Instinto dance

jueves, 31 de enero de 2013

Marina & the Diamonds - How to be a heartbreaker (Dada Life remix)

Uns toques por aquí house e outros de dubstep por alá. Así é o resumo do novo remix dos Dada Life, no que mesturan o tema de Marina and the Diamonds tema pop que xa no formato orixinal era pegadizo e que marcaba un estilo novidos, máis este remix saca un pouco máis ó exterior un estilo pegadizo.

Podes escoitalo aquí:

martes, 29 de enero de 2013

Michael Canitrot - Leave me now

Un tema un pouco simple melódicamente, pero que con pouco consegue facer un tema que resulta moi agradable.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 28 de enero de 2013

Sunnery James & Ryan Marciano, Jaz Von D - Firefaces

Encántame este estilo entrecortado que ten este tema.

Tema totalmente melódico,himno do Energy 2013. Un son moi estilizado e que encandila de principio a fin.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 27 de enero de 2013

Rapporto Distorto - Amicizia

Encántame! No momento que escoitei os primeiros compases do tema fíxome recordar ó gran Gigi D'Agostino, grande entre os grandes.

Melódicamente moi coidado, parándose en detalles mínimos e acompañado dun toque vocal que lle dan un aire moi logrado.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 26 de enero de 2013

Sied van Riel - Carved by your hands (Ramon Gz remix)

Non fai falla salir de Galicia para atoparnos con grandes djs. Este é un exemplo deles, Ramon Gz.

Novo remix de Ramon, donde nos amosa un son innovador e fresco nun remix do holandés Sied van Riel. Recomendable 100%.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 25 de enero de 2013

Gabry Ponte pres. DRAGOSTEA DIN TEI 2k13 feat. Haiducii & Jeffrey Jey - ...

Alien Cut é un dos grupos que sigo, xa que dende o primeiro momento que se xuntaron tiñan as ideas moi claras, facer temas moi bailables e pegadizos e de momento seguen apegados a esa filosofía.

Reedición do tema que lanzo á fama ós O-zone e que ahora Gabry Ponte se encarga de darlle novo aire. En canto ó tema orixinal, un cero con todas as letras, xa que non aporta nada novo á música, cousa que si que fai este remix de Alien Cut & Dino Brown, que ten un nivel extraordinario.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 24 de enero de 2013

Michael Calfan vs. John Dahlback feat. Andy P. - Let your mind go

Un tema que é realmente delicioso.

Un plano vocal un pouco débil dende o meu punto de vista, pero que se ve mellorado gracias á gran melodía ca que conta.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 23 de enero de 2013

Combination feat. Tommy Clint - Wake up the neighbours (Dancefloor Kingz remix)

O tema orixinal creo que non ten o suficiente para ser un gran tema, xa que lle falta algo de miga. É demasiado pausado.

Este problema solucionao Dancefloor Kingz, que mediante lgo máis de potencia crea un tema moi bo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 22 de enero de 2013

Joachim Garraud feat. A Girl & A Gun - Maximus

Moi pero que moi pegadizo este tema.

Dende o primeiro segundo de tema me enganchou. Melodía incrible cuns toques sons dos xogos de 8 bits e un vocal moi no estilo de Luziana fan deste tema unha gran proposta.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 21 de enero de 2013

Dj Doddo vs. Glaukor feat. Morgana - Hi (Dj-V. remix)

Este remixer, que empezou hai relativamente pouco tempo, está creando uns temas que están dando moito que falar.

Tema de dous veteranos no estilo italo Dj Doddo e Glaukor, que xunto á vocalista Morgana crearon un tema sinxelo, pero que resulta pegadizo e que xunto co remix de Dj-V soa fenomenal.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 20 de enero de 2013

Starkillers, Dmitry KO & Amba Shepherd - Let the love

Baixos potentes e unha melodía brillante son o resumo deste tema.

De novo Starkillers se volve a rodear de colaboradores para facer un tema con moito sentimento e calidade.

Por certo, como curiosidade, aproximadamente no 00:58 veredes de fondo un rapaz cun estilo similar ó de PSY XD.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 19 de enero de 2013

Dada Life - So young so high


Estes dous elementos están en plena forma en canto a produccións.

Tras sorprendernos o pasado ano coa súa obra mestra "Feel the the dada", voltan á carga con este "So young so high", todo un temazo mírese por onde se mire. Ten todo o necesario para convertirse nun temazo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 18 de enero de 2013

Tom Swoon feat. Miss Palmer - Who we are

A voz desta gran cantante cautivoume dende o "No beef", temazo donde os haxa.

De novo pon unha fantástica voz a este tema relaxado pero con chihspa nos momentos de forza.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 17 de enero de 2013

Lady Gaga vs. Zedd - Electric chapel (Stache Remix)

Moi boa idea a de 3dgarFast400.

REsulta moi bo este mash up, donde mestura o vocal do "Electric chapel" de Lady Gaga co "Stache" de Zedd.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 16 de enero de 2013

Fedde Le Grand - RAW

Xa hai tempo que o podíamos escoitar nas súas sesións, pero xa está á venda o novo tema de Fedde Le Grand.

De novo algo que soa diferente a todo o que soa na actualidade. Frescura e orixinalidade mesturadas neste tema.

Podes escoitalo aquí:

martes, 15 de enero de 2013

D-Power - All I want is love

Melódicamente un gran tema, pero en canto ó vocal, creo que se podería exprimir moito máis. Empeza moi pero que moi ben, pero tanta repetición do "All I want is" resulta un tanto cansina ó final do tema.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 14 de enero de 2013

Bottai - Get numb

Acabo de namorarme desta melodía.

Uhm, con que pouquiño se pode facer un tema con tanta miga. Un sintetizador simple que da como resultado unha melodía simple pero moi pegadiza acompalada dun vocal que aida que non sexa unha marabilla non soa mal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 13 de enero de 2013

Los Locos vs. Mariucch & El 3mendo - La ola

Mariucch , un dj italiano, ex productor de italodance pásasenos ó dance. Outra "fuga de cerebros" do italodance. Cada vez menos, pero de momento ainda podemos seguir disfrutando deste estilo.

Tema deste gran dj, que conta coa axuda doutro grande, Mauro Vay, que en certos momentos me recorda nalgúns puntos o seu magnífico italondace, pero adaptado e a menor velocidade, xunto cun vocal moi no estilo que podemos escoitar nestes momentos no panorama dance.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 12 de enero de 2013

Bryce vs. Gerald G! - Physical thing

Tema moi comercial para hoxe.

Novo tema da man da colaboración de Bryce con Gerald G!, moi na liña comercial, cun vocal penetrante e unha melodía moi suave.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 11 de enero de 2013

Pink - Try (Morty Simmons bootleg edit)

Vaia cambio que experimentou este tema.

Dende o pop máis relaxado ó hands up máis guerreiro, este é o cambio que nos propón Morty Simmons para este tema de Pink.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 10 de enero de 2013

Rob Adans - Abash (Sebastien Drums & Whelan & Di Scala remix)

Pedazo de contundencia neste remix.

O tema orixinal parecíame bastante aburrido, moi constante, cousa que Sebastien Drums, Whelan e Di Scala souperon amañar con contundencia e ca axuda dun pouco dubstep.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 9 de enero de 2013

Sasha Lopez & Ale Blake feat. Broono - Everybody feels alright

Sasha Lopez nunca nos defrauda coas súas produccións.

De novo, tema dance de Sasha Lopez, productor que sempre saca temas moi interesantes, como este que podemos escoitar ohoxem donde a melodía ciste un tema de etiqueta acompañado da man dun vocal potente e con moita chicha.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 8 de enero de 2013

Rihanna & Lady GaGa & Britney Spears & Miss Armani & Loreen - Euphorial Circus (DJ Linuxis mash up)

Duelo de divas neste mash up.

Sorprendeste este novo mash up de DJ Linuxis, donde conta con temas que seguro que coñeces de divas internacionales como Rihanna, Lady GaGa ou a eurovisiva Loreen.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 7 de enero de 2013

Sultan & Ned Shepard feat. Max'C - Ordinary people

Pedazo de melodía central que acompaña a este tema!

Sincerameten, cando empecei a escoitar este tema resultoume simplón e sen moito que sacar del, pero todo esto cambiou tras o 1:20, donde o tema se resarce e quita todo o mellor de si.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 6 de enero de 2013

Davis Redfield - A world apart

Interesante proposta de Davis Redfield.

Un tema con moita potencia, dende o vocal ata a melodía, que no estribillo saca todo o seu poder para camelar a calquera oído.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 5 de enero de 2013

Rihanna - Diamonds (Cosmic Dawn remix)

A voz de Rihanna é de cinco estrelas. Ten unha voz oscurece toda melodía que se lle aplique, xa que o seu poderío é espectacular. Proba desto é o que se pode escoitar neste tema, donde a melodía, protagoniza un papel un pouco máis secundario en certos momentos, donde o vocal merece todo o recoñecemento. Quédome embobado cada vez que estoito esto!

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 4 de enero de 2013

Andrea Morph feat. Dagma - The way 2012

De novo as mans de Dagma volven a crear algo exquisito, acompañado desta vez de Andrea Morph, outro dj con experiencia nas produccións italo. Entre os dous moldean de novo un dos temas máis famosos do gran Gigi D'Agostino, o "The way", con toque que toque que tanto nos gusta de Eiffel 65 que lle aporta Dagma.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de Andrea Morph dende o seguinte enlace:
https://soundcloud.com/andreamorph/andrea-morph-feat-dagma-the

jueves, 3 de enero de 2013

Sebastian Ingrosso & Alesso vs. Avicii - Calling Levels (Skrillex style mash up)

Dios, pedazo de mash up!

Xuntando o mellor de cada un destes tres artistas, 3dgarFast400 chega a darnos un tema que sona como a seda. En concreto podemos disfrutar do "Calling" de Ingrosso & Alesso xunto co remix de Skrillex do "Levels" de Avicii.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 2 de enero de 2013

Avicii vs. Nicky Romero - I could be the one

Gran tema de dous grandes productores.

Que melodía señores! Encántame. Un ritmo moi de Avicii acompañado dun vocal delicado fano un tema moi a ter en conta.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 1 de enero de 2013

Dj Satomi - Castle in the sky (Claster Dj remix)

DJ Satomi, un dos djs con temas italodance máis entrañables, dos que poderíamos destacar o "With you", o "Waves" ou o "Castle in the sky".

Tras anos da versión orixinal chega este remix de Claster Dj, moi á altura da versión que nos brindou Dj Satomi, cun par de detalles que a fan suculenta.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de Claste® Dj dende o seguinte enlace: https://soundcloud.com/clasterdj/dj-satomi-castle-in-the