Pedazo de melodía central que acompaña a este tema!
Sincerameten, cando empecei a escoitar este tema resultoume simplón e sen moito que sacar del, pero todo esto cambiou tras o 1:20, donde o tema se resarce e quita todo o mellor de si.
A voz de Rihanna é de cinco estrelas. Ten unha voz oscurece toda melodía que se lle aplique, xa que o seu poderío é espectacular. Proba desto é o que se pode escoitar neste tema, donde a melodía, protagoniza un papel un pouco máis secundario en certos momentos, donde o vocal merece todo o recoñecemento. Quédome embobado cada vez que estoito esto!
De novo as mans de Dagma volven a crear algo exquisito, acompañado desta vez de Andrea Morph, outro dj con experiencia nas produccións italo. Entre os dous moldean de novo un dos temas máis famosos do gran Gigi D'Agostino, o "The way", con toque que toque que tanto nos gusta de Eiffel 65 que lle aporta Dagma.
Podes escoitalo aquí:
Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de Andrea Morph dende o seguinte enlace: https://soundcloud.com/andreamorph/andrea-morph-feat-dagma-the
Xuntando o mellor de cada un destes tres artistas, 3dgarFast400 chega a darnos un tema que sona como a seda. En concreto podemos disfrutar do "Calling" de Ingrosso & Alesso xunto co remix de Skrillex do "Levels" de Avicii.
DJ Satomi, un dos djs con temas italodance máis entrañables, dos que poderíamos destacar o "With you", o "Waves" ou o "Castle in the sky".
Tras anos da versión orixinal chega este remix de Claster Dj, moi á altura da versión que nos brindou Dj Satomi, cun par de detalles que a fan suculenta.
Podes escoitalo aquí:
Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o Soundcloud de Claste® Dj dende o seguinte enlace:
https://soundcloud.com/clasterdj/dj-satomi-castle-in-the