Instinto dance

viernes, 17 de febrero de 2012

Deadmau5 - I remember hey yo (Koyote bootleg)

Deadmau5, ademáis de como persona, é un dos meus productores preferidos, xa que crea uns temas espectaculares dentro do apartado house.

Unha das creacións que máis me gustan, aparte do archiconocido "Ghosts'n'suff" do que xa falei no seu momento, é o "I remember", producido en dueto con Kaskade. O tema presenta unha melodía moi coidada e o vocal, que ten unha carga emotiva intensa, é sensacional.

Koyote basouse neste mash up no tema orixinal de Deadmau5 e Kaskade e engadiulle unha melodía máis dubstep, para darlle vidilla ó tema e o resultado é abraiante.

Podes escoitalo aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o botón "Download" do reproductor de arriba, dende o Soundcloud de Koyote ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/djkoyote/deadmau5-i-remember-hey-yo/download

No hay comentarios:

Publicar un comentario