Tras un longo perído de sequía en canto a éxitos musicales, Rob Mayth volve de novo á carga co seu sorprendente son hands up inconfundible.
Que novidades nos trae desta vez? Nada que non nos esperásemos, un temazo debaixo do brazo. Como sempre, unha melodía moi coidada e no que non repara en detalles que a fan espectacular. En canto ó vocal, un vocal feminino desta vez, que me agradou moito. Non ten un vozarrón, pero pega moi ben.
Como nos di no seu video: "Hands up will never die", así que esperemos que así sexa, que teñamos Rob Mayth para rato, e non teñamos que esperar tanto tempo para escoitar novos temas deste deus.
Podes escoitalo aquí:
No hay comentarios:
Publicar un comentario