Instinto dance

miércoles, 21 de marzo de 2012

MaLu Project - Heartbeat (Cueboy & Tribune remix)

Hai pouco tempo que os MaLu Project, formado por LuTraXx e SnickBoy, empezou no mundo da producción hands up, pero a súa progresión está aumentando a pasos axigantados. Proba delo é o seu novo album, donde atopamos remixes tan bos como os de M & Ace, Hardcharger vs. Aurora & Toxic ou o de Cueboy & Tribune.

O remix de Cueboy & Tribune creo que é o máis notable dentro do disco, donde o hands up de calidade floreceu. Unha cousa que me gustou é que non apostan por un bombo moi potente, cousa que moitos productores a día de hoxe pecan, e que ensombrece a melodía de moitos temas.

Por outro lado, atopamos unha marabillosa parte vocal, protagonizada por unha boa base vocal feminina.

Podes escoitalo aquí:

No hay comentarios:

Publicar un comentario