Esta semana tiven a ocasión de escoitar o primeiro disco de debut do grupo Motel Synth George. O seu disco inclúe o tema orixinal acompañado dos remixes de Dance Rockers, Hoxygen, Seleco e Dj Fole e Persian Raver. Quedeime cun moi bo sabor de boca del, así que vos deixo unha pequena crítica do que me pareceu:
- A versión orixinal é fresca e con unha melodía moi coidada, pero como todo grupo que saca o seu primeiro disco, creo que ten que madurar un pouquiño o seu proxecto e facer uns pequenos retoques, pero a verdade é que pintan moi ben facendo produccións.
- A versión de Dance Rocker está moi no seu estilo, xoga ca melodía creando situacións hipnóticas.
- A versión de Hoxygen tamén moi na súa linea, tocando a voz e sintetizandoa con sentidiño. A melodía tamén me resultou moi peculiar, xa que retoca a orixinal, pero sen chegar a crear uns cambios brutales mellorandoa moito.
- A versión de Seleco e Dj Fole resultoume moi agradable, xa que usan unha base do estilo de Gigi D'Agostino da canción "Elisir" ó principio da canción, e tamén xoga retocando a voz en determinadas partes da canción.
-A última versión é a de Persian Raver, buscando un estilo hands up. Para min a versión máis floxiña do disco, xa que o vocal non acompaña a buscar este estilo.
Se me teño que quedar cunha das versións da canción dudaría moito, xa que me parece un disco moi elaborado que merece a pena comprar, aínda que finalmente me quedaría ca de Hoxygen, pola frescura e potencia que irradia.
De todas maneiras invítovos a escoitar as distintas versións do disco:
No hay comentarios:
Publicar un comentario