas de Madeon.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 18 de julio de 2012

Wolfgang Gartner - Flexx

De novo Wolfgang Gartner deixándonos bo sabor de boca e non é para menos con este "Flexx"

Un son moi divertido e dinámico fan deste tema un dos temas revelación destes últimos meses no panorama electro.

Podes escoitalo aquí:

martes, 17 de julio de 2012

Reece Low - Move that body

Pedazo de tema que nos amosa Reece Low! Senxeleza en certos anacos do tema combiandos con subidas exquisitas para dar lugar a este tema. Ademáis, aderézao cun pequeno pero bo vocal masculino.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 16 de julio de 2012

Vandalism & iKid - Coming alive (Darth & Vader remix)

Ainda que o nome dos remixers sone a chiste, levan tempo no mundo do electro e non o fan nada mal a verdade.

Neste novo proxecto participan deixando marca co seu estilo electro con aires dubstep, tan marcado e que é tan adictivo.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 15 de julio de 2012

Spencer & Hill feat. Mimoza - Let out da freak

Non o vou a negar. Encántanme os Spencer & Hill dende hai tempo. Sempre sacan temas que enganchan dende a primeira vez que os escoitas.

Este tema non ía ser menos. Ten esa melodía característica deles, que respira calidade polos catro costados, que xunto que vocal de Mimoza o fan merecedor de un sobresaliente.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 14 de julio de 2012

EDX feat. Hadley - Everything (Cazzette remix)

Xa podemos escoitar o novo remix dos suecos Cazzette, que como sempre fan algo xenial.

Desta vez atopámonos con algo distinto ó que podemos escoitar nos seus remixes e produccións, xa que a melodía non é tan contundente bebendo de estilos coma o dubstep e arrímase máis cara o house, que polo que vemos non se lles da nada mal tampouco.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 13 de julio de 2012

Glaukor - Don't stop (Dj Cillo remix)

Esto é unha das propostas dos remixes que poden formar parte do novo disco de Glaukor, xa que forma parte do "remix contest" para atopar os mellores temas.

Para o meu gusto é o mellor dos tres que podemos escoitar de momento, donde ademáis deste podemos escoitar a versión hands up de Dj Vielmy e a versión tamén italo de Dj - V.

Recoméndovos a escoita do tema, xa que Dj Cillo non reparou en detalles e firmou un tema con personalidade e co seu típico son italo.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 12 de julio de 2012

Two Fingerz - Questa musica (Simon de Jano remix)

Moi divertido e movido o novo remix de Simon de Jano.

Uns retoques house para este tema e os típicos efectos de Simon dan como resultado este gran tema.

Podes ver o videoclip oficial aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www64.zippyshare.com/v/54943257/file.html

miércoles, 11 de julio de 2012

Radio Killer - Calling you

Tras os seus anteriores éxitos "Don't let the music end", tema do que xa falaramos aquí, ou o "Lonely Heart", Radio Killer volve co vocal de Lee Heart cun tema moito menos explosivo en canto a melodía pero cargado cun vocal fantástico e moi emotivo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 10 de julio de 2012

Calvin Harris feat. Example - We'll be coming back (R3hab EDC Vegas remix)

Que forza transmite este remix!

Dende terras holandesas R3hab presentanos o que é o seu novo remix cargado de forza e maxia que gana en calidaded minuto a minuto tras o comezo do tema.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 9 de julio de 2012

EDX feat. John Williams - Give it up for love (Mysto & Pizzi remix)

Un gran vocal acompañado dunha melodía light pero que con un par de toques pequenos a fan realmente apetecible. Este é o resumo deste gran tema.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 8 de julio de 2012

Pablo Lago feat. Laura Elece - The music takes control (Stephan F. remix)

Tras saltar á palestra co sea anterior tema "Nothing 4 me now" do que xa falaramos, regresa este xoven productor.

Cun son moi renovado e coa colaboración de Laura Elece como vocalista, a mesma que a do sea anterior tema, traenos este "The music takes control", do que creo que Stephan F. quitou máis xugo neste remix ca na versión orixinal.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 7 de julio de 2012

Cansis vs. Spaceship - Trip to paradise

Dous dos productores que máis me gustan traennos a súa nova producción, o "Trip to paradise".

O seu son recórdame a temas como algún de Scooter pola voz de falsete que contén o vocal, que xunto co bombo explosivo lle dan un toque perfecto.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 6 de julio de 2012

Deadmau5 feat. Chris James - The veldt

Encántame este tema, un dos últimos do maestro Deadmau5, que é capaz de quitar temas realmente espectaculares sexa cal sexa o rexistro polo que aposte.

Desta vez amosanos as súas dotes no house con trazas de trance, escapando do house progresivo ou dubstep que ata ahora podíamos escoitar del.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 5 de julio de 2012

Noelia - Kiss me

Tema que vai dar que falar, xa que ten "eso", que fai que poda soar por todos os locales de baile. Ese tipo de temas fáciles que incita a bailar.

Tras o ano 1999, cando esta cantante publicou o tema "Candela", pouco se soupo dela por terras españolas e este tema é o elexido para volver a escoitala de novo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 4 de julio de 2012

Michael Mind Project - Feeling so blue

Ano 1999. Un grupo que naquel entón era pouco coñecido pasaba a estar en boca de todo o mundo tras publicar o tema polo que todos nos acordaríamos deles, o "Blue (Da Ba Dee)". Falo do grupo Eiffel 65.

Moitas e moitas versións saliron ó longo do tempo e unha destas é esta especie de remix ou mash up, donde toma parte da melodía e o vocal deste éxito e a xunta cun novo estribillo para chegar a un tema moi comercial.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 3 de julio de 2012

Carly Rae Jepsen - Call me maybe (PJ's Prank call mix)

A xóven cantante que chegou a poñer este sinxelo nos primeiros postos de listas tan importantes como son a canadiense, británica, australiana ou a irlandesa, xa está a preparar o seu segundo album. De momento mentras esperamos podemos escoitar remixes deste tema de xente como PJ's Prank, que nos amosan outra forma de ver este "Call me maybe" dandolle un toque hands up realmente bo.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 2 de julio de 2012

Lucian Base feat. Eilah - I've got no reason (Stephan F. remix)

Un vocal moi doce e delicado acompaña a esta melodía caracterizada por un bombo marcado de fondo que toma Stephan F. para darlle un toque dance.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 1 de julio de 2012

Oceana - Endless summer (Stefano Maneo remix)

Realmente me soprendeu este remix do tema "Endless summer", tema oficial da Eurocopa deste ano 2012.

Soupo darlle ese ritmo que creo que lle faltaba ó tema orixinal, dandolle un aire máis descarado e divertido.

Podes escoitalo aquí: