Instinto dance

lunes, 13 de febrero de 2012

Sunnyboy - Almost heaven


Esta semana caeu polas miñas máns o último disco de Sunnyboy, un disco que tras ver os nomes dos remixers que actuaron nel me chamou a atención, así que vos fago un pequeno resume do que me pareceu cada un. Ahí vai:
- On the beach original mix: sinceramente malo. Sen temor ningún digo que é demasiado soso e non ten ritmo. O peor remix do disco.

- Angelo Ciaravola heaven remix: empeza perfecto, cunha oda melódica moi boa. Como nos ten acostumados nos seus remixes párase moito na parte melódica e notase na calidade dos seus remixes. O baixo que aplica é fascinante, como nos tena amosado noutros dos seus remixes.

- Stephan F remix: Dj Fole dende o seu seudónimo como productor electro, Stephan F, traenos un remix electro que me gusta bastante. Normalmente no me gustan os remixes electro que usa vocales de italo, xa que chocan un pouco, pero neste caso, Stephan F soupo amansar o vocal e pegalo fenomenalmente.

Estes dous últimos que quedan son os gañadores do remix contest, que de todos os que escoitei, a verdade si que mereceron ganar:
- Bietto remix: un dos djs que está a empezar neste mundo do italo que promete. Amósanos una personalidade distinta do tema, con algo de hard dance style. O bombo apasióname e en resumo o remix que nos trae é realmente bo.

- Hrde remix: outro novo talenteo do panorama italo, que está chegando con paso firme. Gustoume moito o detalle de engadir polo fondo o matiz do que parece unha guitarra eléctrica. Este remix ten unha calidade brutal, xa que ó escoitalo daste de conta que aplica moitos detalles pequenos, pero que todos unidos dan un remix marabilloso.

Se me teño que quedar cunha das versións do tema dudaría moito, xa que me parece un disco moi elaborado que merece a pena comprar, aínda que finalmente me quedaría ca de Hrde. O rapaz soupo conquistarme dende o primeiro momento coa calidade do seu remix.

Aquí podedes escoitar un resumo dos remixes:

No hay comentarios:

Publicar un comentario