Instinto dance

Mostrando entradas con la etiqueta Swedish House Mafia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Swedish House Mafia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de septiembre de 2012

Swedish House Mafia - Don't you worry child

O novo tema de Axwell, Steve Angello e Sebastian Ingrosso xunto co vocalista John Martin, o cantante dun dos maiores éxitos do trio sueco como é o "Save the world", danme ganas de ir á discoteca esta noite.

"Houbo un tempo no que eu adoitaba mirar ós ollos do meu pai. Nun fogar feliz, eu era un rei que tiña un trono de ouro... nun outeiro sobre o lago azul. Ahí é donde tiven a miña primeira raotura... Non te preocupes, non te preocupes fillo. O ceo ten un plan para ti", é o que canta Martin baixo un contaxioso sintetizador.

Podes esoitalo tema aquí:

miércoles, 28 de marzo de 2012

Coldplay - Fix you (Alesso & Swedish House Mafia remix)

Estes tres rapaces xunto con Alesso non paran de quitar produccións espectaculares, tanto de forma conxunta como por separado

Se hai pouco tempo os Swedish House Mafia collían o tema de Coldplay "Every teardrop is a waterfall" e o convertían nun temazo, desta vez non ía ser menos este "Fix you", donde combinana a irregular voz de Chris Martin xunto con unha melodía en partes soft e en partes realmente poderosa.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 30 de septiembre de 2011

Coldplay - Every teardrop is a waterfall (Swedish House Mafia remix)

Os Swedish House Mafia siguen facendo das súas de novo. Desta tráennos un novo remix na súa liña, con unha melodía moi agradable, que se amolda moi ben ó vocal da banda británica Coldplay.
Esperemos que os novos temas que teñen no forno sigan esta liña.
Podes escoitalo aquí:

sábado, 24 de septiembre de 2011

Lady Gaga vs. Swedish House Mafia - Save the edge of glory (Djs from Mars bootleg remix)

Novo remix das mans dos Djs from Mars. Desta vez sorpréndennos cun mash up no que xuntan os temas de Lady Gaga "The edge of glory" e o de Swedish House Mafia "Save the world".
Unha gran mestura donde usaron dous grandes temas que soaron e soarán pola sua calidade musical.
Podes ver o videoclip oficial aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www18.zippyshare.com/v/49439338/file.html

domingo, 10 de julio de 2011

Swedish House Mafia - Save The World

Xa conta cun par de semanas nas listas de vendas e pode que o escoitaras nas radios, pero non podía resistirme a non recomendarvos este tema.
O grupo nace do traballo de tres grandes productores como son Axwell, Steve Angello e Sebastian Ingrosso, de modo que da unión destes tres cracks non podía salir nada malo.
Que decir do tema? Pois para min, que é o tema revelación deste ano 2011, xa que ten unha personalidade propia, que non deixa indiferente a ninguén. Para empezar o vocal é exquisito, a voz e a tonalidade son perfectas, e esta acompáñase dunha melodía potente e espectacular, que a fan perfecta para o oído.
Deixovos o clip para que o podades desfrutar: