Instinto dance

sábado, 30 de junio de 2012

Bodybangers feat. Victoria Kern - Gimme more

Hay tempo que falaramos deste grupo, no que is mesmos productores e a mesma vocalista participaban no tema "I like" xunto co alemán Klaas. Ahora están de volta co seu novo tema titulado "Gimme more", que é o que queríamos deles despois dese anterior traballo.

Destacar o son house progresivo tan adictivo que trae, que xunto co vocal lle da un toque distinguido.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 29 de junio de 2012

Maroon 5 - Payphone (N-Vision remix)

O novo éxito dos Maroon 5 xa está na rúa. Tras facernos bailar co seu "Moves like Jagger" agora sorpréndennos co seu "Payphone" e con el os remixes do tema.

N-Vision bríndanos un gran remix cargado de calidade e donde lle da a chispa que creo que lle falta ó orixinal.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 28 de junio de 2012

Alex Ferrari - Bara bara bere (Deejay-jany italo remix)


Tras anos de temas ás súas costas, Deejay-jany traenos un tema destos que cando o escoitas dis que ten eso que o pode facer hit do verán.

Un estribillo facilón e que se pega xunto co ritmo italodance danlle un toque moi interesante ó tema.

Podes escoitalo aquí:
Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www16.zippyshare.com/v/39156853/file.html

miércoles, 27 de junio de 2012

Favright - Funcats

Realmente contundente e orixinal é o novo tema que nos propón Favright, donde toma sons do house, do electro, do dubstep e incluso de videoxogos, como o Super Mario Bros.

Divertido e orixinal por partes iguales.

Podes escoitalo aquí:

martes, 26 de junio de 2012

Joonas Hahmo - Sahailua

Miña nai, como pega este tema!

Non podo poñer ningún pero a este tema, xa que é moi bo, de cabo a rabo. Tanto nos momentos de relax como nos de subidón é fenomenal.

Podes escoitalo aquí:

lunes, 25 de junio de 2012

Michael Calfan - Ressurection makes me feel (Daniel Phillip bootleg)

Puff! Non hai palabra que mellor defina a esto que TEMÓN!

Vaia man que ten Daniel Phillip para facer mash ups. Meteo nunha cocteleira o vocal do "You make me feel" de Cobra Starship e bateu a ritmo do remix de Axwel do "Resurrection" de Michael Calfan.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 24 de junio de 2012

Serge Devant - True faith (Starkillers remix)

Corría o ano 1987 cando o grupo inglés New Order grababa no estudio un dos temas que máis famosos os farían. Estou a falar como non do "True faith".

Chega a hora de desempolvar os vinilos e darlle vida de novo a criatura, desta vez do remix da man de Starkillers, que fixo algo realmente marabilloso.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 23 de junio de 2012

Glaukor vs. Dj Hunter - This is my song

Nunha palabra: encántame.

Moito me gustaban as produccións daquel Gigi D'Agostino cando practicaba italodance. Este é o espírito da melodía deste tema, que revive o estilo que este xenio musical usaba nas súas melodías. En conxunto podemos escoitar un vocal que ainda que non é malo podían exprimir un pouco máis e crear un tema que rozara o sobresaliente.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 22 de junio de 2012

Will.I.am feat. Eva Simons - This is love

Hai tempo que sigo a Will.I.am e pouco a pouco estase a facer un nome en solitario.

Tras escoitar o seu novo tema podo decir que non me defraudou. House comercial que filtrea con algo de dance xunto co vocal del, como non podía ser doutra maneira e a colaboración de Eva Simons para poñer a guinda final.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 21 de junio de 2012

Dance Dealers - 2nd chance (Dancefloor Kingz remix)

Cada vez que escoito un remix de Dancefloor Kingz creo que o fai mellor.

Desta vez traenos un remix do tema de Dance Dealers, partindo da melodía dance do orixinal dandolle un xiro cara o hands up e incorporando uns subidóns moi traballados.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 20 de junio de 2012

C.I.C.I. feat. Anushka - Run away

C.I.C.I. xunto ca axuda de Anushka traenos un tema dance cuns toques que recordan ó tema que o dueto danés Safri duo produciu no ano 2001 titulado "Played a live"

Grande tema cun vocal que quita o hipo.

