Instinto dance

domingo, 30 de septiembre de 2012

Kylie Minogue vs. Adele vs. Dada - Firebomb (Robin Skouteris remix)

Incrible, como sempre, este novo mash up que nos brinda Robin Skouteris.

De novo tomando temas actuales, como son o último éxito de Kyle Minogue, "Timebomb", e o incombustible vocal do "Set fire to the rain" da incrible Adele logra crear unha experiencia inolvidable.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 29 de septiembre de 2012

Northbrook - Move your body (Team music remix)

O propio título xa menciona o que che fará facer cando o escoites, mover o esqueleto.

O tema orixinal deste "Move your body" data máis ou menos de maio deste ano. Este remix aseméllase bastante ó orixinal, pero engade un toque extra que o fai máis adictivo. Xoga cun estilo vocal e unha melodía que evocan ó vintage e que resutan moi agradables.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 28 de septiembre de 2012

Yves V & Felguk - WOW

O propio título do tema o di todo: wow!

Dende a productora Spinnin chéganos o novo tema de Yves V en colaboración de Felguk, donde entre ambos mesturan un tema electrohouse cunhas pingas de dubstep que lle quedan xenial.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 27 de septiembre de 2012

Chris Brown vs. Benny Benassi - Beautiful people (Don't wake me up mash up)

Póñenseme os pelos de punta cando escoito este tema.

Moi bo mush up, donde 3dgarFast400 mestura o vocal do "Beautiful people" de Chris Brown xunto con Benny Benassi coa base melódica do "Don't wake me up" de Chris Brown.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Alvaro Guerra feat. Wiseguys - Ooh La La

Xa hai 11 anos que podemos gozar de este "Ooh la la", tema que seguro que estoitaches alguna vez dos británicos The Wiseguys.

A 2012, Alvaro Guerra mediante un cambio de look volve a editar este tema, desta vez cambiando a melodía e cuns pequenos toques ca parte vocal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 25 de septiembre de 2012

Lleonas - Running in circles

Moi interesante a proposta de Lleonas, donde mestura un house comercial con dance. A esta mestura engadiulle ademáis un vocal pequeno, pero que realmente cumple ca súa función.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 24 de septiembre de 2012

Baracuda - I will love again (Ramon Gz bootleg edit)


Xa un clásico entre os clásicos o "I will love again" de Lara Fabian, que máis tarde moldearía ó seu gusto Barracuda.

Tras 12 anos, Ramon Gz colleo nas súas mans para darlle unha segunda xuventude cun hands up como el sabe facer. Realmente bo.

Podes escoitalo aquí:



Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende a páxina oficial deRamon Gz:
http://www.ramongz.es

domingo, 23 de septiembre de 2012

Kryder vs. Danny Howard feat. Joel Edwards - Sending out an S.O.S.

"Message in a bottle" foi un tema da banda The Police que apareceu no seu disco titulado Message in a bottle no ano 1979.

Como homenaxe a este grande tema escrito por Sting e que Kryder, Danny Howard e Joel Edwards dan homenaxe neste tema despois dos seus 33 anos de historia.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 22 de septiembre de 2012

Lady Gaga vs. David Guetta & Nicky Romero - Black Jesus † Amen Fashion (Metropolis remix)

Unha combinación perfecta para dar lugar a este mash up.

A acapella da sensacional voz de Lady Gaga do tema "Black jesus † amen fashion" xunto co "Metropolis" da colaboración de David Guetta e Nicky Romero.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 21 de septiembre de 2012

Alvaro Guerra & Kilian Dominguez - Girls party (Alvaro Guerra SS9 mashup)

Un mash up que nos ofrece Alvaro Guerra, moi divertido e pegadizo.

House latino con moito ritmo e que invita a bailalo dende o primeiro momento.

Podes ver o videoclip oficial aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de AlvaroGuerra ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/alvaro-guerra/alvaro-guerra-kilian-2/download

jueves, 20 de septiembre de 2012

Flo Rida - Whistle (DjTEoX italo remix)

Grandes doses de enxeño e de bo facer son o resultado deste remix do "Whistle" de Flo Rida.

 Mantendo a estructura do tema orixinal, DjTEoX maquillá este tema dance-pop para lograr chegar a un tema italodance que soa moi ben.

 Podes escoitalo aquí:

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Michael Mind Project feat. Dante Thomas - Nothing lasts forever

Un tema divertido e última das apostas de Michael Mind Project.

Non aposta por un estilo novidoso, xa que aprobeita moito do estilo dance que está a sonar, xa que se algo funciona por qué cambialo. Unha cousa que non me gusta é o estribillo tipo Pitbul que trae nos primeiros minuto e medio, pero polo resto un tema moi recomendable.

 Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 18 de septiembre de 2012

Firebeatz & Schella - Dear New York

Pedazo de melodía nos traen Firebeatz e Schella!

Contundente e sinxela é a melodía deste "Dear New York", que tras escoitala quedarás enganchado a ela.

Podes escoitala aquí:

lunes, 17 de septiembre de 2012

Far East Movement feat. Cover Drive vs. Reece Low - Rock This Love (Rave Radio bootleg)

Moi pero que moi bo este bootleg que nos trae Rave Radio.

Unha estructura melódica e vocal perfectamente colocada para deixarche sen fala quedar embobado escoitando esto.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 16 de septiembre de 2012

EDX - Everything (Cazzette remix)

O suizo EDX ten xa na rúa o seu novo disco no que podemos aropar ademáis da versión orixinal, en version house progresivo cun son similar ó de Deadmau5, e a versión house a versión dos Cazzette.

Para o meu gusto non é o mellor remix do dueto sueco, pero non está de todo mal, dandolle unha melodía que a fai orixinal e que se alonxa bastante do son da orixinal.

