Instinto dance

sábado, 31 de diciembre de 2011

Dinka - White Christmas

Como non todo é marcha neste blog, hoxe tocalle sitio a un tema máis relaxado, donde a melodía flue coma o mel e o vocal axuda a completar este labor e darlle un toque exquisito.

Por certo, non perdades a ocasión de ver o video, donde acompañaron a canción de Dinka cunha curtametraxe de Nuno Rocha, xa que o resultado é magnífico. Realmente se me puxeron os pelos como escarpias cando o vin.

Con esta entrada, a última do ano, Instinto dance deséxavos feliz fin de ano e que todo vos vaia ben neste ano novo 2012 que comeza.

Bótalle un vistazo aquí ó videoclip oficial:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o soundcloud oficial de Dinka ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/world-of-dinka/dinka-white-christmas-original/download

viernes, 30 de diciembre de 2011

Djs from Mars - Top of the pops (Multibooty remix)

Collendo como base os mellores temas do 2011, os Djs from Mars forman un mash up donde nos sorprenden fusionando temas que soaron este ano. Non faltan temas como os de Skrillex, Lady Gaga, Coldplay, Rihanna con Calvin Harris, LMFAO, David Guetta, Usher, Swedish House mafia, Avicii ou Sak Noel.

Se aínda non o escoitáchedes, recoméndos ver o videoclip oficial aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www.megaupload.com/?d=508VDE3V

jueves, 29 de diciembre de 2011

Dj Cry feat. Daniele Meo - T.V.B.V. 2k11 (ItaloProducerz remix)

Xa hai tempo que saiu ó mercado o CD orixinal, no que atopamos remixes moi interesantes, como é o caso do de Dj Store, pero a discográfica Italo Rumble Digital decideu sacar unha segunda tanda de remixes do tema orixinal donde atopamos algún remixer pouco coñecido, pero que crearon remixes moi interesantes. Este non é o caso de ItaloProducer, do que xa escoitáramos produccións, como o "Happiness", o "Lamtumire" (este moi pero que moi bo sobre todo na parte vocal) ou o "Nostalgia".

Desta ocasión nas mans de remixer crea un tema moi interesante, donde nos sorprende cun remix que ainda que non difire moito do orixinal, puxo uns retoques nalgunha parte que o fan realmente unha peza que debe ser escoitada.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Katerfrancers - Lei che lo vuole (Alien Cut remix)

Alien Cut vólvenos sorprender co son refrescante e novidoso que producen.

Desta vez presentannos un remix do tema "Lei che lo vuole", do que tantos remixers están a meter man para darlle un toque personal. Alien Cut fai o mesmo e quita un tema moi divertido e adictivo.

Podes escoitalo aquí:

martes, 27 de diciembre de 2011

Kaskade feat. Haley vs. Dada Life - Dynasty (White Noise red meat remix)

Que pegada ten este tema! Miña nai, como me pon solo de escoitalo.

O vocal é súmamente atractivo e esto, engadido á melodía, faino realmente adictivo para escoitar en calquera momento.

Podes escoitalo aqúi:

lunes, 26 de diciembre de 2011

Novos mash ups dos Djs from Mars

A entrada de hoxe é integra para mostrarvos varios dos novos mash ups de Max Aqualuce e Luca Ventafunk, máis coñecidos por formar o grupo Djs From Mars. Tras este pequeno inciso presentovos as novidades que nos brindan:


- Maroon5 feat. Christina Aguilera vs. Praise Cats - Shined on Jagger
Neste mash up uniron un ods temas con máis sona dos últimos meses, como é o "Moves like Jagger" creado trala colaboración entre Maroon 5 e Christina Aguilera e o campo melódico do "Shined on me" de Praise Cats e Andrea Love.

Bótalle un ollo aquí:


- Sak Noel Vs. Bingo Players vs. White Stripes - 7 nation people
Non soa nada mal este mash up fusionado a partires do vocal do éxito "Loca people" do catalán Sak Noel xunto co apartado melódico do "Rattle" dos Bingo Players e o "Seven nation army" dos The White Stripes.

Aquí o podedes ver:


- Adele vs. Avicii - Fade into Someone like you
Outro temazo para variar das mans destes "delincuentes". Para este utilizaron o vocal dumha das mellores voces femininas do momento, como é a de Adele, do tema "Someone like you" acompañada da base melódica do "Fade Into darkness" do gran Avicii.

O resultado pódelo apreciar aquí:


- David Guetta vs Queen - Titanium must go on
Como se soe facer, o mellor deixase para o final, así que esta vez non ía ser menos. Considero esto un dos mellores mash ups deste dueto. Para facelo botaron man do vocal do último éxito de David Getta, o "Titanium" xunto ca melodía do "The show must go on" da banda de rock británica Queen acompañado duns toques dubstep.

Recoméndovos ver o videoclip, xa que é bestial, do mellor en canto a edición gráfica quen vin nos últimos meses:


Por certo, se estás interesado en conseguir os temas, pódelos descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:

domingo, 25 de diciembre de 2011

Miani - Merry xmas 2 u (Dario Synth dance mix)

Hoxe 25 de decembro Instinto dance deséxavos Bo Nadal! Como non podía ser doutra maneira, acompaño esta felicitación co tema que vos recomendo diariamente.

Hoxe traiovos un tema, que xa ten un par de anos, co que vos felicito o nadal en materia de son italo. Presenta o vocal da gran voz de Miani. Da parte melódica ocúpase estupendamente un dos djs que máis boto de menos no panorama italo como é Dario Synth.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 24 de diciembre de 2011

Christopher S feat. MC X-Large - Come back (Mike Candys & Christopher S remix)

Mike Candys volve a saltar á palestra no tema dos remixes. Como non podía ser doutra maneira, notaza para o seu novo remix.

Sorprendente canto menos á melodía, xa que é algo moi novidoso e que se aparta das bases que escoitaramos ata o de agora na súa labor productora.

O pero que lle vexo é que me parece que o vocal está apagado de máis e un pelo por debaixo do volumen da melodía. Quizais poderían mellorar este aspecto un pouco.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 23 de diciembre de 2011

Jackie Bredie - Sail away (Abel Almena & Juan Martinez edit)

Sempre que Juan Martinez estea polo medio de algo sale algo espectacular. Como non ía ser doutra maneira este remix é unha clara mostra.

A voz da rapaza non me acaba de convencer, xa que non é demasiado rechamante, pero a letra que contén o tema é bastante lixeira e repetitiva que a fai moi comercial e que gusta. No plano melódico atopámonos con algo comercial, pero cos compases característicos dun tema Juan Martinez.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 22 de diciembre de 2011

Linkin Park & Jay-Z - Numb encore (Antonio Sommy remix)

Remix dun dos temas fundamentales da banda estadounidense Linkin Park da man de Antonio Sommy.

Contundencia cuns beats moi marcados e cunha melodía moi comercial para dar forma a este gran mash up.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Claudio Raiz vs. Masters - Work (Iulian-D bootleg)

Non me parece de todo apropiado este tema para este outono, xa que o encuadro máis no verán, xa que ten todo para sar un dos pelotazos do verán.

Unha melodía que queda remarcada na cabeza, como é a do "Work" acompaña a esta melodía tan comercial para dar este mash up tan agradable.

Podes escoitalo aquí:

martes, 20 de diciembre de 2011

Swedish House Mafia vs. Bob Sinclar - Save the world, world hold on (Richard Fraioli mash up)

Richard Fraioli decideu xuntar dous temazos que me traen moi bos recordos. Todo sea dito, o mash up é moi bo e fixo "casar" os temas dunha maneira espectacular.

Un deles é o "World hold on" de Bob Sinclair que tanto soou no ano 2006 e un tema moito máis actual, un dos temas máis aplaudidos deste ano como é o "Save the world" dos suecos Swedish House Mafia

O resultado podédelo ver gracias ó videoremix de Xispa Visual aquí:

lunes, 19 de diciembre de 2011

Dj Torny feat. Giacomo Quentin - Il tipico ragazzo

Realmente interesante este novo traballo de Dj Torny co vocal de Giacomo Quentin. Menos mal que aínda quedan productoras como Arc Records que se acordan dos fans italo!

O tema que en cuestión vos traio hoxe encantoume, porque presenta un estilo do italo que escoitábamos hai uns 4-5 anos, cando se producían temas italo cunha calidade brutal. O vocal está moi coidado e a melodía canto menos está moi ben buscada.

De momento pouco se sabe do disco, pero parece ser que estarán no disco remixers da talla de Dj Gio ou Dj Store.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 18 de diciembre de 2011

Kaskade feat. Neon Trees - Lessons in love

Parece que estamos vendo unha evolución no son de Kaskade. Ata ahora podíamos escoitar nas súas produccións ritmos house progresivos, pero parece que nas súas últimas produccións está apostando polo house puro.

