Instinto dance

miércoles, 29 de febrero de 2012

Jack Holiday & Mike Candys - Children

Ano 1996. Entre outras cousas, nace en Escocia o primeiro animal clonado bautizado como a ovella "Dolly", celébranse os XXVI xogos olímpicos de verán en Atlanta, Garry Kaspárov derrota á computadora Deep Blue de IBM, estréase a película "Independence Day" e Robert Miles deixanos ca boca aberta lanzando ó mercado o tema polo que será recordado por sempre, o "Children".

Tras máis de 15 anos de historia da canción, Jack Holiday e Mike Candys deciden desempolvala e actualizala a un son house máis actual e seguir exprimindo este estupendo tema.

Podes velo videoclip oficial aquí:

martes, 28 de febrero de 2012

Djs from Mars vs. Fragma - Isane (In da brain) (Dagma E65 style remix)

Hai un par de meses que os Djs from Mars sacaron á luz o tema orixinal do "Isane" e dende aquela realizaron un concurso para ver quen era capaz de quitar a mellor versión del.

Hai uns días escoitei o remix de Dagma, co toque que lle deu mesturandoo co sintetizador do grupo Eiffel 65 (Si, aquel do "Blue", o "Move Your Body" ou o "80's stars" entre outros).

Soupo crear un equilibrio perfecto entre a orixinal, esa pista vocal que carga a producción dunha forza que o inunda todo sen máis hasta deixarche sen alento.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende soundcloud de Dagma ou dende ou seguinte enlace:

lunes, 27 de febrero de 2012

Erick Morillo & Eddie Thoneick feat. Skin - If this ain't love

Levo un par de días escoitando este tema e cada vez me parece mellor.

É incrible, cada vez que se xuntan estes dous fan algunha trasnada destas. Na anterior ve crearan o fantástico "Stronger" do que xa falara e desta vez volveron a crear algo espectacular, cun vocal dunha Skin Anansie moi prometedor.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 26 de febrero de 2012

Pedro Henriques featuring Guiseppe Viola - Spread The Love (Digital Lab Remix)

Vaia, vaia! O que acaban de quitar das mans estes dous elementos, Pedro Henriques e Giuseppe Viola.

Dente o primeiro momento chama a atención cos seus baixos potentes e marcados e tras un minuto á escoita chega o seu fabuloso vocal que o fai completamente recomendable.

Podes escoitalo aquí:

sábado, 25 de febrero de 2012

Basto - Again & again (Basslouder remix)

Un dos temas que escoitei veces e veces este verán foi o "Again & again" de Basto do que xa falara anteriormente.

Hoxe traivos un remix de Basslouder do tema de Basto que está moi pero que moi ben. Collendo o espírito do tema orixinal dalle a vola á tortilla e convírteo nun marabilloso estilo hands up.

Podes escoitalo aquí:

viernes, 24 de febrero de 2012

David Guetta feat. Nicki Minaj - Turn me on (Dj Cillo remix)

Hai un par de meses que David Guetta non quita ningún tema que mereza a pena, xa que segue nas súas trece de facer música dance-pop e continúa na súa senda de alonxarse das súas orixes. Sen embargo, de vez en cando quita algo "potable". Deste xeito, acaba de quitar un tema, o "Turn Me On", xunto con Nicki Minaj que me gustou moito.

A entrada de hoxe non está escrita para falar do tema orixinal, senon do remix de Dj Cillo. Desta vez colleu este tema e con mestría modificou o tema e realizou unha peza de calidade.

Podes escoitalo aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende soundcloud de Dj Cillo ou dende o seguinte enlace:
http://soundcloud.com/djcillomusic/david-guetta-feat-nicki/download

jueves, 23 de febrero de 2012

Rico Bernasconi & Beenie Man feat. Akon - Girls (Giorno's jump & run club remix)

Mhhh... encántame o toque que lle puxo Giorno a este remix. Pouco a pouco este dj estase a converter nun dos meus favoritos cos seus remixes.

Aparte do seu típico toque personal que plasma sempre nos seus temas, e que me gusta moito, neste remix a melodía é brutal, xogando entre os bombos entre o hands up e un chisco de bumping que o fai único.

Podes escoitalo aquí: