Botádelle un vistazo:
jueves, 7 de julio de 2011
Britney Spears - I Wanna Go (DJ Frank E & Alex Dreamz Remix)
Este novo CD de Britney agradoume, xa que non me esperaba unha volta tan demoledora como a que está protagonizando. Proba delo é o tema que recomendo hoxe, no que en versión orixinal me encantou polo vocal que imprime Britney. Ahora ben, este remix aportalle un plus á melodía rompedora que creo que lle conviña.
Botádelle un vistazo:
Botádelle un vistazo:
miércoles, 6 de julio de 2011
DJ Tiësto feat CC Sheffield - Escape me (Alex Gaudino & Jason Rooney Remix)
Xenialidade das mans destes dous productores, Alex Gaudino e Jason Rooney. Encantame o aporte extra de potencia que exprimen do tema en comparación co orixinal.
Crean un clima moi intenso coa melodía que imprimen e o vocal apreciase máis claro e penetrante nesta nova versión.
Aquí vos queda:

martes, 5 de julio de 2011
Motel Synth George feat. Katok - Maranza fairytale
Esta semana tiven a ocasión de escoitar o primeiro disco de debut do grupo Motel Synth George. O seu disco inclúe o tema orixinal acompañado dos remixes de Dance Rockers, Hoxygen, Seleco e Dj Fole e Persian Raver. Quedeime cun moi bo sabor de boca del, así que vos deixo unha pequena crítica do que me pareceu:
- A versión orixinal é fresca e con unha melodía moi coidada, pero como todo grupo que saca o seu primeiro disco, creo que ten que madurar un pouquiño o seu proxecto e facer uns pequenos retoques, pero a verdade é que pintan moi ben facendo produccións.
- A versión de Dance Rocker está moi no seu estilo, xoga ca melodía creando situacións hipnóticas.
- A versión de Hoxygen tamén moi na súa linea, tocando a voz e sintetizandoa con sentidiño. A melodía tamén me resultou moi peculiar, xa que retoca a orixinal, pero sen chegar a crear uns cambios brutales mellorandoa moito.
- A versión de Seleco e Dj Fole resultoume moi agradable, xa que usan unha base do estilo de Gigi D'Agostino da canción "Elisir" ó principio da canción, e tamén xoga retocando a voz en determinadas partes da canción.
-A última versión é a de Persian Raver, buscando un estilo hands up. Para min a versión máis floxiña do disco, xa que o vocal non acompaña a buscar este estilo.
Se me teño que quedar cunha das versións da canción dudaría moito, xa que me parece un disco moi elaborado que merece a pena comprar, aínda que finalmente me quedaría ca de Hoxygen, pola frescura e potencia que irradia.
De todas maneiras invítovos a escoitar as distintas versións do disco:

lunes, 4 de julio de 2011
Tributo a Michael Jackson por Gabry Ponte & Paki
Hai poucos días cumplíase o segundo aniversario da morte dun dos grandes da música, Michael Jackson, así que non quero desperdiciar a ocasión para facerlle un pequeno homenaxe no meu blog con esta entrada. Desta manera, acompáñovos un videoclip creado por Gabry Ponte e Paki donde repasan moitos dos temas que nos brindou Michael na súa carreira musical, como "Beat it", "They don't care about us", "We are the world" entre outros, cunha melodía electro.
Sen máis, deixovos disfrutar da súa creación:

domingo, 3 de julio de 2011
Gabry ponte - La danza delle streghe (Dagma vision remix)
Aquí vos traio unha revisión dun tema dun dos magos do italodance por estelencia, Gabry Ponte.
Esta nova versión de "La danza delle streghe" de Dj Dagma, que Gabry está incluíndo últimamente nos seus sets, traenos un baixo menos potente que o da orixinal, pero cunha melodía moito máis coidada.
Engadir, fora do apartado musical, o coidado que está tamén o videoclip, feito con recortes da película "Pesadelo antes de Navidade".
Sen máis, aquí podedes apreciar o remix:

sábado, 2 de julio de 2011
Simon De Jano feat Kim Lukas - One More Day
Quizais vendo o título da entrada xa podedes intuir que este tema se trata dun mash-up usando parte da canción que fixo tan famoso a Kim Lukas, "All i really want". A canción orixinal gastaba un estilo eurodance, estilo moi de moda a finales dos anos 90.
Desta volta, Simon de Jano únea cun vocal masculino e unha melodía propia e dalle un estilo housero que se deixa escoitar moi ben.
Podedes velo videoclip oficial aquí:

viernes, 1 de julio de 2011
Dj Barbas pres. In Session - Legend
Tras tempo sen escoitar nada novo de Dj Barbas, volve co seu novo tema "Legend". Desta vez non será editado por Moguda, como en anteriores traballos, polo que non o poderemos obter de maneira gratuita.
O CD incluirá varios remixes, tres hands up, de Dj Barbas, de Sander e de Sun Kidz vs Cricket, e dous italos, de siculand e de Dj Gio. Se teño que escoller o mellor dudaría, xa que a versión de Siculand e a orixinal son moi boas, aínda que a de Siculand tírame máis.
Podedes escoitar unha previa de cada remix a través da páxina zippyshare clicando no seu nome ou escoitar un remix dos temas a través de youtube:
- Versión radio
- Remezcla de Siculand
- Remezcla de DJ Gio
- Remezcla de Sander
- Remezcla de Sun Kidz vs Cricket

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)