Instinto dance

Mostrando entradas con la etiqueta Mike Candys. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mike Candys. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de septiembre de 2013

DJ BoBo & Mike Candys - Take control

Dous productores suizos de moita sona, un pola súa longa carreira facendonos bailar e outro por ser un dous productores máis sonados dos últimos anos. Entre os dous logran un tema novidoso e actual que non sona nada mal.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 14 de junio de 2013

Mike Candys feat. Evelyn & Carlprit - Brand new day

Este rapaz, co seu pegadizo estilo, todo o que toca o convirte en éxito, como este novo tema, o "Brand new day", no que a música che da un bo rollo que che incita a levantarte e poñerte a bailar!

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 19 de marzo de 2013

Mike Candys feat. Jenson Vaughan - Bring back the love

Xa está dispoñible o novo tema de Mike Candys.

Pasou tempo dende que poidemos escoitar o último éxito de Mike. De novo volta co seu peculiar estilo musical, house pegadizo, e o vocal de Jenson Vaughan, que o acompaña perfectamente.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Jack Holiday & Mike Candys - The riddle anthem

Este rapaz é capaz de facer de donde sexa un temazo.

Desta vez, coa axuda do tema "The riddle" do xenio das produccións Gigi D' Agostino, crea un tema que seguro que oiremos moito.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 19 de junio de 2012

Flo Rida - Whistle (Mike Candys festival bootleg remix)

Vaia caña que ten este tema!

De novo Mike Candys pon a súa marca habitual nos seus remixes, dandolle un toque máis movido ó orixinal "Whistle" de Flo Rida, ó que lle faltaba un toque de maxia como o que lle deu Mike. Non cres?

Podes escoitalo aquí:

martes, 17 de abril de 2012

MashMike – 2012 (If the world would end at the edge of glory)

Encántame a combinación que utilizou para este mash up MashMike, entre o que atopamos a melodía do "2012 (If The World Would End)" de Mike Candys feat. Evelyn & Patrick Miller, o vocal do "Edge of glory" de Lady Gaga e uns toques dos temas "Push it" dos Salt‘N’Pepa e o "Mach mal lauter" de Lautsprecher

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 29 de febrero de 2012

Jack Holiday & Mike Candys - Children

Ano 1996. Entre outras cousas, nace en Escocia o primeiro animal clonado bautizado como a ovella "Dolly", celébranse os XXVI xogos olímpicos de verán en Atlanta, Garry Kaspárov derrota á computadora Deep Blue de IBM, estréase a película "Independence Day" e Robert Miles deixanos ca boca aberta lanzando ó mercado o tema polo que será recordado por sempre, o "Children".

Tras máis de 15 anos de historia da canción, Jack Holiday e Mike Candys deciden desempolvala e actualizala a un son house máis actual e seguir exprimindo este estupendo tema.

Podes velo videoclip oficial aquí:

lunes, 16 de enero de 2012

Mike Candys - Together again

Un dos djs revelacións deste ano, como é Mike Candys, traenos o seu novo tema, donde podemos seguir escoitando o seu son propio, tanto que me recorda o seu anterior tema "One Night In Ibiza", que tanta fama lle deu.

No apartado vocal volve a contar cunha moi boa voz feminina. Esta voz dalle un toque de calidade ó tema excepcional, tanto que creo que a metade do éxito é dela.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 24 de diciembre de 2011

Christopher S feat. MC X-Large - Come back (Mike Candys & Christopher S remix)

Mike Candys volve a saltar á palestra no tema dos remixes. Como non podía ser doutra maneira, notaza para o seu novo remix.

Sorprendente canto menos á melodía, xa que é algo moi novidoso e que se aparta das bases que escoitaramos ata o de agora na súa labor productora.

O pero que lle vexo é que me parece que o vocal está apagado de máis e un pelo por debaixo do volumen da melodía. Quizais poderían mellorar este aspecto un pouco.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 29 de octubre de 2011

Mike Candys feat. Antonella Rocco - Night to remember

Sinceramente, este rapaz está facendo as cousas moi ben. O seu nome está empezando a soar con forza, xa que as suas últimas produccións e remixes teñen unha calidade brutal.

A recomendación de hoxe non é menos. Un tema house moi ben traballado. Unhas pingas de xenialidade unidas a un vocal femenino bastante bo que o fan un tema realmente recomendable.

Podes escoitalo aquí:

martes, 27 de septiembre de 2011

Kelly Charles - You're no good for me (Mike Candys bootleg remix)

Moi bo mash up da man de Mike Candys. Presenta uns subidóns en certas partes do tema bestiales.
Sinceramente, teño escoitado moitos remixes do tema "You're No Good For Me", pero este lévase a palma como mellor.
Podedes escoitalo aquí:

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Mike Candys & Evelyn feat. Patrick Miller - One night in Ibiza

House comercial en estado puro. Unha melodía facil cun vocal moi adictivo, preparado para que entre na túa cabeza e o repitas sen parar unha e outra vez.
Podes ver o videoclip oficial aquí: