Que obra de arte acaban de quitar Crystal Lake! Unindo o vocal do "Time of your life" de Green Day e a melodía do "Time to say goodbye" logran crear esta especie de mash up, que como sempre nos deixa coa boca aberta.
Na miña opinión un pouco máis frouxos do que nos teñen acostumados os Crystal Lake nos seus remixes. De todas maneiras, como sempre transmiten unhas boas vibracións cos seus remixes e este non ía ser menos.
Un vocal moi comercial que fai que movas o corpo e unha melodía hands up bastante boa.
Recentemente unha tanda de grandes productores hands up está saíndo á luz. Exemplos deles son tanto o productor deste tema como os remixers del. Falo de Jens O. e os Crystal Lake.
O remix que crearon os Crystal Lake parten dun vocal realmente bo do tema orixinal e "pégan" nel unha melodía, que bebe en partes do estilo de Avicii, realmente boa.