Nesta nova producción amósanos un house cunha base moi rítmica e cun vocal masculino que non está nada mal.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 17 de diciembre de 2011

Azuro feat. Elly - Toca Me (Djs from Mars remix)

Levaba tempo sen escoitar nada destes dous "elementos" e hoxe sorprendeume a nova do seu novo remix.

A verdade é que comprarándoo co tema orixinal do "Toca Me", este soa realmente ben. O orixinal segundo o escoitei atopeino moi soso, como se lle faltara algo á melodía. Demasiado simple en resumo, cousa que non me pasou co remix dos Djs from Mars.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 16 de diciembre de 2011

Martin Solveig vs. Corner Shop - Big in Brimful of Asha (Paul Carpenter mash up)

Moi acertada esta mestura entre o "Brimful of Asha" de Cornershop, tema moi sonado do 1997, cunto cunha das últimas produccións de Martin Solveig titulada "Big in Japan".

Realmente casan moi ben. Incluso me atrevería a decir que Martin Solveig tomou algún acorde do tema de Cornershop.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 15 de diciembre de 2011

Molella & Lake Koast feat. Pretty Pretty'n'Malik - Twisted (Simon from Deep Divas remix)

Simon from Deep Divas traenos un remix cheo de ritmo, no que o plano melódico é o fonte principal de atención, xa que recolle ritmos de house cuns toques de trompeta para darlle un aire distinto.

No apartado vocal atopámonos con algo moi pegadizo, que invita a escoitalo de novo unha e outra vez.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Kris McTwain - My passion

Este xoven productor, que polo que parece vai dar que falar no futuro, traenos o seu primeiro traballo. Ata ahora solo soupemos das suas artes no terreo dos remixes, pero parece que as produccións propias tamén van ser o seu.

De momento solo hai previas do seu primeiro traballo, un tema donde podemos palapar o estilo hands up, marcado máis na parte melódica e menos no beat, e no que engade un vocal moi pegadizo que creo que dará que falar.

Podes escoitar un adianto do que será o tema:

martes, 13 de diciembre de 2011

Rob Mayth - Another night 2k12

Tras un longo perído de sequía en canto a éxitos musicales, Rob Mayth volve de novo á carga co seu sorprendente son hands up inconfundible.

Que novidades nos trae desta vez? Nada que non nos esperásemos, un temazo debaixo do brazo. Como sempre, unha melodía moi coidada e no que non repara en detalles que a fan espectacular. En canto ó vocal, un vocal feminino desta vez, que me agradou moito. Non ten un vozarrón, pero pega moi ben.

Como nos di no seu video: "Hands up will never die", así que esperemos que así sexa, que teñamos Rob Mayth para rato, e non teñamos que esperar tanto tempo para escoitar novos temas deste deus.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 12 de diciembre de 2011

Gwen Stefani & Eve - Rich girl (DJ Stylezz & DJ Rich-Art remix)

Moi bos os trazos house que nos amosan neste remix DJ Stylezz e DJ Rich-Art.

A melodía fai que o vocal sea unha doce armonía para os oídos con eses toques latinos de fondo que lle sentan de marabilla. Encántanme a verdade.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 11 de diciembre de 2011

Crystal Lake - FAQ

Usando este xogo de palabras preséntannos os Crystal Lake o seu novo traballo, que como non podía ser doutra maneira é hands up.

Non sei por qué, pero recórdame moito ó son de Manian. Será sólo asualidade que traballen na mesma compañía ou son eu...?

A verdade é que con escoitar o tema xa engancha. Ten toda a pinta de acabar como un éxito, xa que o vocal axuda a cantalo unha e outra vez e a melodía tan divertida fai o resto.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 10 de diciembre de 2011

Avicii vs. Blur – Song 2 levels (Luca Profeti Dj mash up)

A quén se lle ocorrería mesturar dous grupos con estilos tan distintos verdade? Parece mentira conseguir algo tan complicado, pero Luca Profeti conseguiu facer algo tan complicado coma esto.

Por unha banda temos a melodía dun dos éxitos tan grandes de Avicii como é o "Levels" que o fixo mundialmente coñecido e polo outro o vocal do "Song 2" un dos grandes temas da banda británica Blur. Realmente sorprendente o que vades a escoitar, asegúrobolo.

Aquí vos queda o videoclip oficial do mash up editado por Xispa Visual:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o soundcloud oficial de Luca Profeti ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/djproff/song-2-levels/download

viernes, 9 de diciembre de 2011

Skrillex vs. Eiffel 65 - Scary monsters and nice sprites vs. Blue (Paul Neville bootleg)

Dj Evil dende o seu seudónimo para os temas house trenos esta mestura usando a melodía do tema "Scary monsters and nice sprites" e de Skrillex e o vocal dun dos temas máis recordados dos Eiffel 65 como é o "Blue".