 Podes ver o videoclip oficial aquí:
 

sábado, 15 de septiembre de 2012

BBX - Making luv

Moi bo rollo e ritmo é o que trae este tema.

 Un vocal que quita o hipo pola súa potencia e calidadde e unha melodía que recorda ós temas de Remady son os selos de identidades do que nos trae BBX. Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 14 de septiembre de 2012

Chassio - Don't kill the bass

Melodía que recolle o son máis pegadizo do mestre Avicii aderezado cunhas pingas de electro moi adictivas.

En canto a vocal coxea un pouco, xa que debía aproveitar máis o tema, que en canto a melodía é bestial.

Podes ver o videoclip oficial aquí: 

jueves, 13 de septiembre de 2012

Basslovers United feat. L.I.M. - Falling in love (Ced Tecknoboy edit)

Encántame o toque que lle da Ced Tecknoboy a este tema, do que recoñezo que a versión orixial non me acaba de gustar, paréceme que lle falta algo, cousa que soupo remediar Ced Tecknoboy.

Podes ver o videoclip oficiial aquí:

miércoles, 12 de septiembre de 2012

Swedish House Mafia - Don't you worry child

O novo tema de Axwell, Steve Angello e Sebastian Ingrosso xunto co vocalista John Martin, o cantante dun dos maiores éxitos do trio sueco como é o "Save the world", danme ganas de ir á discoteca esta noite.

"Houbo un tempo no que eu adoitaba mirar ós ollos do meu pai. Nun fogar feliz, eu era un rei que tiña un trono de ouro... nun outeiro sobre o lago azul. Ahí é donde tiven a miña primeira raotura... Non te preocupes, non te preocupes fillo. O ceo ten un plan para ti", é o que canta Martin baixo un contaxioso sintetizador.

Podes esoitalo tema aquí:

martes, 11 de septiembre de 2012

Rocco - Around the globe (Rocco & Bass-T remix)

Son adictivo é tarxeta de presentación do novo single de Rocco.

Basándose no son hands up máis lixeiro actual, modifícao lixeiramente para dar lugar a unha melodía que engancha dende o primeiro momento.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 10 de septiembre de 2012

Nervo & Hook N Sling - Reason

Grande colaboraión das xemelagas Nervo con Hook N Sling.

De novo podemos desfrutar da voz das Nervo nun tema house, que xa poidemos escoitar no pasado Tomorrowland e que tanto gustou ó público. Toda unha gozada!

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 9 de septiembre de 2012

Global Cult feat. Dashius Clay - Barcelona

A ciencia certa ningúen o sabe con certeza, pero todo apunta a que o productor deste tema é Mike Candys, xa que tanto a melodía como o vocal é realmente parecido ós seus temas que estamos a escoitar últimamente. Sexa del ou plaxiada o tema é moi bo, facendo referencia á cidade catalana.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 8 de septiembre de 2012

Avicii feat Mike Posner - Stay with you

Novidades dende as mans de Avicii, desta volta co cantautor americano Mike Posner.

Como sempre, melodía coidada ata o mínimo detalle que resula moi agradable e sen cambios estridentes xunto coa magnífica voz de Mike Posner.

Podes escoitar unha previa aquí:

viernes, 7 de septiembre de 2012

Hot Mouth feat. Chris James - Totally worth it

Tema realmente interesante, xa que escapa do son house que coñecemos e que tanto estamos habituados a escoitar últimamente.

Chris James é o encargado de darlle un toque vocal ó tema, que a verdade non é que máis me gusta do tema, xa que creo que o tema queda algo coxo neste aspecto.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 6 de septiembre de 2012

Will.I.Am feat. Eva Simons - This is love (Afrojack remix)

Brutal de cabo a rabo. Este remix non podía faltar no blog.

Dios, Afrojack fixo un tema orgásmico. As subidas que nos trae son bestiales. Había tempo que un tema non me gustaba tanto. Tema pata negra recomendado dende instintodance ;-)

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 5 de septiembre de 2012

Project 46 & DubVision feat. Donna Lewis - You & I

Uhm... escoito esto, cerro os ollos e parece como se o meu corpo voara.

Unha melodía da calidade, moi pero que moi ben coidada que xunto co vocal fan un tema esquisito.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 4 de septiembre de 2012

Krewella - Alive

Dalle caña ós altavoves es ponte a saltar por toda a habitación, porque esta tema é o que che vai contaxiar no momento que lle des ó play!

Vaia pedazo de voz que ten esta rapaza! Xunto coa melodía que o acopmpaña fan do tema algo para escoitar unha e outra vez.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 3 de septiembre de 2012

Scarlet - Angels unite

Este tema recórdame a épocas pasadas, donde o hands up tiña outro aire distinto ó de agora.

Pedazo de vocal co que conta. Encántame a voz desta rapaza e a melodía, paseando entre o hands up, dance e progresivo.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 2 de septiembre de 2012

Shinedown - Unity (Matisse & Sadko remix)

A primeira vez que o escoitas parece un tema cunha melodía moi light, pero a melodía é contundente e ten unhas subidas espectaculares.

Shinedown crean de novo un tema moi movido e cun espírito de festa fenomenal.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 1 de septiembre de 2012

Deadmau5 feat. Gerard Way - Professional griefers

Ainda que xa hai tempo que podemos disfrutar da versión instrumental, Deadmau5 xuntouse con Gerard Way, si, o famoso cantante de My Chemical Romance, para brindarnos esta pedazo de versión.

Se a versión orixinal era brutal, este tema con vocal racha coas anteriores vestiduras e crea un tema xenuino.

Podes ver o videoclip oficial aquí (recomendoo ver enteiro!):