Instinto dance

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Mike Candys & Evelyn feat. Patrick Miller - One night in Ibiza

House comercial en estado puro. Unha melodía facil cun vocal moi adictivo, preparado para que entre na túa cabeza e o repitas sen parar unha e outra vez.
Podes ver o videoclip oficial aquí:

martes, 6 de septiembre de 2011

Catwork remix engineers feat. Antonia - Morena

Este tema presenta unha melodía moi atractiva, xa que o son electro que ten é moderno e novedoso. En canto ó vocal, pois non me convence demasiado. Xoga cun estribillo pequeno e que se repite moito. Quizáis unha estrofa engadida poderíao facer máis agradable.
Podedes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 5 de septiembre de 2011

Alex Gaudino feat. Kelly Rowland - What a feeling (Nicky Romero remix)

Pedazo voz ten Kelly Rowland! A verdade, os últimos temas nos que puxo voz foron éxitos, como por exemplo este, donde colabora con Alex Gaudino.
Hoxe presentovos un remix do tema que saleu hai un par de meses, feito por Nicky Romero e que lle da unha vitalidade espectacular ó tema orixinal.
Podedes botarlle un ollo aquí:

domingo, 4 de septiembre de 2011

Froidz - Finally (Dee & Crane remix)

Unha melodía moi coidada e unha voz que quita o hipo fan posible este tema.
O tema é producido por un dos grandes do mundo house e electro, como é Picco, polo que das súas mans non podía salir nada malo.
Aquí vos queda a previa do tema:

sábado, 3 de septiembre de 2011

Fedde Le Grand - So much love

Comercial a máis non poder. Así se pode calificar o último tema de Fedde Le Grand titulado "So much love". Non vou falar nada malo del, xa que me parece que o tema ten moitas cousas boas. Por exemplo, a melodía, aínda que comercial, é novedosa e está moi ben producida. En canto ó vocal, presenta un vocal moi adictivo e que fai que o repitas mentras saltas ó son da música.
Arriscada a aposta de Fedde, apostando por algo tan comercial, pero polo que parece vai dar que falar e escoitar.
Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 2 de septiembre de 2011

Dj Seleco feat. Torny - I love you (Dagma remix 2011)

Dende Italia chéganos o novo remix de parte de Dagma. Desta vez usando o seu estilo que ten fontes do eurodance remezcla a producción de Dj Seleco titulada "I love you". Sen dúbida un grande remix ó que non lle falta de nada para triunfar na pista de baile.
Un consello que lle daría a Dagma é que varía algo o estilo das súas produccións, xa que leva usando ese estilo dende hai un par de anos e o de que "se algo funciona non o cambies" no mundo da música non vale, hai que buscar sempre abraiar á persoa que escoita o tema.
Podedes escoitar o tema aqúi:

jueves, 1 de septiembre de 2011

David Guetta vs. Avicii - Where them levels at (DJs From Mars mashup)

Pedazo mash up se curraron estes dous "elementos". Mezclaron o "Where them girls at" de David Guetta co "Levels" do maestro maestro Avicii maxistralmente como é habitual neles.
Podes escoitalo aquí: