Instinto dance

jueves, 6 de octubre de 2011

GaetanoDj - Giulia

Corría o ano 1996 cando Gianni Togni incluiu no seu disco "Cari amori miei" o tema "Gulia". O tema tivo sona por Italia e no apoxeo do italodance, Dj Lhasa creou a súa versión do tema de Gianni Togni no seu album "No colors", dandolle un toque máis rápido. Máis tarde, no ano 2009, Ivan Fillini incluiría no seu album "Italian dance collection vol.1" a súa versión, cantada polo fenomenal Miani. Está contiña un estilo italo, pero cuns baixos moi marcados.

Desta volta, GaetanoDj traenos a súa particular versión do tema, cun estilo parecido ó de Dj Lhasa. Para min é ten unha parte de copia importante, pero inclue un son máis refinado e un bombo menos potente. De todas maneiras, soa moi ben.

Podes escoitar unha previa do que vai ser o tema aquí:

No hay comentarios:

Publicar un comentario