Instinto dance

miércoles, 31 de julio de 2013

Cascada - The world is in my hands

Tras o paso por Eurovisión, donde non quedou demasiado ben con un tema que non soaba nada mal, Cascada volta a traernos novo single, un tema dance lixeiro donde como sempre sobresale a súa fantástica voz.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 30 de julio de 2013

Gabry'n Style - E penso a te (Italian style mix)

Cada certo tempo traio novidades deste rapaz, que pouco a pouco se está facendo un oco no panorama italodance.

Desta volta, insprándose no tema orixinal d "E penso a te"de Lucio Battisti, forma un tema italodance brillante.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 29 de julio de 2013

Albert Kick feat. Jason Rene - Black (From the waist down)

Último hit de Albert Kick, ex compoñente do grupo Mak & Sak, xunto coa colaboración de Jason Rene. 

Un tema moi veraniego, cunha letra moi acorde, que incita a bailar e ño bo rollo.

Podes ver o videoclip aquí:

domingo, 28 de julio de 2013

Skrillex vs. Daft Punk vs. Queen vs House of Pain - Skrillex rock (Loo & Placido vs. Dj Hero bootleg)

Grande mash up que se traen este par de artistas.

Cuns grandes ingredientes da man de Skrillex, cas súas melodías, a voz de Freddie Mercury de Queen e uns toques ó estilo Daft Punk logran algo fantástico.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 27 de julio de 2013

Bombs Away - Drunk arcade

Un tema realmente divertido, facéndolle un guiño ós xogos arcade.

Cunha melodía moi pegadiza, ainda que cun vocal un pouco pobre, este tema chama a atención pola súa orixinalidade.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 26 de julio de 2013

Dimitri Vegas & Like Mike - Chattahoochee (Tomorrowland 2013 anthem)

Hoxe comeza por terras belgas o festival de música electrónica máis importante de todo o globo. Como non estamos a falar do Tomorrowland.

Como é tradición, todos os anos contamos co tema oficial do festical e este ano como non iba a ser menos temos o "anthem", da man de dous vellos coñecidos do festival, Dimitri Vegas & Like Mike. Para o meu punto de vista, peor que o " Tomorrowland anthem 2012" do ano pasado, feito por eles mesmos, e do insuperable "The way we see the world" da edición do 2011 do festival.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 25 de julio de 2013

Martin Garrix - Animals

Este novo productor é unha máquina de facer bos temas. Meta as mans donde as mete sempre sacaun son novidoso e que resulta moi adictivo. Esperemos que sega nesta senga que o caracteriza.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 24 de julio de 2013

Inna - Be my lover

Unha peculiar reedición do tema que reinou polas pistas de baile alá polo 1995 de La Bouche, esta vez producido polo gran Afrojack e cantado pola espectacular Inna neste 2013.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 23 de julio de 2013

D-Power - Hot summer night

Cun estilo coidado e un relaxado, D-Power preséntanos o seu novo tema, que como en anteriores temas de este rapaz deixanos moi bo sabor de boca.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 22 de julio de 2013

Clubhunter - Boom boom boom (Turbotronic edit)

Turbotronic é un dj que ainda que non levante moito ruido fai temas moi adictivos. Temas que moitos djs xa quixeran, como o tema que hoxe nos ocupa.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 21 de julio de 2013

Henry Fong, Mike Hawkins & Pablo Oliveros- Jump!

Un son fresco e innovador é o que acaban de crear estes tres xenios. Son que non deixa a nadie sen opinión. Encántame o estribillo deste tema

Podes escoitalo aquí:

sábado, 20 de julio de 2013

Lowcash - An epic tale of dance 2

É escoitar este tema e empezar a florecer por todos os poros do meu corpo a adrenalina. Pedazo de melodía e pedazo de subidóns :-). Grande como sempre Lowcash.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 19 de julio de 2013

Victor Ark - Louder than love

O catalán Victor Ark segue co seu estilo propio, ofrecéndonos un estilo novidoso e cargado cos seus toques personales característicos. Proba delo é este "Louder than love", no que a música nos invade acompañado dun cálido vocal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 18 de julio de 2013

TJR - Whats up suckaz

Símplemente brutal. TJR carga este tema de principio a fin con unha atmósfera cautivadora e que che emboba pola súa frescura.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 17 de julio de 2013

Nick Corline feat. Nuthin' Under A Million - Touch the stars

Como se de un semi mash up de melodías se tratara, crea un tema anclado a un vocal moi comercial que fai que soe estupendo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 16 de julio de 2013

Nature One Inc. - A time to shine (Jerome's official anthem mix)

Tema oficial do festival Nature One, festival de música dance que se celebra no pais xermano. A verdade é que Jerome pode estar contento desde hit que será parte do festival, xa que é todo un temazo, cunha melodía brutal que o racha no estribillo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 15 de julio de 2013

Dj Gollum feat. Dj Cap - Good stuff

Un tema que en certos acordes me fai lembrar ó, "Gentelman", último éxito do rapeiro Psy, sobre todo ó principio do tema. Non ten nada que ver con este éxito, pero ten grandes condicións para facer del un tema bo.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 14 de julio de 2013

Bisbetic & Nathanael K - F22 raptor

Tema totalmente melódico que goza dunha base sonora moi boa. De cabo a rabo dirás que é un gran tema unha vez que escoites, e senon fai a proba :-)

Podes escoitalo aquí:

sábado, 13 de julio de 2013

Nicco & Dank - Into the light

Despois de escoitar algún dos últimos temas nos que participou Nicco pensei que non faría outro tema con xeito. Desta vez parece que o rapaz traballou nun tema con maior calidade sonora que os anteriores. Tema moi fresco para este verán que con seguridade escoitarás nas túas salidas nocturnas.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 12 de julio de 2013

Vincenzo Callea vs. William Naraine - Turn off the lights (Will Sparks remix)

Un remix que se escapa un pouco do comercial.

A melodía resulta moi interesante, xa que con algo moi sinxelo crea un tema con moita máis chicha do que podería ter con algo máis comercial.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 11 de julio de 2013

Basto - Dance with me

Basto segue na linea dos seus anteriores temas, creando temas moi melódicos que funcionan realmente ben. Moita calidade e bo facer para lograr este tipo de produccións.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 10 de julio de 2013

House Rockerz vs. Davis Redfield - Physical

Xa hay un par de meses faláramos no blog do seu anterior traballo, o "Elektrisiert", que sonaba moi ben e este novo tema non é unha excepción, xa que segue a senda do seu anterior tema, dando lugar a un pedazo de sinxelo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 9 de julio de 2013

Jordi MB feat. Eimy Sue - Close your eyes

Todos os anos sobre estas datas podemos escoitar un tema cos que nos deleita Jordi MB. Este ano non iba a ser menos, e ainda que non aposte por algo comercial 100% como en outras ocasións, creo que deu no cravo e o escoitaremos moitas veces.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 8 de julio de 2013

Nick Skitz feat. Amba Shepherd - Get your gun (Naitwell remix)

Outra proba da boa calidade nas produccións deste rapaz galego.

Xa o poidemos escoitar noutras ocasións neste blog e o remix que vos traio hoxe é como os que adoita facer, fenomenal.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 7 de julio de 2013

Avicii - Wake me up

Como é habitual neste rapaz, temos unha gran melodía, como a que nos adoita a brindar, xunto con un vocal pegadizo, destes que se che quedan na cabeza e non paras de tararear nun anaco. En resumo, un tema moi do seu estilo de 5 estrelas.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 6 de julio de 2013

DJ Rosso - Emotions of love (Dance Rocker remix)

Un xa habitual neste foro, e non é para menos, xa que remix que fai, remix que é unha xoia.

Desta volta mestura o tema de Dj Rosso, tema un pouco frouxo na súa versión orixinal, pero donde Dance Rocker sabe meter man para arranxar ese pequeno problema.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 5 de julio de 2013

Julian Jordan & TV Noise - Childish grandpa

Outra mostra da gran calidade de mans destes djs, que se mostra nesta nova colaboración, que sona fantástica.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 4 de julio de 2013

Crew Cardinal feat. Layne T. - Miss banana



Todos os anos podemos escoitar un tema cun estilo digamos que vintage, donde cuns retro e uns retoques do presente crean un tema con moito gancho e que fai que se escoite por todos os lados. Este que podemos escoitar hoxe é un claro exemplo desto que pinta que se vaia escoitar moito.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 3 de julio de 2013

Basshunter - Dream un the dancefloor (Naitwell enhancement)

Aquí en Galicia temos unha canteira de productores moi boa. Xente con grandes ideas, pero que pola que pouca xente aposta.

Hoxe preséntovos a unha das novas produccións de Naitwell, ou como moitos de vos coñeceredes mellor, Miguel Valbuena, temazo hands up que pode ser a envexa de moitos dos productores que famosos neste mundo.

Podes escoitalo aquí:

martes, 2 de julio de 2013

Dan Black feat. Kelis - Hearts (Kaskade & R3hab remix)

Pedazo remix que se acaban de quitar da manga estes dous.

Nunca colaboraran xuntos, ainda que si fixeron remixes un para o outro con moi bo resultado, así que desta vez, xuntos crean un tema 5 estrelas.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 1 de julio de 2013

Baxxter, Simon & DDY - Sweater weather

Un vocal potente cunha melodía contundente noseu estribillo.

Baxxter, Simon & DDY crean un tema cun espírito xoven e gran viveza.

Podes ver o videoclip oficial aquí: