Instinto dance

miércoles, 8 de junio de 2011

Gabry Ponte, Djs From Mars vs. Bellani & Spada - Que pasa

Primeira entrada do blog (uhm, atópome nervioso :-) ).

Como non podía ser doutra maneira, empezo cun dos productores que me marcou na música dance, así que os que me coñezan non lles collerá desprevidos. Non pode ser outro que Gabry Ponte.
Non quero deixar pasar esta entrada sen declarar que non me parece igual de creativo no xénero que está a cultivar hoxe en día, electro, coma o que facía en tempos anteriores, italo.

Sen máis, deixome de liar e falo do tema que vos presento hoxe, unha producción de Gabry en colaboración con Djs from Mars e Bellani & Spada titulado "Que pasa", que podedes escoitar e ver o video oficial aquí:

Entrando a falar do tema, pois que podo decir del estando estes grandes productores polo medio? Sen duda pareceme un tema fresco e cuns remixes moi currados por parte de cada un. Un gran disco por parte dos tres.

--
Isaac

No hay comentarios:

Publicar un comentario