Instinto dance

Mostrando entradas con la etiqueta Dj sTore. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dj sTore. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de octubre de 2013

Metallica - Nothing else matters (Dj sTore slowStyle remix)

Digoo e sempre o volverei decir, este rapaz leva polas súas venas o espírito do gran Gigi D'Agostino. Como proba podemos escoitar este remix, cunha calidade e un toque exquisito.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 28 de diciembre de 2012

Katy Perry - Part of me (Dj sTore italoDance remix 2012)

Moi bos os arranxos que mete a este tema Dj sTore.

Se o tema orixinal era xa bo, este tema dalle unha nova volta e crea algo mellor. Cunha melodía italo en certos momentos moi sinxela Dj sTore dalle un toque expléndido.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Dj Bovoli - Welcome to my heart (Dj sTore remix)

Cada vez que escoito un remix de Dj sTore sei que o que me espera é algo novidoso e sorprendente. Non é o típico remixer que usa sempre a mesma base melódica.

No tema de hoxe podemos apreciar un tema italo cun vocal moi bo e unha melodía que quita o hipo.

Podes escoitalo tema aquí:

domingo, 27 de noviembre de 2011

Europe - The final countdown (Dj sTore remix 2011)


Como non podía ser menos, Dj sTore volta a sorprenderme. Esta vez trae baixo o brazo un remix dun tema clásico como é o "The final countdown" de Europe

O remix non está nada mal a verdade, está moi ben reproducida a versión, cuns baixos marcados e un toques made in sTore, baseados en temas de Gigi.

Podes escoitalo e descargalo aquí:

domingo, 6 de noviembre de 2011

Dj sTore - Adagio

Puff! Cada vez que escoito este tema pónseme os pelos como escarpias. Vaia forza que ten este tema.

Púramente melódico é o tema que nos trae Dj sTore, na que segundo a miña opinión, é realmente fantástico. Nótanse cal é a fonte da que bebe e admira Dj sTore, xa que o tema recorda moito ós temas do grande Gigi D'agostino.

Podes escoitalo tema aquí:

miércoles, 17 de agosto de 2011

Dj Cry feat. Daniele Meo - Mani al cielo (Dj sTore remix)

Se che gustou a canción de Don Omar feat Lucenzo "Danza Kuduro" e che gusta o italodance, vaiche gustar esta versión italo do tema cantada por Daniele Meo, un dos mellores vocales no mundo italo.
O remix ven a cargo dun vello conocido, Dj sTore, que como sempre nos sorprende cun remix moi elaborado.
Aquí o podedes apreciar:

viernes, 5 de agosto de 2011

Favara Dj feat. BlitzdiPluto - Fino all'alba (Dj sTore remix)

Dj sTore tráenos o seu novo remix do tema "Fino all'alba". Italo como o que se escoitaba hai un par de anos.
Resultame curioso o ben montado que está este tema. Un vocal con mensaxe e que resulta moi agradable e unha melodía que parece feita perfecta a medida para o tema, moito mellor ca o tema orixinal.
Escoitao aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www27.zippyshare.com/v/80622785/file.html