Podes estoitalo aquí:

martes, 19 de junio de 2012

Flo Rida - Whistle (Mike Candys festival bootleg remix)

Vaia caña que ten este tema!

De novo Mike Candys pon a súa marca habitual nos seus remixes, dandolle un toque máis movido ó orixinal "Whistle" de Flo Rida, ó que lle faltaba un toque de maxia como o que lle deu Mike. Non cres?

Podes escoitalo aquí:

lunes, 18 de junio de 2012

Jordi MB feat. Jason Rene - Heroes

Tras sorprendernos co seu anterior hit "Lady (Say Hey)", do que xa falaramos por aquí hai preto dun ano, Jordi MB volta á carga.

Un son dance similar ó Lady e o mesmo vocalista que o do seu anterior proxecto son a carta de presentación deste novo tema, que ou moito me equivoco ou leva camiño de ser un dos hits deste verán.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 17 de junio de 2012

Fedde Le Grand, Deniz Koyu & Johan Wedel - Turn it

Levábamos tempo sen escoitar ningunha novidade de Fedde Le Grand e acaba de voltar pola porta grande.

Tema das mans deste xenio, xunto coa colaboración de Deniz Koyu e Johan Wedel. Desta volta non é algo tan comercial, pero fará as delicias de todos os que lle guste o son house.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 16 de junio de 2012

DomyP feat. Sheby - My dream

Dous vellos coñecidos voltan a saltar á escena italodance.

De novo voltan a facer parella de baile Domy Pirelly e Sheby. Se hay un ano os podíamos escoitar no tema "Take my love" en versión electro, desta vez temos o honor de poder facelo mediante italodance. E mira que non o fan nada mal! Unha melodía deliciosa acompaña do vocal característio de Sheby dan lugar a un tema 10.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 15 de junio de 2012

Jennifer Lopez feat. Pitbull - Dance again (Basslouder remix)

Remix das mans dun dos magos do hands up dun dos temas máis soados do momento no panorama pop.

Basslouder volta a soprendernos de novo cas súas melodías. Desta vez aporta unha melodía que fai do tema orixinal unha xoia.

E non vou acabar a entrada sen volver a decir que a ver se Pitbull pide que lle den a prexubilación dunha vez! XD

Podes escoitalo aquí:

jueves, 14 de junio de 2012

Davis Redfield feat. Kool - Like that

Tras sorprendernos conoutros temas como o "Out of town" ou o "Sun drops down", temos xa o novo de Davis Redfield nas nosas mans.

Desta volta continúa co xénero que tan ben se lle da, como é o dace comercial, cunha melodía moi actual cuns toques personales que inclúen o grande vocal de Kool.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 13 de junio de 2012

Wordz Deejay - Perfect feeling (Cueboy & Tribune remix)

Vaia pedazo de remix que se acaban de sacar da manga Cueboy e Tribune!

Se a perfección existe seguro que se parece moito a esto. Souperon cambiar completamente algo que non chama a atención como é a versión orixinal a algo realmtente fantástico como é a versión hands up deste tema, donde expremen ó maximo o vocal cunha melodía moi boa.

Podes escoitalo aquí:

martes, 12 de junio de 2012

Flapjacks - Mister sandman

Parece que os temiñas cun toque clásico están a ter moito protagonismo neste verán.

Se hay uns días falábamos do "Da bop" de WTF!, hoxe toca falar do "Mister sandman" dos Flapjacks, que toman como base o vocal do tema que no ano 1954 as The Chordettes lanzaban ó mercado. Ademáis danlle un cambio de aires cun electro moi comercial que o fai unha gran peza de baile.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 11 de junio de 2012

Halliday - Heartbroken (Empyre One edit)

Con tan solo 23 anos, Halliday acaba de sacar un tema, o "Heartbroken", que está dando moito que falar no panorama dance.

Proba da fama do tema é o remix que nos brinda Empyre One, rompendo ca pana e dandonos un remix de calidade.

Podelo escoitar aquí:

domingo, 10 de junio de 2012

Loreen vs. Europe vs. Katy Perry - The final euphoria (Robin Skouteris mix)

Vaia xoia musical que vas a escoitar. Agárrate á silla!

Hai un par de dias celebrábase o festival de Eurovisión, donde triunfou a canción sueca "Euphoria" de Loreen, para min merecida gañadora.

Robin Skouteris escoitouna e decideille dar unha volta de tuerca, facendo un mash up e xuntándoa co "The final countdown" dos Europe e o "Fireworks" de Katy Perry. O resultado non podía ser mellor.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www6.zippyshare.com/v/30472452/file.html

sábado, 9 de junio de 2012

WTF! - Da Bop

Todo o mundo sabe que para que unha canción triunfe e sea recordada durante moito tempo ten que ter un estribillo pegadizo.

O que hoxe traio é unha proba desto. Unha melodía moi sinxela xunto cun vocal que xoga moito cun estribillo que se che mete na cabeza e seguro que non vas deixar de tararear todo o día. Outra cousa que me gustou do tema é esa atmósfera vintage que crearon ó redor do tema.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 8 de junio de 2012

Addicted Craze - Fighting

Novidades dende a terra do hands up. Vaia pelotazo!!

Novo tema de Addicted Craze recollido no Future Trance Vol. 60. Presenta unha melodía increible á que a compaña da man un magnífico vocal.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 7 de junio de 2012

Zedd - Stars come out

Vaia pedazo de tema que acaba de facer Zedd!

Unha melodía que quita o hipo xunto co detalle do vocal, que ainda que ten pouco protagonismo cumple a súa parte con creces.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 6 de junio de 2012

Booty Boy - Booty Booty (RainDropz! Remix)

Como me gusta o rollo que lle pon RainDropz ós seus remixes!

Son realmente adictivo que racha co que estamos acostumados a escoitar. Unha melodía rompedora que combina un pequeno vocal moi interesante.

Podes escoitalo aquí:

martes, 5 de junio de 2012

Steve Aoki feat. Angger Dimas - Steve Jobs

Cando empeces a esoitar o tema vas pensar se é un remix dunha melodía dun xogo dos antigos 8 bits, pero non é máis ca o comezo do novo tema de Steve Aoki no que colabora con Angger Dimas.

De novo xogando co que máis lle gusta, melodías coas que sempre a base de experimentar quita temas house moi pero que moi bos, como é o que nos ocupa nesta nova entrada.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 4 de junio de 2012

Dance Rocker - Ma cherie

Os acordes de Dance Rocker sempre soan de marabilla.

Desta volta presentanos o seu novo remix, un tema moi fresco cun vocal que soa realmente ben.

Podes escoitalo aquí:

domingo, 3 de junio de 2012

Hardwell feat. Mitch Crown - Call me a spaceman

Tras a boa acollida do tema melódico fai xa uns meses, Hardwell volta a botar man deste tema para darlle unha segunda vida cun vocal, un vocal realmente pegadizo e que lle da unha nota de sobresaliente a esta nova versión do "Spaceman" de Hardwell.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 2 de junio de 2012

Empyre One - Mirrors (Justin Corza meets Greg Blast edit)

Explosivo é a palabra que mellor define ó novo remix de Justin Corza xunto a Greg Blast.

Empyre One traenos un vocal femenino cunha melodía moi actual, que fai as delicias de calquera oído gracias á maxia das mans de Justin Corza xunto e Greg Blast

Podes escoitalo aquí:

viernes, 1 de junio de 2012

Berth - Como fosse ieri (R.A.G. dj remix)

Delicioso é o novo remix de R.A.G. dj.

Unha melodía que encandila como nos ten acostumado doutras ocasións xunto cun vocal que non está de todo mal.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www19.zippyshare.com/v/25170980/file.html