Instinto dance

lunes, 13 de junio de 2011

Novos temas de Ma.Bra.

Noticias dende Ma.Bra. Studios, desta vez duas novas cancións á espera de seren editadas.

O primeiro dos temas titúlase "Ma.Bra vs. DJ Lhasa - Now tell me" e é un tema italodance, por esta razón usa os seudónimo de Dj Lhasa á vez do de Ma.Bra. Recorda a ese estilo de temas que editaba alá polo ano 2005 ou 2006, como o "Cursed destiny", "Dancefloor",...
Aplaudo esta decisión, xa que nas últimas publicacións non recolleu nada dese estilo que tanto e tan ben dominaba.
De momento solo hai unha previa do que será este tema:


O segundo dos temas titúlase "Ma.Bra. - Nase" e conta cun estilo hands up, como o do que nos ten acostumados nos últimos temas. Non me gusta moito a idea de repetir tanto o "Put your hands together" ó principio do tema, pero máis tarde destaca a súa melodía, para o meu gusto moi ben escollida, e que axuda ó tema a ser algo máis que un estribillo.
A previa da canción é a seguinte:


Creo que, como de costume, por parte de Ma.Bra., esperará e editará dúas cancións máis, para engadilas nun cd con catro temas, pero esto sólo son suposicións miñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario