Instinto dance

viernes, 12 de agosto de 2011

Unhas adaptacións de temas da man de Peter Lee Johnson

Hoxe traivos un par de videos dun rapaz que sinceramente me encantaron. Ten unha maña sorprendente co violín!
O que fai é utilizar a base dun tema e acompaña a melodía co seu violín. Un par de exemplos son estes:

- Edward Maya - Stereo Love. Un dos hits do verán pasado que tanto escoitamos. Peter en duas escenas, que despois fusiona, acompaña perfectamente a melodía, dandolle un toque perfecto:

- Swedish House Mafia - Save The World. O meu tema preferido deste ano no campo do house. Un pouco froxiño dende o meu punto de vista, xa que o volume do violín é moi superior ó da canción e non me acaba de convencer, pero o resultado é moi bo:

- Rihanna - Only Girl. Este é para dez. Dalle un toque fantástico ó tema:

- Katy Perry - Firework. Non me digades que lle queda fenomenal o toque de violín a este tema? Non sei, ahora que o escoitei así, a orixinal non me gusta tanto:

No hay comentarios:

Publicar un comentario