O resultado é simplemente sublime, moi pero que moi bo.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende a páxina oficial de Dj Evil clickando no seguinte enlace:
http://www.djevil.org/skrillex-vs-eiffel-65-scary-monsters-and-nice-sprites-vs-blue-paul-neville-bootleg/

jueves, 8 de diciembre de 2011

Survivor - The eye of the tiger (Lizana Project retro mix)

Uhm... como calificar este tema nunha palabra? Eu creo que o calificativo que lle iría perfecto é temazo.

Como homenaxe ó 30 aniversario do tema orixinal Lizana crea un remix. Partindo do vocal do conocidísimo tema de Survivor titulado "The eye of the tiger", que tan famoso se fixo pola aparición na película de Rocky III, e engadindo unha base eurodance, cun toque Eiffel 65 crea algo que soa realmente estupendo. Non volo perdades.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, podes descargar a versión extendida de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Dj Bovoli - Welcome to my heart (Dj sTore remix)

Cada vez que escoito un remix de Dj sTore sei que o que me espera é algo novidoso e sorprendente. Non é o típico remixer que usa sempre a mesma base melódica.

No tema de hoxe podemos apreciar un tema italo cun vocal moi bo e unha melodía que quita o hipo.

Podes escoitalo tema aquí:

martes, 6 de diciembre de 2011

Sander van Doorn - Drink to get drunk

O holandés Sander van Doorn abrenos as portas dos seu estudio e móstranos a súa nova producción titulada "Drink to get drunk", un título moi suxerente :-)

A verdade é que o tema ten moitos argumentos para xustificar a miña elección para entrada de hoxe, xa que me parece esquisito. A mezcla melódica combinada con ese estilo de beat remarcado paréceme brutal. Ademáis, xunto co vocal, que me parece pouco aprobeitado, xa que é protagonista nunha pequena parte do tema, faino moi bo.

Podes velo videoclip oficial aquí:

lunes, 5 de diciembre de 2011

David Guetta feat. Sia - Titanium (Gabry Ponte & Djs from Mars Booty remix)

Hoxe traiovos algo recén sacado do forno. Un remix de tres dos djs que máis admiro. Dous deles son os Djs from Mars e outro é Gabry Ponte.

Que por qué se uniron? Pois para crear un mash up do tema "Titanium", un dos novos temas que quitou á venda David Guetta.

O remix é algo duro e sorprendeume, xa que non conta co estilo típico de cada un deles, máis na faceta comercial. Este conta cunha melodía máis contundente e que se achega ó mundo dubstep.

Podes ver o videoclip oficial do mash up aquí:

domingo, 4 de diciembre de 2011

Avicii - Levels (Dj Cillo remix)

Que grande remix nos trae Dj Cillo.

Xuntou a base dunha das mellore produccións deste ano como é o "Levels" de Avicii acelerándolle un pouco o pitch e engadiulle o vocal do tema que Floorfilla producira polo ano 1999, como é o "Anthem#2" que tantas veces bailamos.

Podes escoitalo aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o souncloud de Dj Cillo ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/djcillomusic/avicii-levels-dj-cillo-remix/download

sábado, 3 de diciembre de 2011

David Guetta feat. Usher vs. U2 - (With or) Without You2 (Mike Doerr remix)


Esta canción fai as delicias de calquera oido que o escoite. É mortal como "pegou" estes dous grandes temas. Aprobado cunha nota alta para Mike Doerr.

Podes escoitalo aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o soundcloud oficial de Mike Doerr ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/upgrayedd/david-guetta-ft-usher-vs-u2/download

viernes, 2 de diciembre de 2011

Plumbers - I don't want you back (Remix Simon from Deep Divas)

Reconozo que me gusta o estilo que imprime nos temas Simon from Deep e este é un claro exemplo del. Un vocal feminino moi delicado aderezado cunhas gotas dunha melodía sensacional. O resultado é realmente espectacular.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 1 de diciembre de 2011

Love Empire - Rain over me (Technoposse remix)

Vaia pelotazo este remix de Technoposse do "Rain over me" de Marc Anthony! Escoitando esto danme ganas de levantarme da silla e poñerme a saltar e bailar coma un tolo XD

O ritmo que acompaña o vocal é bestial. O beat ben marcado dalle unha forza que transmite que che fai poñer as pilas ó 100%.

Podes escoitalo aquí: