Instinto dance

viernes, 17 de junio de 2011

Deadmau5 feat. Rob Swire - Ghosts'n'suff

Non é un tema novo, xa que ten case dous anos, pero para os que non coñezan a este productor, seguro que lles sonará moi ben. Comentovos para os que non o coñezades, que actualmente é o cuarto mellor dj do mundo segundo a revista Dj Mag e foi nombrado como Productor do ano 2007 por dúas das celebridades do mundo da música electrónica como son Armin van Buuren e Tiësto
O tema en cuestión é house progresivo e, ademáis de incluir unha melodía hipnótica, esta versión inclúe a voz de Rob Swire (o tema orixinal non a incluía), que lle da un toque menos minimalista ó tema.
O tema en cuestión é o seguinte:

Por certo, póñovos de deberes escoitar esta parte dun set feito para a gala "Big Weekend" da radio BBC, donde fai gala do seu estilo musical e da súa apariencia na mesa de mezclas, donde sempre o fai con esa peculiar careta, ainda que modificada para cada ocasión. Ademáis, pódese ver cláramente como está pinchando "a pelo", é dicir, sen ningunha clase de preescoita mediante auriculares. Todo un fenómeno:

No hay comentarios:

Publicar un comentario