Ós amantes dos videoxogos coma min seguro que ó escoitar a melodía deste tema se acordarán dun videoxogo soviético chamado Те́трис, ou traducido para o mundo internacional Tetris.
Cos seus 28 anos de vida Dj Power dalle un homenaxe versionando este clásico con estilo italodance.
Nove tema, dentro do que Dj Power traduce como nova etapa na súa actividade productora. Podemos apreciar un tema moito máis sentimental do que nos ten acostumados, máis relaxado. Non está nada mal, pero esperemos que en seguintes temas e remixes aposte polo que se lle da tan ben, como son os temas con máis "caña".
Dj Power traenos o seu novo traballo Vision Experience Vol.4, no que podemos atopar temas house, italo ou lento violento. Os temas que inclúe por orde do estilo que comentei son "Dream Symphony", "Drop The Bass", "Inside me", "Boa noite" e o "Voz Do Mundo".
Entre os temas que inclúe destaco os dous que máis me gustaron, que son o "Boa noite", que é un tema italo máis ben melódico cuns pequenos toques vocales que me atraeu moito, e ademáis o "Inside me (Vision experience)", este conta co ritmo máis puro de Dj Power, cunha base melódica moi movida e que se achega ós ritmos maranza.