Instinto dance

Mostrando entradas con la etiqueta Dubstep. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dubstep. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de agosto de 2013

Mogusa - Laser beams

Cunha melodía parecida a algún tema dos Knife Party, Mogusa presenta este seu novo tema, que segue ca linea dos seus anteriores temas, cunha melodía con forza e dura, pero cun moi bo resultado.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 9 de agosto de 2013

Pegboard Nerds feat. Splitbreed - We are one

Unha mestura etre dubstep e pop é o que podemos neste tema, que en certos momentos me recorda a temas de Skrillex. Non sona nada mal con este estilo.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 18 de marzo de 2013

Firebeatz - Gangster

Garra e bo facer neste tema. Gran aposta de Firebeatz este tema. Un dubstep lixeiro cuns pequenos samples vocales para dar esta delicia.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 7 de marzo de 2013

MOTi - Krack!

Coidado, no momento que lle des ó play a túa adrenalina empezará a subir!!

Temazo de MOTi, donde aplica a este tema un dubstep brutal con esa pedazo de melodía que respira calidade por todos os seus costados.

Podes escoitalo aquí:

martes, 5 de febrero de 2013

Starkillers & Dj BL3ND - Xception

Starkillers está que se sale últimamene. Tema que saca tema que soa ben.

Desta vez aliouse con Dj BL3ND para producir este Xception, un tema con dubstep con reminiscencias dance en certos momentos.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

sábado, 2 de febrero de 2013

Albert Neve feat. Dj Disciple & Dru Hepkins - Romper room (Bas51K remix)

Tela con este tema!

Empeza suaviño, pero en canto te das de conta atópaste con un subidón que é o que lle da a vida a este tema gracias a ese dubstep tan marcado e tradicional.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 10 de enero de 2013

Rob Adans - Abash (Sebastien Drums & Whelan & Di Scala remix)

Pedazo de contundencia neste remix.

O tema orixinal parecíame bastante aburrido, moi constante, cousa que Sebastien Drums, Whelan e Di Scala souperon amañar con contundencia e ca axuda dun pouco dubstep.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 1 de diciembre de 2012

First Choice - Doctor love (Leroy Styles remix)

A este tema venlle moi ben o dito de que "as mata calando", xa que empeza sen chamar moito a atención, pero despois moito ollo.

Dubstep de calidade para todos os oidos.

Podes escoitalo aquí:

martes, 27 de noviembre de 2012

TV Noise - Kill the radio

Había moito tempo que non escoitaba nada dos TV Noise e este novo tema que acaban de quitar é realmente bo.

De novo fano tan ben como o fan sempre eles, dandolle caña á melodía ó máis puro estilo Cazzette e certos compases.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 24 de noviembre de 2012

Seven Lions feat. Birds Of Paradise - She Was

Uhm... escoitas que bo ritmo ten...

Moita calidade é o que trae este tema, cunha melodía moi pero que moi adictiva en clave de dubstep. Rozando a perfección!

Podes escoitalo aquí:

jueves, 25 de octubre de 2012

Pink is Punk & Benny Benassi - Perfect Storm

Uhna das lendas da música electrónica volve acompañado por Pink is Punk.

Desta vez sorpréndenos cun tema cuns trazos dubstep, sen vocal, pero de gran calidade, deixandonos en certos momentos coa boca aberta.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 10 de agosto de 2012

Cash Cash - Michael Jackson

Despois de escoitalo volveras a facelo de novo, seguro.

Un pequeno homenaxe que Cash Cash lle fai ó rei do pop, como se pode apreciar no título. Totalmente comercial e que xunta un dubstep moi lixeiro, pero resultón.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 26 de julio de 2012

Sander van Doorn & Julian Jordan - Kangaroo

Trala moda de Skrillex, co seu estilo peculiar do dubstep Sander van Doorn e Julian Jordan súbense ó carro deste son tan de moda para facer o seu novo tema.

En canto a son, unha copia do son de Skrillex en certas partes, innovando noutras cun son moi entretido. Non ten parte vocal, algo que creo que debería traballar, xa que o tema podería exprimirse moito máis con este engadido.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 21 de febrero de 2012

Labrinth - Last time (Knife Party remix)

Pouco a pouco estes dous djs van dando mostras do seu bo saber facer nas produccións. Cada tema que sacan sorpréndeme máis.

Desta vez decidiron remixar o "Last time" de Labrinth e cambialo de aires, dende un electro máis ben tirando a light ata esta bomba dubstep que romperá o teito de calquera discoteca e fará vibrar ó público.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 17 de febrero de 2012

Deadmau5 - I remember hey yo (Koyote bootleg)

Deadmau5, ademáis de como persona, é un dos meus productores preferidos, xa que crea uns temas espectaculares dentro do apartado house.

Unha das creacións que máis me gustan, aparte do archiconocido "Ghosts'n'suff" do que xa falei no seu momento, é o "I remember", producido en dueto con Kaskade. O tema presenta unha melodía moi coidada e o vocal, que ten unha carga emotiva intensa, é sensacional.

Koyote basouse neste mash up no tema orixinal de Deadmau5 e Kaskade e engadiulle unha melodía máis dubstep, para darlle vidilla ó tema e o resultado é abraiante.

Podes escoitalo aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o botón "Download" do reproductor de arriba, dende o Soundcloud de Koyote ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/djkoyote/deadmau5-i-remember-hey-yo/download

jueves, 12 de enero de 2012

Axwell feat. Steve Edwards - Watch the sunrise (Viduta Remix)

Son moi contundente é o que nos trae Viduta, cambiando o tema orixinal completamente dende o house latino a outro estilo completamente diferente en forma de dubstep.

Axwell deulle un vocal moi prometedor a este tema, pero creo que se equivocou ó darlle ese toque de melodía latina e que Viduta logrou resolver aplicando o seu estilo particular.

Podes escoitalo aquí: