Instinto dance

lunes, 31 de diciembre de 2012

Djs from Mars - Top of the pops 2012 (Multibooty remix)

Todo un ano cheo de música, de éxitos, de letras con moito que decir, de música que non deixa indistinto, de sentimentos, emocións,...

Este 2012 remata deixándonos un ano moi completo en canto a temas. Podería empezar a decir nomes e nomes e creo que no acabaría en todo este día, pero como non, os Djs from Mars deixannos un pequeno resumo brindándonos algúns dos mellores temas deste ano.

Con esta entrada, a última deste marabilloso ano 2012, Instinto dance deséxavos feliz fin de ano e que todo vos vaia ben neste novo ano 2013 que comeza.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 30 de diciembre de 2012

Inna - J'Adore (Rusky Rusk remix)

Un sonido moi similar ó do gran Madeon é o que nos amosa neste remix Rusky Rusk.

Xogando e moldeando esa voz con esta melodía, moi inspirada nos acordes ó que nos ten acostumado Madeon, Rusky Rusk amósanos unha producción fantástica.

Podes escoitala aquí:

sábado, 29 de diciembre de 2012

DJ Jump & Jenny Dee - Love is gone

Despois do seu interesante remix que nos propuxeron do "Ai se eu te pego" temos de volta a DJ Jump e Jenny Dee.

Nesta producción, un temazo en toda regla, podemos atopar unha melodía dunha calidade excepcional xunto cunha voz anxlical que lle da un punto picante ó tema.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

viernes, 28 de diciembre de 2012

Katy Perry - Part of me (Dj sTore italoDance remix 2012)

Moi bos os arranxos que mete a este tema Dj sTore.

Se o tema orixinal era xa bo, este tema dalle unha nova volta e crea algo mellor. Cunha melodía italo en certos momentos moi sinxela Dj sTore dalle un toque expléndido.

Podes escoitalo aquí:

jueves, 27 de diciembre de 2012

Ramon Gz & Naitwell feat. Luca Lattanzio - Baila sola

Se digo o nome de Luca Lattanzio seguro que non che sona, pero se escoitas esta canción: Novotono - "Recuerdo de pasión" seguro que si, xa que foi o escritor deste tema que poidemos disfrutar por Galicia no ano 2006.

Tras un par de anos podemos volver a ter maxia xunto coas prodixiosas mans dun compañeiro galego, como é Ramon Gz, un veterano nas produccións hands up en Galicia. É cousa miña ou este tema cheira a éxito?

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 26 de diciembre de 2012

L.A.R.5 feat. Jai Matt - All the girls

Tema moi pero que moi comercial.

Gustame moito a aposta deste tema, que xoga entre o dance e o dubstep en certas partes do tema, dandolle unha consistencia diferente a todo o que escoitamos hoxe en día.

Podes escoitalo aquí:

martes, 25 de diciembre de 2012

Magik Project - Feliz Navidad (Dj Daddy remix)

Xa que estamos nun día especial, unha canción especial.

Un tema que xa ten uns anos, pero que realmente se mantén fresco coma o primeriro día. Grande remix de Dj Daddy.

Podes escoitalo aquí: